Admisión alumnado 24-25
ADMISIÓN DO ALUMNADO: SITUACIÓN DO CENTRO E ZONA DE INFLUENCIA
AVDA. MAC MAHÓN S/N 15 403 Ferrol Tfno 881 93 02 10/18 Depto. de Orientación 881 93 02 13 e-mail: ceip.isaac.peral@edu.xunta.es |
|||
|
|||
MAPA DA ZONA DE INFLUENCIA DO CENTRO | |||
|
ADMISIÓN DO ALUMNADO: INFORMACIÓN XERAL
|
||
ALUMNADO XA MATRICULADO NO NOSO CENTRO | ||
1- Os alumnos/as matriculados neste centro non teñen que facer reserva de praza cara o vindeiro curso escolar, estarán matriculados automáticamente. 2- O alumnado de 6º de Primaria deberá de confirmar a súa reserva de praza para o instituto adscrito o IES Saturnino Montojo cubrindo o anexo I e entregándoo a través da aplicación de admisión de alumnado ou na secretaría do centro (previa petición de cita) do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro. Anexo I: Reserva de praza no IES adscrito
|
||
ALUMNADO QUE QUEIRA TRASLADARSE DO NOSO CENTRO A OUTRO | ||
1) Solicitar en Secretaría un Certificado de Matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse. 2) Presentar a solicitude de admisión xunto co Certificado de matrícula no centro novo no que desexe matricularse. 3) Entregar no centro onde desexe causar baixa unha copia da solicitude de admisión ao novo centro. |
||
PRAZOS NO PROCESO DE ADMISIÓN |
||
- Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022, establécese os seguintes PRAZOS NO PROCESO DE ADMISIÓN de alumnado:
|
||
- Tal como establece a ORDE do 21 de outubro de 2022, a solicitude de admisión de alumnado de novo ingreso pode efectuarse
|
||
- Os criterios para a baremación e posterior adxudicación de vacantes no noso centro, non inclúen a admisión preferente dos descendentes do persoal militar. | ||
|
||
IMPORTANTE | ||
1. UNHA ÚNICA SOLICITUDE A solicitude de posto escolar será única para unha mesma ensinanza e poderá recoller varios centros por orde de preferencia. Presentarase no primero centro solicitado. O alumnado que non resulte admitido no primeiro centro elixido será baremado nos seguintes centros en que existan vacantes, seguindo a súa orde de preferencia. 2. PERDA DOS DEREITOS DE PRIORIDADE: Presentación da solicitude fóra de prazo Presentación de máis dunha solicitude en centros distintos. Acreditar ou presentar datos que non se axusten á realidade. 3. COMUNICACIÓN AO CENTRO DE ORIXE: O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. 4. COMUNICACIÓN DA RENUNCIA Á RESERVA DE PRAZA: O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. |
|
LEXISLACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO
LEXISLACIÓN RELATIVA AO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO |
||
- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro: Admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 11/02/22) - ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado (DOG 08/11/22) - Acordo do 11 de outubro de 2023 sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo. |
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS DO CURSO 2024 - 2025 | ||
Un dos obxectivos fundamentais do noso centro é facilitar a adaptación do alumnado novo, e moi especialmente do alumnado de 3 anos. O benestar das familias, e máis concretamente o do noso alumnado, é unha das nosas principais prioridades. Neste documento que presentamos a continuación poderán atopar, tanto información sobre normas de funcionamento do centro, coma suxerencias para facilitar a incorporación do alumnado a esta nova etapa que vai comezar. |
||
Período de formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño
|
4- ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24 - 25: PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS.
LISTAXES DEFINITIVAS DO PROCESO DE ADMISIÓN DO CURSO 2024 - 2025 |
||
Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022, as LISTAXES DEFINITIVAS serán publicadas o 15 DE MAIO. O día 15 de MAIO publícanse no taboleiro de anuncios do noso centro. Todas as solicitudes foron admitidas agás a de 6º de E.Primaria. As resolucións definitivas poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Xefatura Territorial no prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación: Prazo da presentación do Recurso de Alzada: do 16 de maio ao 17 de xuño. |
|
3- ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24 - 25: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS
LISTAXES PROVISIONAIS DO PROCESO DE ADMISIÓN DO CURSO 2024 - 2025 |
||
Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022, as listaxes provisionais serán publicadas o 25 de abril. O día 25 de abril serán publicadas no taboleiro de anuncios do noso centro. Todas as solicitudes foron admitidas agás a de 6º de E.Primaria. Ante estas listaxes provisionais, poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación. Prazo de reclamación: 26 de abril ao 3 de maio |
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
O período de solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2024 - 2025 é do 1 ao 20 de marzo. A elección do centro educativo é unha decisión moi importante. Por iso, fixamos dúas datas de portas abertas nas que invitamos ás familias a vir a coñecernos. Visitarán as instalacións, coñecerán as directrices xerais do noso proxecto educativo, resolverán dúbidas sobre a admisión do alumnado e calquera outra cuestión que poderamos resolver. |
||||
|
||||
RESERVA DE PRAZA NO IES SATURNINO MONTOJO PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA
RESERVA DE PRAZA PARA O IES SATURNINO MONTOJO | ||
O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Isaac Peral que durante o curso 2024/2025 desexe cursar 1º da ESO no IES SATURNINO MONTOJO, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro entregando a solicitude na secretaría DO NOSO CENTRO ou presentar na sede electrónica. Tamén se pode facer a través da aplicación de admisión do alumnado: |
1 - ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24 - 25: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO | ||
Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022, o prazo de presentación de solicitudes de admisión sería do 1 ao 20 de marzo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 1 AO 20 DE MARZO Pode realizarse de dúas maneiras: 1 - NA SECRETARÍA DO CENTRO: Previa solicitude de cita Presentar a solicitude na Secretaría do noso centro, xunto coa fotocopia do DNI ou libro de familia. Solicitude en galego Solicitude en castelán Documentación 2 - ON LINE, A TRAVÉS DA APLICACIÓN INFORMÁTICA: Presentar a solicitude a través da aplicación informática: "admisión de alumnado" |
2- ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24 - 25: PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO
PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO |
||
No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo. A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio ou criterios afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación. Prazo das solicitudes de admisión: 1 ao 20 de marzo Prazo de presentacion da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 21 de marzo ao 8 de abril. |
|
5- ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24 - 25: FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO PARA O CURSO 2024 - 2025 |
||
Despois de publicadas as listaxes definitivas, deberá realizarse a formalización da matrícula do alumnado admitido para o curso 2024- 2025 no seguinte prazo: FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: Do 20 ao 30 de xuño |
|
|