Curso 11 - 12
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2011-2012
|
||||
PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2011-2012 "VALORES ARREDOR DOS AUTORES II" |
||||
Neste novo curso que comeza continuamos co noso proxecto da biblioteca. Da man dos contos, o alumnado terá a oportunidade de reflexionar e actuar en sintonía coa súa madurez e realidade. Cunha linguaxe próxima acercaremos ao alumnado ao mundo da fantasía o que lle axudará a desenvolver a súa propia imaxinación. Por outra banda vemos positivo e necesario seguir traballando cos contos, pois foron útiles para a análise de feitos reais, modificar actitudes, comparar calidades e capacidades, fomentar a empatía... Pero, sobre todo, traballar e cooperar en equipo. É por iso que imos continuar nesta liña de actuación para presentar e incorporar uns novos VALORES (RESPECTO AOS MAIORES, AMIZADE E XENEROSIDADE, SINCERIDADE) moi próximos a eles, sen deixar de afondar e consolidar os valores do esforzo, o respecto ás diferenzas e a responsabilidade, fundamentais para o seu crecemento integral. |
||||
APERTURA DA BIBLIOTECA |
AS MOCHILAS VIAXEIRAS | COMEZAMOS COS PRÉSTAMOS | ||
CONTACONTOS DE PRIMEIRO | CONTACONTOS DO ENTROIDO | RICARDO GÓMEZ VISITA O CENTRO | ||
GONZALO MOURE VISITA O CENTRO | XOSÉ TOMÁS VISITA O CENTRO | ANA ALONSO VISITA O CENTRO | ||
MEMORIA 11 - 12 | UN AVÓ VISITA AO ALUMNADO DE E. INFANTIL | GUÍA DE LECTURA 11 - 12 | ||
COMIDA DE CONVIVENCIA XUÑO 2012
HOMENAXE Á BISAVOA DO NOSO COLEXIO
HOMENAXE Á BISAVOA DO NOSO COLEXIO | ||||||
O mércores 30 de xuño tivemos o privilexio de poder contar no noso colexio coa presenza da bisavoa de maior idade, nada menos que 102 anos. Resultou un acto moi entrañable para todos. A bisavoa estaba feliz, contentísima de estar no colexio da súa bisneta. De pequena non puido ir á escola, porque tiña que alindar as vacas, aprendeu a ler coas súas fillas. Por iso estar no colexio significaba moito para ela. Díxonos que se sentía como cando tiña 20 anos e ía para unha festa. Estaba tan contenta que nos contaxiaba a todos, aplaudíalle aos nenos, ríase e choraba de alegría. Os 450 alumnos, sentados no patio cuberto, nunca estiveran tan atentos. Había no ambiente unha mestura de admiración, alegría e complicidade tal entre os nenos e a bisavoa que, unha vez rematadas as actividades programadas, ninguén se movía, era tal a maxia que había no ambiente que fixo que os nenos romperan en espontáneos aplausos e aclamacións ata que abandonou o recinto. Agradecemos enormemente a colaboración da familia por facer posible este encontro, pois contáronnos que non é partidaria de acudir a celebracións, pero tratándose do colexio da bisneta... CANTO LLES DEBEMOS AOS NOSOS MAIORES! |
||||||
Nesta presentación pódense ver algunhas das imaxes desta entrañable visita | ||||||
FIN DA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS SOLIDARIOS
FIN DA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS SOLIDARIOS |
||||||
Chegamos ao mes de xuño e con el ao fin da Campaña de recollida de tapóns para AEFAT. Durante 9 meses colaboramos para lograr un obxectivo: lograr 60.000 € para poder financiar o primeiro ano de investigación para poder conseguir unha cura para a Ataxia-Telangiectasia. A asociación informa de que están moi preto do cumprimento do devandito obxectivo. Pero ademáis do obxectivo económico conseguiuse un dobre beneficio adicional:
O Punto Central de Recollida, situado na Nave de Servizos do Concello de Narón, seguirá recollendo tapóns ata o 22 de xuño para que se faga a derradeira recollida de tapóns pola empresa recicladora.
O noso centro recolleu 450 kg de tapóns MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!!! |
||||||
UN AVÓ VISITA AO ALUMNADO DE E. INFANTIL
UN AVÓ VISITA AO ALUMNADO DE E. INFANTIL | ||||
Despois de traballar durante todo o curso o valor do respecto aos avós, o 13 de xuño recibimos a visita na nosa biblioteca do avó dun neno de E. Infantil. Faloulles de como foi a súa infancia, da súa familia, dos xoguetes da súa época..., todo iso presentándoo con fotografías. Ademais contoulles dúas historias que sabía de pequeno pola súa nai. E tamén lles deu unha pequena explicación sobre o ceo, as estrelas e as constelacións. Os nenos e nenas recitáronlle como agradecemento unha poesía sobre os avós traballada na aula e cantáronlle unha canción titulada Xogaremos á rolda das flores. Tamén o agasallaron cun traballo que recollía a poesía recitada e ilustrada cos seus debuxos. Resultou unha experiencia moi motivante e enriquecedora, e quedamos moi agradecidos pola súa colaboración. |
||||
Nesta presentación podemos ver imaxes da visita do avó. | ||||
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2012
LETRAS GALEGAS 2012
Olimpiada de xogos populares |
|||
Este ano a celebración das Letras Galegas comezou o venres, 11 de maio cun acto na biblioteca do centro: | |||
EDUCACIÓN INFANTIL O acto comezou cunha presentación en Power Point dun conto elaborado polo alumnado deste ciclo educativo (coloreado das diapositivas e narración), titulado O MOUCHO BUSCA UN AMIGO. Este conto enviarase ao CEIP San Sadurniño, pois forma parte, ademais, dun intercambio de produccións literarias feitas polo alumnado de dito centro e do noso.
A continuación o alumnado de E. Infantil recitou o poemade Gloria Sánchez titulado A POMBIÑA BRANCA. Premendo na imaxe pódese escoitar o poema nas voces dos nenos e nenas
Despois catro nenas de 4º de Primaria: Marta, Uxía, Lucía e Estela, cantan unha canción tradicional galega aos nenos e nenas. Para escoitar a canción premer na imaxe
E por último cantamos o HIMNO GALEGO. |
|||
EDUCACIÓN PRIMARIA O acto da biblioteca para E. Primaria xirou en torno ao tema dos XOGOS POPULARES. O alumnado visionou unha presentación de Power Point na que o propio alumnado do noso centro explican como se xoga a cada un deles.
A continuación viron dous vídeos representativos destes XOGOS TRADICIONAIS:
Rematamos o acto da biblioteca coa Muiñeira de Chantada interpretada por Carlos Núñez |
|||
O luns, 14 de maio, comezamos co acto no patio no que o alumnado de 6º le os seus traballos sobre a vida e obra de VALENTÍN PAZ ANDRADE e o alumnado de E. Infantil recitaron o poema que memorizaron, A POMBIÑA BRANCA. A continucación tivo lugar a OLIMPIADA DE XOGOS POPULARES no patio do colexio
O martes, 15 de maio, o alumnado de 2º B foi polas aulas representando unha canción: SE VAS A SAMBENITÍ
E o mércores, 16 de maio, para rematar a Semana das Letras Galegas, e grazas á colaboración da ANPA, gozamos do espectáculo de maxia do MAGO BENXAMÍN co que, tanto os máis pequechos coma os maiores, pasamos uns momentos moi divertidos. |
|||
|
|||
Esta é a presentación con algunhas fotos representativas de cada actividade | |||
Nesta presentación pódense ver os murais e as produccións do alumnado relacionados coa celebración das Letras Galegas | |||
Para ver a totalidade das fotos desta conmemoración, acceder á nosa Galería premendo na imaxe |
|||
A NOSA LUDOTECA
XA TEMOS LUDOTECA NO NOSO COLE! | |||
Este curso por primeira vez está a funcionar durante o recreo unha ludoteca no noso cole e a verdade e que os nosos rapaces disfrutan dos xogos, non hai máis que ver a imaxes. Pero...sabedes que é unha ludoteca? Que normas temos? Que facemos ahí? Se queredes sabelo mirade a presentación que hai a continuación.
|
|||
|
|||
QUERES COLABORAR COA NOSA LUDOTECA? | |||
Aínda que se mercaron xogos, dado o éxito da ludoteca, resulta pouco o material que temos nela. Estamos moi escasos de construccións, xogos simbólicos (bonecas, cociñas, supermercado...) playmobil...Xa se ven as estanterías un pouco baleiras. Se queres colaborar podes traer xogos que teñas na casa. Serán benvidos e podemos disfrutar todos. Graciñas pola colaboración |
|||
DÍA DO LIBRO 2012
MIRAMOS CON OUTROS OLLOS A DISCAPACIDADE
RECIBIMOS A VISITA DO CENTRO DE ATENCIÓN A PERSONAS CON DISCAPACIDADE FÍSICA |
||
Durante as charlas que o CAMF (Centro de Atención a Personas con discapacidade Física) para o alumnado de 5º e 6º intentamos achegarnos ao mundo da discapacidade. Hai moitos tipos de discapacidade e eles centráronse na discapacidade física: problemas de mobilidade e dependencia dos demais. O persoal do Centro informounos cómo poderiamos evitar chegar á situación de discapacidade física. Cousas como saltar ondas, tirarse de cabeza á piscina ou na praia, andar sen casco nas bicis, non levar posto o cinturón de seguridade... son situacións que nos poñen en risco e se somos conscientes destes perigos debemos tratar de evitalos . Tamén nos falaron direfentes persoas afectadas, da súa experiencia, de cómo chegaron a esa situación e de como nós, eliminando as barreiras arquitectónicas facilitariamos que eles levaran unha vida o máis normal posible. Transmitíronnos a idea de que a felicidade non se acaba cunha enfermidade ou cunha discapacidade, porque poden facer moitas cousas das que facemos nós, algunha delas coa nosa axuda, e mesmo outras que ninguén de nós e quen de facer coma pintar cadros coa boca ou navegar sen poder mover as pernas. A nosa obriga e verlos e aceptalos como son e, se nola piden, darlles esa axuda que demandan. |
||
ENCONTROS CON...GONZALO MOURE
OUTRO ESCRITOR VISITOU O NOSO CENTRO: GONZALO MOURE | ||
Acudiu á biblioteca o alumnado de 5º | ||
O pasado xoves, 15 de marzo, o alumnado de 5º de primaria recibiu ao escritor GONZALO MOURE. O interés despertado polo autor nas aulas era máximo xa que tiñan lido o seu libro "Los gigantes de la luna" , ambientado no Sahara, que xunto co tema dos avós forma parte do proxecto da biblioteca. Sabían que a elección deste tema debíase á visita que realizou o ano pasado ao colexio. Recibírono cunha breve presentación elaborada por eles e cunha lectura de dous poemas da súa creación, un sobre os avós e outro sobre a Lúa e o Sol. A entrevista desenrolouse nun ambiente de moita expectación. Os nenos e nenas estaban moi interesados nas súas respostas. Fixéronlle preguntas moi variadas e profundas, tanto do Sahara como da súa faceta de escritor comprometido con este pobo. Sorprendeulles a súa amabilidade e o trato que recibiron. Foi un encontro moi emotivo, nas súas declaracións e posterior reflexións sobre a visita, non escatimaron en eloxios. |
OS XOGOS DOS TEUS AVÓS
RECOMPILACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS | ||
Seguindo co noso proxecto da biblioteca "O Respecto aos maiores", o alumnado do 1º ciclo de primaria, coa colaboración dos pais, nais, avós ou avoas, fixo unha recompilación de xogos tradicionais baixo o título de " OS XOGOS DOS TEUS AVÓS" que podemos ver na seguinte presentación:
Pódese ver a pantalla completa
GRAZAS POLA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS
|
||
ENCONTROS CON...XOSÉ TOMÁS
O ILUSTRADOR XOSÉ TOMÁS VISITOU O NOSO CENTRO | ||
ACUDIU AO ACTO O ALUMNADO DO PRIMEIRO CICLO Quen dixo medooo? Comprobamos que os nenos e nenas do primeiro ciclo non teñen moitos medos, ainda que ao dibuxante Xosé Tomás lle confesaron que só lle tiñan algo de medo aos morcegos e ás alturas. Descubrimos que gracias á arte do noso debuxante que os gorilas poden conducir en coche de carreiras comendo ao mesmo tempo patacas fritidas e tamén que as vacas "ben mantidiñas" xogan ao balón nas frondosas fragas galegas. Debuxar tan ben pareceulles maravilloso aos nenos e ás nenas.
Grazas Xosé Tomás por mostrarnos a maxia dos teus trazos.! Aos nenos e ás nenas gústanos moito debuxar e ilusionáronnos os teus traballos! |
||
A "PATRULLA VERDE" LÉMBRANOS COMO COIDAR O NOSO ENTORNO
O ALUMNADO DE 6º LÉMBRANOS COMO DEBEMOS DE COIDAR O NOSO ENTORNO | ||
O alumnado de 6º preparou uns slogans pera lembrarnos o coidado do noso entorno e en especial do noso patio. O resultado dos seus traballos podemos velos na seguinte presentación: | ||
Noraboa ao alumnado do 3º ciclo polo seu labor na contribución á limpeza do cole e... lembrade como di o último slogan: "MANTER LIMPO O COLEXIO É BO PARA TODOS! AXÚDANOS!!!! |
A ESCRITORA ANA ALONSO VISITA O NOSO CENTRO
ACUDIU AO ACTO O ALUMNADO DE 2º E 3º CURSO DE PRIMARIA | ||
O pasado día nove de marzo arribou á biblioteca do noso centro unha morea de piratas e de nenos e nenas sen ningún tipo de medeos. Estes rapaces e rapazas chrgaron coa ilusión de coñecer e convivir coa escritora ANA ALONSO. Despois de disfrutar da lectura dos seus libros, todos tiñamos moitas custións que preguntarlle. Pásamolo moi ben e disfrutamos moito da súa presenza. Ana contounos unha morea de curiosidades relacionadas coa súa profesión e a paixón por inventar contos. Todos/as saímos con moitas gañas de seguir lendo. Esa foi a principal recomendación que a nosa nova amiga Ana deixounos a todos.
Ao remate asinoulles os libros ao alumnado e fixo unha adicatoria no libro de visitas da biblioteca |
||
USO DO ORDENADOR
O uso dos ordenadores para o lecer ou traballo pode traer grandes beneficios se adoptamos hábitos saudables para usalos como unha postura correcta, pausas regulares e axuste adecuado do equipo. Sempre que poda, hai que: PARA ALIVIAR A TENSIÓN MUSCULAR DA COLUMNA CERVICAL PARA ALIVIAR A TENSIÓN MUSCULAR NOS BRAZOS PARA ALIVIAR A TENSIÓN NA VISTA |
O ESCRITOR RICARDO GÓMEZ VISITA O NOSO CENTRO
ACUDIU AO ACTO O ALUMNADO DO TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA | ||
O escritor RICARDO GÓMEZ, autor do libro “El cazador de estrellas” visitou o noso centro. Ao acto acudiu o alumnado do terceiro ciclo de primaria. A sesión foi moi entretida e o autor contestou ás múltiples preguntas sobre o seu libro. |
||
POR FIN AS AULAS ABALAR A PLENO FUNCIONAMENTO (24/02/2012)
O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA COMEZA A UTILIZACIÓN DOS ULTRAPORTÁTILES DAS AULAS ABALAR |
||
Por fin as aulas Abalar están ao cen por cen de funcionamento. O alumnado de 5º de primaria xa comezou a utilizar os ultraportátiles como complemento nas súas asignaturas. A experiencia foi moi positiva xa que a utilización deste material informático resulta ser un elemento moi motivador da aprendizaxe das diferentes materias. Lembramos que este curso o noso centro incorporouse á Rede Abalar e por iso as aulas de 5º de primaria foron dotadas de pizarra dixital, canon, ordenador do profesor e ultraportátiles do alumnado. No curso próximo esa dotación incorporarase ás aulas de 6º de primaria. |
||
SESIÓN DE CONTACONTOS
O ALUMNADO DE PRIMEIRO ASISTE NA NOSA BIBLIOTECA A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS DA EDITORIAL KALANDRAKA | ||
O día dous de febreiro tivemos, en primeiro, unha sesión de contacontos da editorial Kalandraka, con dous protagonistas: Patricia e Alex. Alex é músico e toca moi ben o acordeón. Patricia é a encargada de cantar e de contar os contos. Ámbolos dous fixeron unha animación con tres contos: "O mago de goma", "A familia C" e "Pancho". - Foi moi divertido porque escoitamos e cantamos - comentaron os nenos. - Foi unha viaxe fantástica chea de música e palabras - dixeron as profes.
Agradecemos á editorial Kalandraka que nos fixese disfrutar desta maneira tan divertida de ver os contos! |
CAMPAÑA DE RECICLAXE SOLIDARIA
Queremos informarvos dunha iniciativa que foi proposta pola ANPA á dirección do centro: unha CAMPAÑA DE RECICLAXE SOLIDARIA que é unha Campaña de recollida de Tapóns Solidarios, que leva a cabo AS.PA.NE.MI (Asociación de pais de nenos con minusvalía) en colaboración con AEFAT (Asociación Española Familia Ataxia-Talangiectasia). A ataxia é unha enfermidade dexenerativa do sistema nervioso, que en Galicia sofren so 3 persoas, entre as que se encontra Sonia, unha nena de 10 anos, de Ferrol. Para as 12 persoas con esta doenza en toda España non existe ningún tipo de tratamento. AEFAT está levando a cabo unha campaña de reciclaxe solidaria, para recadar fondos e destinalos á investigación da ataxia-talangiectasia, consistente na reciclaxe de tapóns de plástico procedentes de todo tipo de envases de uso doméstico (refrescos, zumes, leite, deterxentes, suavizantes, etc...). Os tapóns serán logo recollidos por empresas de reciclado de plástico que abonan a AEFAT 200 € por tonelada recollida. Para a recollida no centro colocaremos unha caixa á entrada do colexio e na oficina da ANPA para que poidades deixar os tapóns que recollades (a ser posible que veñan limpos, caso de zumes ou lácteos, pois poderían dar mal olor mentres se xunta unha cantidade suficiente para a súa recollida). Máis datos pinchando en http://www.aitzina.org/reciclaje-solidario/ ou no blog da ANPA, onde atoparedes fotos e enlaces con máis información. |
||
ENTROIDO 2012
MANDADOS DO ENTROIDO (ACUMULATIVOS) |
||||||
É tempo de xogo, tempo de diversión, de cambiar os papeis e ser quen non son. Xa que nenos somos ímonos cambiar, e nesta semana de troula ímonos avellentar. |
||||||
Para o luns traerás un pano, perruca ou boina para a túa cabeza tapar. |
||||||
Para o martes terás que buscar un mandil ou unha bata para non te lixar. |
||||||
O mércores saia longa ou chaleque pódeste colocar. Ai, mi madriña, que velliño vas! |
||||||
Mira qué branquiño o pelo me quedou! Así deste xeito, neste xoves de Entroido todo un velliño estás feito! |
||||||
Máis fotografías dos mandados na nosa galería premendo na imaxe |
||||||
FOTOS DE GRUPOS
|
||||||
CELEBRACIÓN DO ENTROIDO
Máis fotografías da celebración premendo na imaxe |
||||||
CONTACONTOS DO ENTROIDO | ||||||
O equipo de Normalización Lingüística organizou na biblioteca unha sesión de contacontos para todo o alumnado. Os máis pequenos disfrutaron co conto “Entroido na carballeira” mentres que os maiores descubriron os segredos da festa do entroido nos lugares más destacados de Galicia: Xinzo, Laza, Verín.…coñecendo as figuras fundamentais do noso entroido (cigarróns, pantallas…)
|
||||||
E REMATAMOS O ENTROIDO COA QUEIMA DO MECO ESTAS SON AS IMAXES... |
||||||
DEICA O ANO QUE VEN! |
||||||
DÍA DA PAZ 2012
DIA DA PAZ 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
MERCADIÑO SOLIDARIO | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Para conmemorar o Día da Paz este ano fixemos UN MERCADIÑO DE LIBROS SOLIDARIOS. Deste xeito quixemos conectar os conceptos de reutilización, lectura e soliedariedade coas persoas máis afectadas pola crise económica. Para poder levala a cabo pensamos que, de xeito voluntario, cada neno e nena doara un libro dos que tivera na casa e que xa o tivesen lido. O Día da Paz montáronse tenderetes que foron atendidos polo alumnado de 6º, os libros vendéronse a un prezo simbólico de 1€. O diñeiro recaudado no mercadiño solidario foi entregado para a Cociña Económica de Ferrol. Recaudáronse 670 euros, que permiten ofrecer 134 menús. Para ver as fotos do acto de entrega da recaudación premer na imaxe. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Esta é a presentación de fotos co acto de celebración do Día da Paz e do Mercadiño Solidario. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Estes foron os nosos traballos e murais feitos nesta data conmemorativa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
RECURSOS DIDÁCTICOS | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
COÑECERNOS PARA QUERERNOS O noso centro, a través da biblioteca, está integrado nun proxecto de intercambio e colaboración cos nenos e nenas do campamento de refuxiados de Smara, no Sáhara. Para que os coñezamos enviáronnos unhas preciosas fotos nas que nos achegan ao lugar onde viven e na que nos mostran cheos de entusiasmo o BUBISHER e o seu niño. O BUBISHER é un paxaro do Sáhara que é presaxio de boa sorte porque anuncia chuvias. Por esa connotación tan positiva é polo que tamén lle chaman así a un camión cheo de libros, contos e diverso material didáctico que chega ao seu campamento regularmente. Nas fotos móstrannos tamén a construcción do niño do BUBISHER, unha biblioteca coa que están moi ilusionados. Esta é a presentación coas fotografías que nos mandaron os nosos amigos do Sáhara. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Para descargar a presentación de Power Point premer aquí | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Este é o video coa montaxe das fotografías e os textos. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Como ven sendo habitual desde hai xa 26 anos, o SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ ven promovendo nas aulas e na vida a celebración do DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ cada 30 de xaneiro, aniversario da morte de Gandhi. Este Seminario publica na súa web moi diversos materiais e recursos didácticos para facilitarlle ao profesorado preparar esta celebración: propostas didácticas, documentos, campañas, recursos audiovisuais, etc. Para acceder á web deste Seminario premer na imaxe. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
MÁIS RECURSOS PREMENDO NA IMAXE | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
NADAL 2011
A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP ISAAC PERAL DESÉXALLES FELICES FESTAS | |||||||||
Para descargar as imaxes da presentación e outras fotografías de grupos premer na imaxe |
|||||||||
Estas son as panxoliñas elixidas para este nadal no Isaac Peral | |||||||||
PANXOLIÑA EN GALEGO: "FUM, FUM, FUM" | |||||||||
|
FUM, FUM, FUM Vintecinco de decembro, fun, fun, fun. Vintecinco de decembro, fun, fun, fun. Un meniño moi bonito ten nacido no portal, coa súa cariña de rosas semella unha flor fermosa, fun, fun, fun.
Vinde, vinde, pastoriños fun, fun, fun. Vinde, vinde, pastoriños fun, fun, fun. Vinde coas pandeiretas, castañolas ao compás, a adorar ao rei do ceo que apareceu no recheo, fun, fun, fun
Desde o ceo esta mirando, fun, fun, fun. Desde o ceo esta mirando, fun, fun, fun. Á terra escintilante que el cega coa súa luz, na paz do firmamento lebrando o nacemento de Xesús.
|
|
|||||||
Descargar a letra da panxoliña | |||||||||
PANXOLIÑA EN CASTELÁN: "CAMPANAS DE BELÉN" | |||||||||
|
|
|
|
|
|||||
|
CAMPANAS DE BELÉN Campana sobre campana, Belén, campanas de Belén, Recogido tu rebaño Belén, campanas de Belén.. Campana sobre campana, Belén, campanas de Belén... Caminando a media noche Belén, campanas de Belén. |
|
|||||||
Descargar letra da panxoliña | |||||||||
PANXOLIÑA INGLÉS-CASTELÁN: MERRY CHRISTMAS | |||||||||
LIBROS PARA NADAL | |||||||||
Estes e outros libros sobre o Nadal poderás atopalos na nosa Biblioteca | |||||||||
Premendo na imaxe poderás saber todos os libros de Nadal que hai na nosa biblioteca | |||||||||
GUÍA DE LECTURA NADAL 2011 | |||||||||
Esta é a nosa selección de libros recomendados para este Nadal, ao fío do noso proxecto de biblioteca Respecto aos nosos maiores. |
|||||||||
|
|
||||||||
ASÍ FELICITA O NADAL O NOSO ALUMNADO |
|||||||||
Nesta presentación podemos atopar unha selección de postais de Nadal realizadas polo noso alumnado. Elixiuse unha postal por clase e unha por ciclo. Premede na presentación e poderedes ver as postais. |
|||||||||
|
|
||||||||
O APALPADOR CHEGA AO ISAAC PERAL |
|||||||||
O Apalpador é un home que vive nas montañas de Lugo, ocupado durante todo o ano en facer carbón. Come froitos silvestre e porcos bravos que caza no monte. Viste un traxe vello e cheo de remendos, e unha boina. Fuma en pipa e ten barba.
Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe. |
|||||||||
Pois ben, o luns chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole. Aquí tedes as imaxes. |
|||||||||
|
|||||||||
|
|||||||||
Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades. Premendo no Apalpador accédese ás imaxes |
|||||||||
XA VEÑEN OS REIS | |||||||||
E para rematar a celebración do Nadal no noso cole, aquí tedes o máis esperado polos nosos nenos e nenas: "A VISITA DOS REIS MAGOS" Sorrisos, ledicia, nervios e mesmo bágoas asomaban nas cariñas dos nosos "peques". Disfrutade vendo as imaxes! |
|||||||||
|
Premendo na imaxe accédese ás fotos onde se poden descargar
|
||||||||
Estaremos de vacacións dende o xoves 22 de decembro ata o domingo 8 de xaneiro ámbolos dous incluisive. As clases comezarán o luns 9 de xaneiro no horario habitual |
|||||||||
|
MAGOSTO 2011
A PATRULLA VERDE COIDA O NOSO PATIO
O ALUMNADO DO 3º CICLO FORMA A PATRULLA VERDE | ||
Este ano propuxémonos ter un colexio máis limpo, e decidimos empezar polo patio. Para conseguilo estamos a facer o seguinte:
CALES SON AS NOSAS FUNCIÓNS? A patrulla está formada por catro alumnos que van rotando. Todas as clases de 5º e 6º participan. Somos moi visibles. Os nosos chalecos son amarelos. Levamos luvas para protexer as mans, bolsa para recoller e caderno para apuntar todo o que vemos: nenos que tiran cousas ao chan, papeleiras cheas ou rotas....
Ao terminar o recreo imos polas clases a ensinar o que recollemos e avisar aos titores dos nenos que tiraron cousas. PEDÍMOSVOS QUE COLABOREDES, MANTER O COLEXIO LIMPO DEPENDE DE TODOS! |
||
FORMACIÓN ABALAR (10/11/2011)
AS FAMILIAS E O PROFESORADO RECIBEN FORMACIÓN SOBRE O ESPAZO ABALAR | ||
Continuando coa nosa formación ABALAR, as familias e o profesorado recibiron información sobre a utilización do Espazo Abalar, sitio web que facilita a intercomunicación entre as familias e o profesorado. A formación foi recibida polas familias do alumnado de 4º e 5º de Primaria que son os que neste curso e no vindeiro vanse convertir en aulas ABALAR. Pódese acceder ao Espazo Abalar premendo na seguinte imaxe: ou no menú horizontal situado na parte superior desta web |
||
OS PERIGOS DA INTERNET (4/11/2011)
O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA COMEZA A SÚA FORMACIÓN DAS TIC | ||
Con motivo da nosa integración na rede Abalar, o alumnado de 5º de primaria comezou a súa formación para afrontar as Tecnoloxías de Información e Comunicación, en concreto sobre os perigos da navegación por internet. O alumnado foi informado de cuestións tan importantes como a suplantación de identidade ou o ciberacoso, dándolles unha serie de consellos para que a súa navegación por internet sexa segura. Esta formación foi financiada pola Consellería de Educación e levada a cabo polo Colexio Profesional de Enxeñaría de Galicia (CPEIG) formando parte do PLAN NAVEGA CON RUMBO. Premendo na imaxe atopamos máis información sobre o Plan Navega con Rumbo con documentos informativos para as familias e para o alumnado e acceso a actividades interactivas. |
||
HÁBITOS SAUDABLES
HÁBITOS SAUDABLES | ||||
Á ESCOLA, NON SEN ALMORZAR | O XOVES COMEMOS FROITA | |||
REDE ABALAR (2/8/2011)
O NOSO CENTRO INCORPÓRASE NESTE CURSO 2011- 2012 Á REDE ABALAR | ||
|
A Comunidade Autónoma de Galicia dispón dunha estratexia de incorporación das novas tecnoloxías ao proceso educativo en todos os seus ámbitos, o PROXECTO ABALAR. Como parte da infraestrutura necesaria para dar soporte ao Proxecto Abalar, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ampliou durante o curso académico 2010-2011 os recursos TIC, mediante a adquisición de novos equipamentos para a creación de aulas dixitais, concretamente nos cursos de 5º de educación primaria e 1º de educación secundaria obrigatoria.
Despedimos esta boa nova cun pouco de humor...
|
|
O XOVES FROITA E O VENRES... BOCATA!!!
O XOVES, COMEMOS FROITA! |
||||
|
Tras a boa acollida nos cursos anteriores da idea de comer froita os xoves, REPETIREMOS! Podemos traer a escola calquera tipo de froita para comer na hora do recreo. Se queredes , incluso pódese traer calquera día porque xa sabedes, como falamos na clase, que é moi bo alimento, aporta vitaminas e fai que todo o corpo funcione coma un reloxo. PERO ISTO NON QUEDA AQUÍ! Na nosa liña de traballar desde a infancia os hábitos alimenticios saudables propoñemos agora outra idea:
|
|||
OS VENRES BOCATA!!! Pode ser de xamón, de queixo, de salchichón, de chourizo, de plátano, de marmelo, de chocolate... do que che guste! Pero hai que variar, cada día dunha cousa distinta para que a alimentación sexa o máis variada posible. E para comezar con este sano costume, este primeiro venres 19 de outubro, a ANPA vai repartir bocatas a todo o alumnado do centro. |
||||
|
||||
LEMBRA: O XOVES FROITA E O VENRES BOCATA!!! | ||||