PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO |
||
No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo. A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio ou criterios afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación. Prazo das solicitudes de admisión: 1 ao 20 de marzo Prazo de presentacion da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 21 de marzo ao 8 de abril. |
|