Iniciar sesión: Acceso

Blogues

HORARIO SEMANAL DE RUTINAS

                                 

ESTE MATERIAL ELABOREINO COA INTENCIÓN DE QUE CADA FAMILIA PODA TER O SEU HORARIO SEGUNDO AS SÚAS RUTINAS. PARA AXUDARVOS, PENSEI EN FACER ESTAS PLANTILLAS QUE VOS SERVIRÁN PARA ORGANIZAR AS TAREFAS DOS NENOS E NENAS ESTES DÍAS. 

BOTÁDELLE UN OLLO NO DOCUMENTO ADXUNTO (PDF, NON DEIXA MODIFICAR) E SE O QUEREDES MÁNDOVOS POR EMAIL O DOCUMENTO PARA TRABALLAR SOBRE EL DUNHA MANEIRA MOI SINXELA. 

AVERIGUA AS PALABRAS ESCONDIDAS

SENCILLO XOGO DE LETRAS E NÚMEROS QUE FAVORECE A ATENCIÓN E A LECTURA

VER NO DOCUMENTO ADXUNTO AQUÍ ABAIXO

COMPRENSIÓNS LECTORAS DIVERTIDAS

PEQUENAS LECTURAS E DEBUXOS ONDE TERÁS QUE PINTAR SEGUNDO A INFORMACIÓN DADA NAS LECTURAS. DIVERTIDA FORMA DE LER, COMPRENDER E COLOREAR!!

PARA VELAS ABRE O DOCUMENTO ADXUNTO AQUÍ ABAIXO

NOVAS PROPOSTAS

   Ola!!

   As propostas de hoxe son moi variadas:

   1- Facer unha pirámide alimentaria: na clase xa a estivemos traballando, falando dos alimentos que hai en cada unha das partes nas que se divide. Se tedes folletos de supermercados os nenos e nenas poden buscar os alimentos neles, recortalos (traballando así o uso das tesoiras) e pegalos no sitio correcto da pirámide. Senón tamén poden debuxalos e pintalos (os peques de 3 anos necesitan máis axuda).

   2- Grafías: para poder traballar de forma divertida a grafía dos números e das letras en maiúsculas (as nenas e nenos de 5 anos poden tamén facer as letras en minúscula) só necesitamos unha bandexa ou a tapa dunhha caixa de zapatos e sal. E xa temos lista unha bandexa máxica que nos permite facer tantas letras e números como queiramos e borralos de forma sinxela para seguir facendo máis.

   3- Escoitar a radio: déixovos o enlace a unha radio para nenas e nenos de 0 a 9 anos, BABYRADIO, na que poden escoitar a radio en directo ademais de contos, cancións e diversas emisións para traballar aspectos relacionados coa natureza, educación vial, inglés, sen esquecer tamén que tedes podcasts para os diferentes momentos do día (almorzo, cena, baño e descanso).

   https://babyradio.es/emision-espana/


    Un bico enorme!!

 

   

Reforzate e Ciencias da natureza

Bo dia!
Comeza unha nova semana e esperamos que o levedes o mellor posible. Deixamosvos no drive unha carpeta cunha nova proposta de actividades dende a aula REFORZA-T. Tedes na propia carpeta un documento que vos explica como levar a cabo cada unha das actividades. Se tiverades alguna dubida, escribideme. 
Por outro lado, comezamos a traballar en ciencias naturais. Imos ser os novos investigadores do Cornavirus. estamos vendo moita informacion asi que imos intertar facer unha noticia ou texto informativo co mais importante. Tedes en drive o esquema co básico que debe ter unha noticia. Cando o fagades subide o documento ou enviádemo e eu o subo. 
Tede moi boa semana, mandovos abrazos e moito ánimo! 
Lara.
Distribuir contido