NOVAS

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E SAMAÍN 2024

PARA PODER VER AS FOTOGRAFÍAS, PREMER NA IMAXE 

"LA VUELTA AL COLE", CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A "LEUCEMIA INFANTIL" 2024

           
  "LA VUELTA AL COLE" CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL  
 

O próximo 25 de outubro imos a organizar, en colaboración coa nosa ANPA e a policía local de Ferrol, unha carreira solidaria escolar con todo o alumnado para concienciar e recaudar fondos para lograr a cura da leucemia infantil. Terá lugar, aproximadamente das 10 ás 12 horas na Avenida de Mac Mahón ou, se o tempo non o permite, no pavillón do colexio. As familias que o desexen tamén están invitadas a participar.

Máis información premendo na imaxe....

VÉN E PARTICIPA CON NÓS!!

     
   Premer para ver as imaxes da carreira  
     

COMEZO DO PROCESO ELECTORAL DO CONSELLO ESCOLAR 2024

         
  SORTEO DOS INTEGRANTES DA XUNTA ELECTORAL      
 

Este curso corresponde a renovación parcial dos integrantes do Consello Escolar. Estas eleccións comenzan coa formación da XUNTA ELECTORAL, órgano encargado de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar. Esta Xunta Electoral está formada por:  

    - O Director ou directora do Centro.

    - Un profesor ou profesora.

    - Un pai ou nai ou titor legal.

    - Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo público, que se celebrará o próximo venres 18 de outubro ás 9:15 h na secretaría do centro.

Máis información premendo na imaxe

     

DÍAS NON LECTIVOS CURSO 24 - 25

     
   ELIXIDOS OS DOUS DÍAS NON LECTIVOS   
 

Xa están noso calendario escolar os dous días NON LECTIVOS elixidos polo Consello Escolar:

  28 de febreiro  e o  2 de maio  do 2025

Premendo na imaxe accédese ao calendario para este curso 24 - 25.

 

 
   

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

       
   O DÍA 1 DE OUTUBRO COMEZAN AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES  
   

As deben supoñer para as nenas e os nenos, un complemento á súa educación de xeito lúdico. O seu principal obxectivo é aprender mediante o xogo e a cooperación, habilidades e competencias favorecedoras da formación do alumnado. Trátase de traballar de xeito transversal a creatividade, as habilidades sociais, a solidariedade, o respecto, a comunicación e a relación cos demais.

No noso centro eisten dous tipos de actividades, unhas gratuítas, subvencionadas polo Concello de Ferrol, e outras ofertadas pola ANPA. 

Premendo na imaxe accédese ás actividades extraescolares ofertadas neste curso 2024 - 2025.

Para máis información contactar coa administración do centro:

Tfno: 881 93 32 10

 
      
       

LEXISLACIÓN EDUCATIVA

     
  ACTUALIZACIÓN DA LEXISLACIÓN EDUCATIVA  

 

 Actualizada na nosa páxina web a lexislación educativa.

Nesta actualización, podemos atopar a normativa educativa clasificada en lexislación xeral, funcionamento de centros, educación infantil, educación primaria, atención á diversidade, orientación, plurilingüismo, biblioteca, convivencia e TIC.

 Para acceder premer na imaxe

 
     

INICIO DE CURSO 24-25

           
  COMEZO DO CURSO 2024 - 2025  
  DATAS DE COMEZO DAS CLASES  
 

- Día 11 de setembro: Comezo das clases para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

 

O horario deses días será o habitual, de 9 a 14 horas (agás 4º de E. Infantil que estará co período de adaptación) tendo en conta as seguintes consideracións relativas á organización deste curso escolar no que:

  • Nas entradas o alumnado non formará filas para entrar senón que, segundo vaia chegando ao centro, entrará directamente nas clases, tendo en conta a seguinte marxe horaria:

       Alumnado de E. Primaria: entrará só no centro entre as 8:50 e as 9 h. As familias non poderán acceder ao recinto escolar, agás o alumnado de 1º de primaria que, o primeiro día de clase, poderá ser acompañado á entrada principal por un só adulto.

       Alumnado de E. Infantil: Entrará no centro, acompañado dun só familiar entre as 8:50 e as 9 h.

  • As saídas realizaranse ás 14 h. Cada curso terá unha porta específica de saída.  

Nas seguintes imaxes recóllese unha síntese destas entradas e saídas por cursos, así como as portas utilizadas. 

Premendo nas imaxes poden verse máis grandes.   

     

   

   

 

A PUNTUALIDADE DE TODOS XOGA UN PAPEL IMPORTANTE.

 

 
  SERVIZO COMEDOR 2024 - 2025  

 

 

O servizo de comedor comezará o mércores, día 11 de setembro.

O comedor do centro ofrece servizo de almorzo e xantar. A xestión do servizo de comedor é de competencia municipal e corre a cargo da empresa "ALIMENTACIÓN SALUDABLE GALLEGA".

 
 
  1. Servizo de almorzo: de 7:30 a 9:00 h.
  2. Servizo de xantar: de 14:00 a 16:00 h.

Non está permitida a entrada ao almorzo despois das 8:30.

O prezo do almorzo é de 2,42 € e o do xantar 5,46 € por comensal e día.

O Concello de Ferrol subvenciona unha parte do servizo de comedor para todo o alumnado, pero ademais existen becas que se poden solicitar nos Servizos Sociais da Consellería de Benestar do Concello de Ferrol.

Se un alumno/a ten algún tipo de intolerancia presentará o informe médico a través da aplicación e se lle facilitará un menú especial.

O horario de recollida do servizo de comedor será ás 16:00 h. Fóra deste horario, establécese outra quenda ás 15:30 h., debendo xustificarse por escrito a necesidade de recollida do alumnado ante a dirección do centro quen llo comunicará á encargada do comedor.

O alumnado pode facer uso do servizo de comedor de xeito habitual ou esporádico. Como novidade deste curso, cada alumno/a poderá anotarse para facer uso deste servizo ou cancelalo como máximo ás 18 horas do día anterior lectivo.

A encargada do comedor lles facilitará un impreso de autorización de recollida do alumnado por outra persoa que non sexan os/as pais/nais ou titores/as legais.

Os usuarios do servizo de comedor deberán traer un cepillo e pasta de dentes para realizar a hixiene bucal.

Para solucionar problemas co aplicativo Colechef poden contactar enviando un correo electrónico ao enderezo soporteapp@colechef.com ou chamando ao teléfono 942 420 018.

 

Tal e como establecen as Normas de Organización e Funcionamente do centro, todo o alumnado que non cumpra as normas do centro, pode ser privado do dereito do servizo de comedor, primeiro por un determinado tempo e, se ao seu regreso non amosa ter adquiridas as normas, deberá prescindir de este servizo durante o resto do curso escolar.

 

Para poder ser usuario do servizo de comedor necesitarán inscribirse na aplicación móbil COLECHEF.

 
  ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES  
 

Informarase acerca das actividades extraescolares mediante unha circular informativa.

 
  OFICINA DO CENTRO  
 

Horario oficina: 9:30h a 10:30h - 12:30h a 13:30h

Non se permite no horario das entradas e saídas do centro ou no tempo de recreo a entrada das familias no centro.

Calquera consulta poden facela vía correo electrónico ou telefónica.

Teléfonos de contacto:  881 93 02 10/18

Xornada non lectiva: a partir do 11 de setembro, poderase contactar mediante AbalarMóbil con cada titor/a do grupos de alumnos/as ou a través do correo electrónico do centro: ceip.isaac.peral@edu.xunta.gal 

 
           

MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR 24 - 25

     
  MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR
 
 

Premendo nas imaxes accédese aos menús do comedor escolar: almorzo, xantar e menús especiais.

 

 

Premendo na imaxe accédese ás fotografías dos diferentes platos.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2024 -2025

         
   CALENDARIO ESCOLAR 2024 - 2025
   
 

Premer na imaxe para ver máis grande

Na orde do 12 de abril de 2024 (DOG 23/04/24) aprobouse o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Para acceder ao DOG premer na imaxe.

   

Powered by Drupal - Design by artinet