Curso 24 - 25

AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2024 - 2025

         
  FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO
 
   

Na ORDE do 7 de maio de 2024 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024/25.

O PRAZO DE SOLICITUDES É DO 21 DE MAIO AO 21 DE XUÑO

IMPRESO DE SOLICITUDE

ACCESO A TRAVÉS DA WEB

Máis información (ENTREGA DE VALES) premendo na imaxe

   
   
   
   
   

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO. CURSO 24/25

     
  BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (24/25)  
 

Convocadas as becas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024-2025.

O prazo de solicitude é do 30 de abril ao 13 de setembro.

Hai que solicitalo a través a través da sede electrónica.

Máis información:

 

SECCIÓNS BILINGÜES

             
               
     

  A sección bilingüe é un programa que consiste na ensinanza dun área ou materia non lingüística nunha lingua cooficial e nunha lingua estranxeira, empregada como mínimo durante o 50% do horario lectivo.

No noso centro, levase a cabo a sección bilingüe na área de Música e Danza en 1º e 2º de Educación Primaria.

Máis información e actividades    

Premer na icona para acceder aos impresos da autorización para participar no proxecto.

                        

1º E. Primaria   2º E. Primaria

     
             

PROTOCOLO DE ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR

           
  PROTOCOLO DE ACOSO: PUNTO LARANXA  
   

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar, co fin de dar resposta a este tipo de situacións nos centros educativos da nosa comunidade autónoma.

Unha das medidas establecidas é a instalación do PUNTO LARANXA, un espazo físico onde calquera persoa poderá denunciar de xeito anónimo unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.

Este PUNTO LARANXA está situado na planta alta do centro.

Para acceder ao protocolo premer na imaxe.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

   
   

TIC

     
  TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN  
 

 

Actualizado na nosa páxina web o espazo adicado ás TIC onde se pode atopar distintas ligazóns relacionadas coas novas tecnoloxías: lexislación, recursos educativos, espazo abalar, novas e actualidade TIC, seguridade e Plan dixital.

Para acceder premer na imaxe

 

 

 

BLOGS DE RECURSOS

     
  BLOGS DE RECURSOS DO CENTRO  
 

Lembramos que están actualizados e disponibles para toda a comunidade educativa os blogs de recursos do centro, con cantidade de recursos de educación infantil, matemáticas, lingua castelá, lingua galega e ciencias da natureza,  así coma o blog de lectura na rede. 

Para acceder premer nas imaxes

        

      

     

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024 (I)

         
  COMEZA O PROCESO ELECTORAL DA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2024      
 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, realizarase proximamente neste Centro a RENOVACIÓN do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio. Este curso corresponde renovar 3 pais/nais, 3 profesores/as e 1 PAS.

O proceso electoral comeza coa formación da XUNTA ELECTORAL, órgano encargado de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar. Esta Xunta Electoral está formada por:  

    - O Director ou directora do Centro.

    - Un profesor ou profesora.

    - Un pai ou nai ou titor legal.

    - Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto).

Dito sorteo, que será público, celebrarase neste Centro o próximo venres 18 de outubro ás 9:15 horas na secretaría do centro.

     

COMEDOR ESCOLAR CURSO 24 - 25

             
   

               

CURSO 24 - 25

   
             
             

 

 

A xestión do servizo de comedor farase a través

da app ColeChef que deberá estar descargada no móbil.

As instruccións premendo na imaxe:

 

Premendo na imaxe accédese

aos distintos menús diarios do almorzo e do xantar

 

 

   

      O servizo de comedor comezará o mércores, día 11 de setembro        

O comedor do centro ofrece servizo de almorzo e xantar. A xestión do servizo de comedor é de competencia municipal e corre a cargo da empresa "ALIMENTACION SALUDABLE GALLEGA".

Servizo de almorzo: de 7:30 a 9:00 h.

Servizo de xantar: de 14:00 a 16:00 h.

Cada alumno/a poderá anotarse ao servizo de comedor de xeito habitual ou esporádico. Como novidade deste curso, cada alumno/a poderá anotarse para facer uno deste servizo, ou cancelado, como máximo ás 18:00 h do anterior día lectivo.

Non está permitida a entrada ao almorzo despois das 8:30.

O horario de recollida do servizo de comedor será ás 16:00 h. Fóra deste horario, establécese outra quenda ás 15:30 h., debendo xustificarse por escrito a necesidade de recollida do alumnado ante a dirección do centro quen llo comunicará á encargada do comedor.

A encargada do comedor lles facilitará un impreso de autorización de recollida do alumnado por outra persoa que non sexan os/as pais/nais ou titores/as legais.

 

O prezo do almorzo é de 2,42 € e o do xantar 5,46 € por comensal e día.

O Concello de Ferrol subvenciona unha parte do servizo de comedor para todo o alumnado, pero ademais existen becas que se poderán solicitar nos Servizos Sociais da Consellería de Benestar do Concello de Ferrol.

 

Se un alumno/a ten algún tipo de intolerancia presentará o informe médico a través da aplicación e se lle facilitará un menú especial.

 

Os usuarios do servizo de comedor deberán traer un cepillo e pasta de dentes para realizar a hixiene bucal.

 

Para solucionar problemas co aplicativo Colechef poden:

  - Enviar un correo un correo electrónico ao enderezo soporteapp@colechef.com  
  - Chamar ao teléfono 942 420 018

 

Tal e como establecen as Normas de Organización e Funcionamente do centro, todo o alumnado que non cumpra as normas do centro, pode ser privado do dereito do servizo de comedor, primeiro por un determinado tempo e, se ao seu regreso non amosa ter adquiridas as normas, deberá prescindir de este servizo durante o resto do curso escolar.

   
         

ELECCIONS AO CONSELLO ESCOLAR 2024- Resumo e calendario

     
      ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR      
     

O CONSELLO ESCOLAR é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do centro. Cada dous anos, no mes de novembro, teñen lugar as eleccións ao Consello Escolar.

De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:


1. Corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais, (un deles quedou vacante nas anteriores eleccións), dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. Os outros 2 representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior, no ano 2021, xa que a renovación é sempre parcial.


2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día 30 de outubro está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata o día 6 de novembro.


3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas dende o día 1 de novembro ata o día 8 de novembro.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 11 de novembro, ás 9:30 h na biblioteca do centro. Dita mesa electoral estará composta polo/a Director/a do Centro, que actuará como Presidente/a, e catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretario/a o de menor idade.


5.-As votacións das familias realizaranse neste Centro o día 19 de novembro.co seguinte horario:

     Mañá: De 9:15 a 10:15 h  e  de 13 a 13:45 h  

     Tarde: De 17:00 a 18:00 h.

 A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 9 horas.


6.- Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de 2 nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegado e non se admitirá o voto por correo.


7.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o/a titor/a legal do alumnado.


8.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para o seu envío á Xunta Electoral do Centro.

     
     

Dende o centro animamos aos pais/nais a acudir a votar o

MARTES día 19 DE NOVEMBRO en horario de mañá de 9:15 a 10:15h e de 13 a 13:45h, e en horario de tarde de 17 a 18h

     
             

Powered by Drupal - Design by artinet