ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR | ||||||
O CONSELLO ESCOLAR é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do centro. Cada dous anos, no mes de novembro, teñen lugar as eleccións ao Consello Escolar. De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:
4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 11 de novembro, ás 9:30 h na biblioteca do centro. Dita mesa electoral estará composta polo/a Director/a do Centro, que actuará como Presidente/a, e catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretario/a o de menor idade. Mañá: De 9:15 a 10:15 h e de 13 a 13:45 h Tarde: De 17:00 a 18:00 h. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 9 horas.
|
||||||
Dende o centro animamos aos pais/nais a acudir a votar o MARTES día 19 DE NOVEMBRO en horario de mañá de 9:15 a 10:15h e de 13 a 13:45h, e en horario de tarde de 17 a 18h |
||||||