O consello escolar é o órgano a través do cal PARTICIPAN NA XESTIÓN DO CENTRO os distintos membros da comunidade escolar. Competencias do Consello Escolar (LOMLOE) |
|||
COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR | |||
Nos centros de oito ou máis unidades, coma o CEIP Isaac Peral, o consello escolar está composto polos seguintes membros:
|
|||
RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR | |||
Dous anos despois da primeira constitución do consello escolar produciuse a primeira renovación parcial na que foron substituídos dous mestres e tres pais/nais. Dous anos despois, substituíronse os membros que non foron substituídos na renovación anterior. A partir dese momento foron realizándose, do mesmo xeito, as distintas renovacións cada dous anos, de maneira que os nomeamentos dos representantes de mestres, pais/nais e persoal de administración de servizos serán por un período de 4 anos. |
|||
COMISIÓNS DENTRO DO CONSELLO ESCOLAR | |||
Tal como especifica a lexislación existirán no seo do Consello Escolar distintas comisións que facilitan o seu funcionamento. COMISIÓN ECONÓMICA Estará formada polo/a director/a, un mestre/a, un pai/nai de alumno/a e o secretario/a do centro COMISIÓN DE CONVIVENCIA A súa composición foi aprobada en sesión de Consello escolar do 5 de abril de 2106: Director/a, 3 profesores/as, 2 pais/nais, e 1 representante do persoal de administración e servizos. Os profesores/as non teñen que pertencer ao Consello Escolar. COMISIÓN DA BIBLIOTECA
A Comisión de biblioteca terá a seguinte composición:
- Por parte da Asociación de Nais e Pais, un representante;
Ademáis destas comisións, o Consello escolar nomeará: UNHA PERSOA QUE IMPULSE MEDIDAS EDUCATIVAS QUE FOMENTE A IGUALDADE DE HOMES E MULLERES. COMISIÓN DE ACTIVIDADES.
Todos estes nomeamentos serán realizados cada dous anos coincidindo coa renovación do Consello Escolar. |
|||
Consello Escolar
O CONSELLO ESCOLAR
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022 - CALENDARIO
CEIP ISAAC PERAL |
||
|
||
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022 (I)
COMEZA O PROCESO ELECTORAL DA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2022 | ||||
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL De conformidade co establecido na Resolución do 19 setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa, realizarase proximamente neste Centro a RENOVACIÓN do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio. Este curso corresponde renovar 3 pais/nais, un/unha deles/as será nomeado/a pola ANPA, 2 profesores/as, 1 PAS e o representante do Concello. O proceso electoral comeza coa formación da XUNTA ELECTORAL, órgano encargado de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar. Esta Xunta Electoral está formada por:
- O Director ou directora do Centro. - Un profesor ou profesora. - Un pai ou nai ou titor legal. - Un representante do persoal de administración e servizos Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público, celebrarase neste Centro o próximo xoves 27 de outubro ás 9:15 horas na secretaría do centro. |