Iniciar sesión: Acceso

Blogues

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA O PERIODO EN CASA

Ola chichos!

Xa sabedes que as próximas dúas semanas temos que intentar, na medida do posible, quedarnos en casa para intentar frenar os contaxios por coronavirus.

Entendo que tedes unha mezcla de entusiasmo por estar sen clase, preocupación por todo o que escoitades e de incertidume polo que vai pasar. 

Tedes que demostrar nestes días que xa sodes maiores e responsables para organizar o voso traballo e entender que a nosa vida diaria vai a verse trastocada.

A organización do traballo debería ser a seguinte: pola mañá , seguindo a rutina habitual, unha vez me levanto e estou listo, entrades no blog de aula e mirades o traballo que está organizado para ese día.

Haberá traballo dos libros en libreta, traballo de fichas, traballo a través da aula virtual e algo máis que vaiamos vendo.

A través do correo electrónico cartamil8@gmail.com podedes poñervos en contacto directo comigo para o que vos faga falta.

Se así non se pode por organización familiar, facede como as vosas familias vos digan e organicen.

Disfrutade o que poidades en familia, estade tranquilos e vémonos nuns días!

LIDIAGuiño

8M

   Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller con diversas actividades. Primeiro colocamos panos morados coa axuda dos compañeiros e compañeiras de sexto para forma o símbolo feminino.

                     

                                                     

   Despois tivemos a visita da mamá de Luis que é arqueóloga e nos contou en qué consiste o seu traballo, qué ferramentas empregan e nos trouxo fotos de descubrimentos moi interesantes, como a dun castro, o fragmento dunha ola de barro ou un esqueleto. 

                                      

                                                           

   E por último fixemos unha camiseta cunha mensaxe para este día: XUNTAS PODEMOS CONSEGUILO.

                                    

                         

DÍA DE LECTURA DAS FAMILIAS

   Este venres veu a lernos un conto a mamá de Naela e tróuxonos un conto de Frozen que ten sons. Ademais tamén nos trouxo un precioso agasallo: unha nebulosa para cada unha/un que fixeron Naela e ela. Encantounos!!!

   Moitísimas grazas por todo!!!

             

                                     

SORPRESA NA AULA!!

   Cando chegamos o mércores á aula atopámonos unha caixa cunha grande sorpresa: unha paisaxe chea de dinosaurios de papel que fixeron a mamá e o papá de Sara. É preciosa e nela podemos ver moitos tipos de dinosaurios, ovos e ata un volcán. Ademais tamén nos trouxeron un dinosaurio que voa pola nosa clase!!

   MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!

RECITAL DE POESÍA

   O 24 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro e nós celebrámolo este luns cun recital de poesía xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de Primaria. 

Distribuir contido