SEGURIDADE TIC

"NAVEGA CON RUMBO"

             
  ESTÁS SEGUR@ DE QUE SABES NAVEGAR POLA INTERNET?  
 

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudarche.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o PLAN NAVEGA CON RUMBO polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que vós, @s escolares, naveguedes con con seguridade pola Rede, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet.

Non fagas en Internet nada do que non farías na túa vida real!.

A continuación presentamos unhas guías con recomendacións de interese para o alumnado, nais e pais e para o profesorado

 
  GUÍA DO ALUMNADO   GUÍA DE NAIS E PAIS   GUÍA DOS PROFESORES  
 

 

Recomendacións alumnado
Descargar guía

 

Recomendacións pais/nais
Descargar guía

 

Recomendacións profesorado
Descargar guía

 
 

Máis información...   

 

OS PERIGOS DE INTERNET

       
   Nesta lista de reproducción podemos atopar un conxunto de videos educativos que nos avisan dos perigos de internet que nos axudarán a previr o ciberacoso.    
     
 

 Para acceder aos distintos vídeos hai que premer en LISTAS DE REPRODUCCIÓN

   

USO DO ORDENADOR

      
   

  O uso dos ordenadores para o lecer ou traballo pode traer grandes beneficios se adoptamos hábitos saudables para usalos como unha postura correcta, pausas regulares e axuste adecuado do equipo.
 

     Sempre que poda, hai que:
SE SE ESTÁ USANDO O PORTÁTIL NO SOFÁ
• Facer pausas máis frecuentes, porque é a mellor postura para as costas.
• Debemos ter as costas rectas e apoiadas sobre unha almofada.

PARA ALIVIAR A TENSIÓN MUSCULAR DA COLUMNA CERVICAL
• Usar unha cadeira que lle permita ter as costas en liña recta en 90 graos coas as coxas
• Relaxar o pescozo e mantelo aliñado coas costas.
• Situar a parte superior da pantalla ao nivel dos ollos.

PARA ALIVIAR A TENSIÓN MUSCULAR NOS BRAZOS
 Usar un teclado e rato independente.
• Manter os brazos e antebrazos en 90 graos.

PARA ALIVIAR A TENSIÓN NA VISTA
• Orientar o ordenador para que non teña reflexos ou brillo.
• Pechar e abrir a miúdo os ollos para mantelos hidratados.

 

Powered by Drupal - Design by artinet