Curso 24 - 25
"LA VUELTA AL COLE", CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A "LEUCEMIA INFANTIL" 2024
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024 - CALENDARIO
O consello escolar é o órgano a través do cal PARTICIPAN NA XESTIÓN DO CENTRO os distintos sectores da comunidade escolar: nais/pais, mestres/mestras, persoal de administración e servizos e representante do concello. Cada dous anos lévanse a cabo as eleccións ao Consello Escolar nas que se produce unha renovación parcial dos seus membros. Nesas eleccións, son substituídos os representantes que xa se levaban catro anos no Consello Escolar. Dous anos despois, nas seguintes eleccións, renóvanse os membros que non foron substituídos nas anteriores convocatorias. Para a realización das eleccións noméase unha Xunta Electoral, órgano encargado de coordinar o proceso electoral. Reunida a Xunta Electoral este foi o calendario electoral aprobado para estas eleccións. |
||||
|
||||
REPOSITORIO DE CONTIDOS EDUCATIVOS
REPOSITORIO DE CONTIDOS EDUCATIVOS | ||
A Consellería de Educación da Xunta de Galicia ten a disposición de toda a comunidade educativa o repositorio de contidos educativos onde podemos atopar cantidade de recursos clasificados por idioma, tipo ou área. Coa última actualización, o REPOSITORIO DE CONTIDOS EDUCATIVOS conta con 1.942 recursos en varios idiomas e para diferentes niveis educativos. Todos os recursos poden ser descargados e incorporados nas aulas virtuais dos centros. Para acceder premer na imaxe |
COMEZO DO PROCESO ELECTORAL DO CONSELLO ESCOLAR 2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2024 - 2025
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
O DÍA 1 DE OUTUBRO COMEZAN AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES | |||
As deben supoñer para as nenas e os nenos, un complemento á súa educación de xeito lúdico. O seu principal obxectivo é aprender mediante o xogo e a cooperación, habilidades e competencias favorecedoras da formación do alumnado. Trátase de traballar de xeito transversal a creatividade, as habilidades sociais, a solidariedade, o respecto, a comunicación e a relación cos demais. No noso centro eisten dous tipos de actividades, unhas gratuítas, subvencionadas polo Concello de Ferrol, e outras ofertadas pola ANPA. Premendo na imaxe accédese ás actividades extraescolares ofertadas neste curso 2024 - 2025. Para máis información contactar coa administración do centro: Tfno: 881 93 32 10 |
|||
LEXISLACIÓN EDUCATIVA
ACTUALIZACIÓN DA LEXISLACIÓN EDUCATIVA | ||
|
Actualizada na nosa páxina web a lexislación educativa. Nesta actualización, podemos atopar a normativa educativa clasificada en lexislación xeral, funcionamento de centros, educación infantil, educación primaria, atención á diversidade, orientación, plurilingüismo, biblioteca, convivencia e TIC. Para acceder premer na imaxe |
|
"NAVEGA CON RUMBO"
ESTÁS SEGUR@ DE QUE SABES NAVEGAR POLA INTERNET? | ||||||
A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudarche. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o PLAN NAVEGA CON RUMBO polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que vós, @s escolares, naveguedes con con seguridade pola Rede, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. Non fagas en Internet nada do que non farías na túa vida real!. A continuación presentamos unhas guías con recomendacións de interese para o alumnado, nais e pais e para o profesorado |
||||||
GUÍA DO ALUMNADO | GUÍA DE NAIS E PAIS | GUÍA DOS PROFESORES | ||||
|
|
|
||||
Seccións bilingües
A sección bilingüe é un programa que consiste na ensinanza dun área ou materia non lingüística nunha lingua cooficial e nunha lingua estranxeira, empregada como mínimo durante o 50% do horario lectivo. No noso centro, levase a cabo a sección bilingüe na área de Música e Danza en 1º e 2º de Educación Primaria. |
||||||
Para poder levar a cabo este proxecto, precisamos que cubran e entreguen a autorización correspondente ás súas titoras e iniciar así esta nova andaina. |
||||||
Preme na icona para acceder aos impresos |
||||||