Iniciar sesión: Acceso

Blogues

CALENDARIO DE MARZO SEN COLE

Se queredes telo impreso coma sempre, podedes descargalo no DOCUMENTO ADXUNTO 

RECOMENDACIÓNS PARA A CASA 1º E 2º

Bos días.

Son Candi.

Mándovos unhas recomendacións para traballar contidos relacionados coas rutinas diarias que estes días veñen moi ben.

Antes de nada mandarvos moito ánimo para que traballedes con ledicia e sen desesperación.

Establecer uns horarios tamén podería axudar a levar esta situación mellor.

Sodes uns campións!

  • Tódolos días imos a repasar o día que é, o día anterior e posterior. Tamén imos a lembrar o mes no que estamos e a estación, xa que pronto teremos un troco.

Non estaría de máis escribilo.

  • Relacionamos as rutinas do almorzo, xantar, merenda e cea, baño… coa hora do reloxo. Imos a ir mirando a hora do almorzo, a hora da ducha e así cada cousiña que fagamos.

Sobre todo para familiarizarnos co reloxo.

  • Quería propoñer tamén unha actividade para traballar os conceptos máis que…/ menos que… podemos repartir pinturas ou pinzas para colgar a roupa entre dúas persoas da casa e comprobar quen ten máis, cantas máis, que operación temos que facer para chegar a sabelo. E o mesmo co concepto menos que… xa sabedes que non é necesario repartir moitas. Lembrade o que practicamos na clase.
  • Ademais de ir facendo as fichas que vos mandei nas carpetas.
  • Debuxar e colorear.
  • Ler un pouco cada día.
  • Xogar a xogos de mesa: parchís, oca, dominó…

Xa tedes moitas cousas para facer. Descansade e gozade tamén do tempo en familia, sen desanimarse. Mándovos un saúdo cóbado con cóbado.

ANIMooOOOoooo. 

Martes, 17 de Marzo de 2020

Martes, 17 de Marzo de 2020

Bos días chicos!

A ver, paso lista! Xa son as 10:00, estades todos ahí? Canso

Emilio, que lle tería que repetir que se sentase no seu sitio e logo igual nos conta algo do seu gatiño.

Antonio, caladiño, non querría contar nada.

Sara, caladiña tamén, ao final se anima e nos conta algunha cousa do seu día.

Martín, con extra de enerxía contaríanos algunha trastada de Álex.

Nadia,seguro que nos conta que estivo xogando (ahora igual chateando)con Iani,que lle gusta moito.

Celia, non te olvidarías de facer os deberes? É broma! Seguro que nos conta que coa súa familia tan grande o non lles dá tempo a aburrirse.

Ianire, pois que estivo con Nadia xogando e o pasaron estupendamente.

Lucas, contaríanos un millón de cousas! Empezando polos resultados do fútbol claro está.

E eu vou a contarvos o máis chulo que fixemos onte.

Decidimos que pola tarde, sobre as 7:00, íamos a facer exercicio todos os días. Pois ben, descubrimos que en youtube temos un montón de clases dirixidas de varios deportes. Como estamos na casa, tampouco imos facer natación, pero estivemos facendo unha clase de tonificación.

Vamos, varios exercicios dirixidos para poñer ben fortes as nosas pernas e brazos fundamentalmente.

Foi moi divertido, teño que confesar que a clase duraba 30 minutos , e polo medio tivemos que facer un descanso!

Nos documentos adxuntos que tedes máis abaixo, deixovos un que ten varios enlaces , un ao día para todo Marzo. Se pinchades neles, tedes acceso directo a unha clase de actividade física. Anímovos a probalo e a volta me contades! Animade tamén a vosa familia a probalo, é moi divertido!

En canto ao traballo, espero que vos fose sencillo e que estivésedes concentrados un ratiño facendoo e repasando.

O primeiro que imos facer é coller o de Mate e correxilo:

pax 113 ex 4

Ha dejado 84 paquetes.

Han vendido 72 paquetes.

Vendieron 35 cajas.

Pax121 ex 5

Poño os resultados por filas:

6 – 7 – 7

7 – 7 – 9

pax 121 ex 6

36 e 9

72 e 8

Supoño que teredes feito o resumo do meu día na libreta de Galego , a descripción de Martdog e as dúas fichas de repaso.

Instalástedes a aplicación de matemáticas?? Tamén a podedes instalar no teléfono. Mañá propóñovos outra para deixar que hoxe practiquedes un pouco nesa.

Hoxe é martes, tocaríanos Lengua , pero como a situación é excepcional, imos modificar un pouco o horario. Recordade que ao mellor, algún dos exercicios que vos mando, xa está feito. Non importa, estamos repasando, sen trampas, volvemos a facelo na libreta.

O traballo para hoxe é o seguinte:

Lengua

Página 84 ejercico 7 y 8.

Página 87 ejercicio 6.

Matemáticas

Cálculo. Deixovos un arquivo nos documentos adxuntos do final para que copiedes as operacións na libreta e as fagades. Logo colledes unha calculadora e os correxides. Recordade se non tedes na casa, que a maioría de teléfonos teñen unha.

Entramos na aula virtual, imos aos recursos de Matemáticas e facemos algún de multiplicacións e o dos números romanos.

Collemos as fichas de repaso do 1º trimestre e facemos as dúas seguintes (polos dous lados!).

Recórdovos que o último día de clase de Ciencias vos dixen que tiñamos que coller unha faba ou lentella, colocala entre algodóns húmidos (tamén vale unha servilleta) e metelo todo nun bote (mellor de cristal). Cando notemos que se seca un pouco, humedecemos de novo. Imos observar a xerminación dunha planta, correspóndese co último esquema que pegamos na libreta de Ciencias, recordades? Se non o tedes feito, é o momento de facelo! Recordade poñer a data no bote do día no que o fixéstedes, así cando observemos algún cambio, podemos anotar na libreta de Ciencias algo como por exemplo: Día 8, empeza a sair algo de dentro da faba.

Se tedes a data posta, podedes calcular o día no que pasou.

Como hoxe é martes e tocaría xadrez, deixovos tamén un recurso para poder practicar dende casa . Pinchade na imaxe!

Ata aquí hoxe chicos!

Sodes uns campións, seguro que vos estades portando xenial entendendo esta situación. É normal que as veces nos poñamos nerviosos, pasamos moitas horas xuntos e non estamos acostumbrados. Todos necesitamos ter un espacio nalgún momento.

Non estaría mal que un ratiño fórades para o voso cuarto a relaxarvos un pouco, en silencio, recordando aos amigos e a familia que temos tantas ganas de abrazar. Pensade en que será o primeiro que ides facer cando poidamos sair todos a rúa! Eu teñoo moi claro, mañá cóntovolo!

Por certo! Xa sei que vos teño que poñervos un vídeo que vos dixen onte...pero teño algún que outro problema con internet na casa. Un pouco de tempo e vai!

MOITOS BICOS!!

Xuntos ímolo conseguir!!!!!

LIDIA.-

RECOMENDACIÓNS DE AUDICIÓN E LINGUAXE PARA FACER NA CASA

PARA VELO PINCHAR NO DOCUMENTO ADXUNTO AQUÍ ABAIXO

Actividades " De casa a casa"

Bos días,

Son Rocío, e serei a vosa mestra en sustitución a María.

Déixovos unha proposta para traballar e seguir en contacto entre nos mentres quedamos na casa. Cada un debe propor un problema matematico en relación ao último explicado na clase. Os demais intentaremos resolvelos. 

Para saber a que respondemos, indicaremos diante o nome da persoa que propuxo ese exercicio( exemplo: "a solución do problema de Candela é..."). Para estas respostas, déixovos a continuación un enlace a carpeta de Drive onde estará este documento( chamado "Mates entre todos") así como deixarei cousas colgadas máis a daiante.

https://drive.google.com/open?id=1aOWfTfW3mdtHrEiJ3We73sbvjfD9uwTK

Seguirei deixando propostas e subindo material. Aínda así, se algen precisa máis, o meu Email é : rocio.calvelo@gmail.com. Através de el contestarei dubidas ,así como enviarei máis material a quen mo pida. 

Un saudoSorriso

Distribuir contido