Curso 13 - 14

PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA 2013-14

  PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA 2013-14  
 

 

PROXECTO CURSO 2013-14

MEMORIA

IMAXES

 
 

 

 

 

   
 

SAMAÍN

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoNADAL

DÍA DA PAZ

   
           
 

ENTROIDO

 DÍA DE ROSALÍA

CONTACONTOS: CONTOS E MÚSICA

   
           
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

DIA DAS LETRAS GALEGAS

SUSO CUBEIRO VISITA O CENTRO

ANTÓN CORTIZAS PREMIADO

   
           
 

CONTACONTOS PARA E. INFANTIL

 CORRELINGUA

     
           

PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2013 - 2014

       
 

PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2013-2014

"FERROLEANDO POLOS LENZOS I"

 
 

Tras tres cursos traballando con autores, algúns clásicos, e outros actuais e máis próximos, como é o caso do noso padriño, Antón Cortizas; descubrindo nas súas obras os valores que pretenden transmitir e inculcar a quen os lean, o equipo de Dinamización da Biblioteca, pensou, para este curso 2013- 2014 curso, en afondar no coñecemento do noso municipio.

Cremos que este proxecto poderíase desenvolver ao longo de varios cursos, interesándonos cada ano por unha faceta da cultura da nosa cidade.

De aí que lle puxéramos ao proxecto un nome xenérico ao que iremos engadindo o subtítulo que reflicta a temática a traballar.

E por que esta idea? Porque nun mundo globalizado como o actual, o municipio é o lugar máis próximo aos noso alumnado; o lugar onde xogan, experimentan as súas vivencias e fórmanse para ser quen, na idade adulta, de saberse desenvolver noutros lugares do planeta.

Por outra banda o profesorado ve positivo  e necesario dar a coñecer todas a facetas que a cidade de Ferrol pode encerrar, e parécelle útil que sexan transmitidas ao noso alumnado co fin de fomentar, protexer e sentirmos orgullosos dos nosos bens culturais.

Este acercamento ao noso, permitirá a realización de actividades en equipo que fomenten o valor da colaboración e o respecto ás diferenzas; así como traballos de investigación que lles axuden a desenvolverse con máis soltura nos medios técnicos actuais, sen esquecemento do uso dos libros.

Empezaremos por aproximarnos á pintura como fonte de inspiración da creatividade, da expresión plástica, de achegamento á aprendizaxe da luz e o color, da perspectiva, etc. Todo elo relacionado moi estreitamente co mundo da literatura. Na busca de textos que nos aproximen ao mundo do arte, a través da escrita ou da ilustración.

 

Premer na imaxe para acceder ao proxecto 

 
  ACTIVIDADES  DA  BIBLIOTECA  
   
  125 ANIVERSARIO DO SUBMARIÑO ISAAC PERAL APERTURA DA BIBLIOTECA  
       
   
   MOCHILAS VIAXEIRAS MERCADILLO SOLIDARIO DE LIBROS  
       
       
   CONTACONTOS DE KALANDRAKA DÍA DO LIBRO INFANTIL    
       
       
  SUSO CUBEIRO NO NOSO CENTRO  DÍA DO LIBRO  
       
       
   ANTÓN CORTIZAS PREMIADO  CONTACONTOS PARA E. INFANTIL  
       
     
  EDUARDO HERMIDA VISITA O CENTRO  TRABALLOS DO ALUMNADO: CADROS E CONTOS  
   MEMORIA 13 - 14

GUÍA LECTURA NADAL 2013

GUÍA LECTURA VERÁN 2014

 

Comida de Convivencia xuño 2014

             
         
     

         A      E      A      

   
     

Coma todos os anos, rematamos o curso celebrando unha comida de convivencia de toda a comunidade educativa: pais, nais, alumnado, profes...

Pero... este curso foi especial xa que amenizamos a sobremesa coa celebración do día da música con actuacións musicais do noso alumnado

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo    Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

e en especial as dos máis peques que podedes ver neste vídeo

 

   
     
 
   
      Máis fotografías premendo nas imaxes     
     

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Celebración do día da música

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Celebración da comida de convivencia

   
             

Promoción 2004-2014

         
         
  DESPEDIDA DE 6º DE PRIMARIA  
 

UNHA NOVA PROMOCIÓN DEIXA O NOSO CENTRO

 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  

O antes e o despois: Xa pasaron uns cantos anos!!!

    

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo 

AQUI TEDES UN VÍDEO COMO LEMBRANZA DO SEU PASO POLO NOSO CENTRO

Para despedirse do centro o alumnado dedicounos unha canción que podemos ver neste vídeo

 E dende o centro para todo o alumnado de 6º....

 Que teñades moita sorte e lembrade que aquí sempre seredes BENVIDOS!

 
     
 

Pero non podemos esquecer o resto do noso alumnado deste curso 2013 - 2014 

Máis fotografías deste curso 2013-2014 na nosa galería de imaxes
 
         

PROXECTO PECIÑOS

     
   PROXECTO PECIÑOS"UN PASO ADIANTE"  
 

Durante o mes de maio, o noso centro participou no proxecto "Peciños: Un paso adiante", proxecto da Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol (ASCM) galardonado co premio solidario do Concello de Ferrol do ano 2013.

Este proxecto que fomenta o traballo en equipo acercounos á inclusión a través do deporte e das actividades psicomotrices. Grazas a esta iniciativa reflexionamos sobre a discapacidade e hábitos saludables. O alumnado participou en distintas actividades dende o punto de vista da discapacidade.

Aquí tedes unhas imaxes.

      

Podemos ver máis imaxes na nosa galería de fotos premendo aquí  

Tamén no blog da ASMC dedicado ao Proxecto Peciños atopamos información sobre as actividades realizadas no noso centro.

 
 

 FESTA DE CLAUSURA DO PROXECTO PECIÑOS

 
 

 

 O domindo 22 de xuño, na Praza do Inferniño terá lugar a festa de clausura do "Proxecto Peciños" con actuacións en directo, maxia, pallasos, globoflexia...

         

As actividades comezarán ás 17:30 co acto de clausura e entrega de premios no Centro Cultural Carvalho Calero e a continuación haberá as actividades na Praza do Inferniño ata ás 20:30. No caso de choiva realizaráse no pavillón do Ensanche.

A entrada e gratuita para toda a familia.

 

BAUTISMO DE MAR DO ALUMNADO DE 1º E 2º

 
             
     

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º e 2º DE PRIMARIA RECIBEN O SEU BAUTISMO DE MAR

     
     

O alumnado de 1 e 2º curso de Educación Primaria recibiu o seu BAUTISMO DE MAR na ría de Ferrol.

Acompañáronnos os seus profes Ana, Rosario, J Luis, Fernando, Marián e  Norit.

Foi unha boa experiencia para todos.

 

Aquí está o alumnado pola ría de Ferrol

     
     

   Acceder     

olas

     
       Poderedes ver máis fotografías premendo na imaxe      

UN EXEMPLO DE SOLIDARIDADE ENTRE NÓS

     
 

A AVOA DOS TAPÓNS 

ENTREVISTADA POLO ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA

 
 

Investigar xuntos é o que ten. 

Á pregunta:

- Que é o que hai detrás dese contendor que día a día imos enchendo xuntos de tapóns?

Quen mellor que a avoa dos tapóns para conseguir respostas

Un grupo de alumnos entrevista a unha muller loitadora como moitas, que trata de axudar á súa neta coa recollida de tapóns.

UN PEQUENO ESFORZO NOSO É UN GRAN LOGRO PARA OUTROS

Enviámoslles un bico de solidariadade do CEIP Isaac Peral para ela e todos aqueles que están a colaborar,

que sabemos que son moitos.

 
     
     

BIBLIOTECA: TRABALLOS DO ALUMNADO

 

     
 

CADROS E CONTOS

 
     
  Dentro do noso proxecto de biblioteca FERROLEANDO POLOS LENZOS, fixemos unha atividade titulada "UN CADRO, UN CONTO", na que cada aula elixiu un cadro, ou varios, de pintores ou pintoras ferroláns, e entre todos e todas escribiron o que os lenzos lles suxerían.  
     
   Estas presentacións son unha pequena mostra dos nosos traballos.  
     
     
     
   
 
     
   
 
     

CORRELINGUA 2014

     
  A NOSA CARREIRA POLA LINGUA: CORRELINGUA 2014  
 

 

O xoves 8 de maio, as nenas e nenos de 4º B e de 2º de Primaria participamos na carreira pola lingua "CORRELINGUA". Comezamos a xornada cunha carreira pola rúa Galiano ata a Praza de Armas para continuar con actividades de xogos populares. Por último tivemos a sorte de escoitar ao grupo TIC - TAC no teatro "Jofre".

 

        PASÁMOLO MOI BEN !!!!   Estas son algunhas imaxes.

        

Máis fotografías na nosa galería de imaxes 

 
     

SOLIDARIDADE CO POBO SAHARAUI

         
    CARREIRA SOLIDARIA POLO SAHARA    
   

 Dende a ONG "Solidaridade galega co pobo saharaui" pedíronnos a nosa colaboración co Sahara e por iso organizamos unha carreira solidaria para toda a comunidade educativa.

Será o martes 20 de maio. Sairemos do centro ás 17:00 e o percorrido será o seguinte:

Avda Mac Mahón - Rúa Españoleto - Naturalista López Seoane - Avda de Vigo - Estrada de Circunvalación - Avda de Mac Mahón. 

A ONG "Solidaridade galega co pobo saharaui" intenta que nenos e nenas saharauies pasen as súas vacacións en Galicia disfrutando dun tempo de Paz. Nós intentamos sumarnos a esa iniciativa, por iso pedimos a colaboración das familias aportando un euro por cada un dos participantes na carreira.

Cada alumno/a deberá comunicar o número de participantes, e entregar a aportación ao seu profesor/a titor/a quen lle facilitará un dorsal por participante. Este dorsal deberánno traer colocado nas costas o día da carreira.

Ao remate da carreira repartiremos auga e froita no patio do colexio.

ESPERAMOS A PARTICIPACIÓN DE TODOS O MARTES 20 DE MAIO!

   

   
   

     

E chegou o día da carreira!!!!

   

     

A recaudación foi de 322 euros!

Grazas a todos pola colaboración.

Máis imaxes da carreira na nosa galería de fotos 

 

Agradecemos á ANPA a súa axuda na oganización desta carreira.

   
         
         

O AUTISMO

       
   O AUTISMO NOS NOSOS TRABALLOS DE AULA   
   

O AUTISMO non é unha enfermidade senón máis ben unha desorde no desenvolvemento das funcións do cerebro permanente. Sabémolo moi ben en 4º que investigamos na clase sobre este tema.

Neste video tedes unha pequena mostra dos nosos traballos.

 
    
       

EDUARDO HERMIDA: AS MENINAS DE CANIDO

 
   
         
   

Pintor, profesor e músico.

Promotor de AS MENINAS DE CANIDO, con un enfoque artístico e social: de como un soño pode cambiar un barrio.

 

   
   

O 9 de abril, dentro do proxecto "Ferroleando polos lenzos", o

alumnado do 2º ciclo de Primaria foi recibido en

Canido por EDUARDO HERMIDA.

   
  A Voz de Galicia fíxose eco desta noticia.

 

 

   
    E, chegado o 30 de abril, para darlle máis énfase ao mes do libro, o pintor veu ao noso colexio para mostrarlles aos alumnos e alumnas dous vídeos que recollen o sentir e as razóns do proxecto "As Meninas de Canido".    - PREME NA IMAXE -    
  Eduardo díxolles que aínda que escoiten que Ferrol é unha cidade triste,morta, non é certo; que está chea de vida, con moitas cousas que mostrar e contar; e que eles eran a chave e o futuro da mesma.

     

   
     Que é moi importante implicarse, ter proxectos e promover actividades que sirvan para dar a coñecer o lugar onde se vive.    
         
     Unha alumna leulle unha carta que redactaron entre todos para enviar ao alcalde e á Concellería de Cultura, solicitando que inclúan dentro das visitas a Ferrol, un percorrido polo barrio de Canido, cun monitor-guía que explique as grandes obras de arte que adornan as paredes das casas.    
   

 

 

   
  Os nenos e nenas sorprenderon a Eduardo con debuxos de meninas.

El quere recollelas todas e colgalas polas rúas e ventás das casas dos veciños o día 6 de setembro: Festa das Meninas en Canido.

 ENTUSIASMO TOTAL!  
   

   
     Para que "ferrolees" polos seus lenzos, EDUARDO HERMIDA preséntache a súa obra. Preme na imaxe:       
         
     Fai clic na imaxe se queres coñecer máis sobre Eduardo e os seus proxectos.    
         
   

 , por ensinarnos a ver a beleza das cousas; neste caso da nosa cidade.

   
    MÁIS FOTOS NA GALERÍA DE IMAXES    

CONTACONTOS

     
         
     
   
 
   
 

O martes, 29 de abril, o alumnado de educación infantil disfrutou dunha sesión de contacontos na biblioteca  "Antón Cortizas" do noso centro. Alí esperábaos IAGO LÓPEZ que fixo unha interpretación de dous contos:

"O aprendiz de home do saco" e

"O señor corpo quere xogar".

 

 
   

 

Este acto foi posible grazas á xentileza da Editorial ANAYA no seu afán de animación á lectura.

   
   
 
   
       
   Escoitaron con moito interés.   O saco intrigábaos un pouco...  Pero de medo, nada!  
         
         
   E chegou o momento...  ... tan esperado...  ... de participar...!  
   

   
                
  

 Premendo en cada imaxe encontrarás CONTACONTOS que falan de formas, cores, tamaños, sentimentos..., relacionados co tema que nos guiou este curso:

"Ferroleando polos lenzos"; e sobretodo relacionados coa

  animación á lectura.

          
     
                 
   
         
         

ANTÓN CORTIZAS: PREMIO EN INVESTIGACIÓN E ENSAIO

         
   

 

   

   
         
   

 

O xurado do premio Antón Losada Diéguez, na súa XXIX edición, otorgou o premio

en Investigación e Ensaioa ANTÓN CORTIZAS pola súa obra TASTARABÁS.

Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, editada por Xerais.

 

O xurado salientou que "o autor fixo un traballo exhaustivo, riguroso e singular, e que vai ser de gran utilidade para o público en xeral e, de forma moi especial, para as novas xeracións".

 

Dende a biblioteca "Antón Cortizas", do colexio Isaac Peral, sentímonos felices polos teus éxitos.

 

   
         
         

DÍA MUNDIAL DO LIBRO: 2014

         
         
       
       
         
   

 

Con moito ánimo, puxémonos en marcha para recorrer o terceiro trimestre deste curso.

 Empezamos pisando forte; era o segundo día de clase, e xa tíñamos algo que  celebrar: Día do Libro. Un recordatorio que nos chega cada 23 de abril para invitarnos a ler. Ler como acción

divertida, creativa, imaxinativa; ler para compartir, para adquirir e mellorar o noso coñecemento.

 

 

"O que le moito e anda moito,

ve moito e sabe moito".

-MIGUEL DE CERVANTES-

 

   
   

 

 

   
   

 Este mércores, 23 de abril, para celebrar a "festa dos libros", xuntámonos todos no patio. E alí, cada neno e cada nena, con xices de cores e moita imaxinación, pintou o que lle suxería un día tan especial.   

   
                            
   

E así foi quedando o patio: cheo de títulos, letras, personaxes, historias...

LIBROS E CORES UNIDOS POLA FANTASÍA.

   
   

 

   
     QUE PODEN FACER OS LIBROS? Fai clic e verás:        
         
       
   

 Todo o curso preparándonos para este día especial dos libros. E mentres non chegaba, fomos lendo, escribindo e pintando outras cousas:

 Puxemos a circular polas aulas o  , que este ano Peraliño enviouno cheo de libros que  falan de pintura.

   
   

   

 

   
   

  - Durante o curso todo o alumnado participou elaborando o xornal "O PAÍS DE PERALIÑO". Cada nivel encargouse dunha sección. E cada neno e nena traía da súa casa unha noticia que consideraban importante.

Acabou cun gran formato e moito contido.

   
              
       -Cada aula elixiu un cadro dun pintor ou pintora ferroláns, e entre todos escribiron o que o lenzo lles suxería.    
         
       -Motivados polo Día Internacional da Muller, trataron de decribila cunha palabra cada un. Discorreron moito, e non se agotaban as palabras.    
                     
   

   - Cada neno e cada nena, xunto coa súa familia, decorou unha tarxeta na que viña escrita a man unha palabra relacionada co tema da crise.

Con todas as tarxetas fixemos unha exposición na ludoteca.

   
                
                   
   

 

   
   

 Premendo na imaxe pódese ver unha presentación que relaciona os libros coa escultura.

Tamén figura o texto que PACO MARTÍN -autor da obra "As cousas de Ramón Lamote"-, escribiu sobre O LIBRO, e que foi seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para este 23 de abril.

   
         
   

Fai clic e verás as fotos dos "artistas" que vestiron o patio de cores:

   
         

SUSO CUBEIRO: "FERROLEANDO CON NÓS"

     
         
     
 

 O mércores, 26 de marzo, SUSO CUBEIRO, "o pintor das fragas galegas"; ilustrador de natureza e libros infantís e xuvenís, achegouse á ludoteca do noso colexio para impartir un taller creativo ao alumnado de 3º de Primaria.

Este encontro estivo motivado polo proxecto da nosa biblioteca: "Ferroleando polos lenzos", que trata de animar á lectura a través da pintura.

 
 
                
 
     
 

 Os nenos e nenas encargados de cada aula recibírono vestidos de pintores, para homenaxear a figura deses artistas e o noso proxecto. E, así caracterizados, léronlle unha mensaxe de benvida.

 
     
     
 

 Cubeiro comezou a contarlles unha historia que acompañaba con debuxos de trazos sinxelos, e que os nenos ían plasmando nos seus folios.

Cal foi a sorpresa ao veren xurdir das súas pequenas mans figuras moi parecidas ás do ilustrador  Suso Cubeiro. Tal é a súa maestría para facer e ensinar!

 
          
     
 

Ao final agasallárono cun libro.

      

Unha experiencia moi gratificante que servirá para seguir lendo e pintando.

Grazas, Cubeiro, por "ferrolear con nós".

Máis información sobre o autor 

 
     
   PREMER NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS DESTE ACTO      

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

     
   DÍA DO LIBRO INFANTIL  
     
 

Imposible imaxinar un meniño do noso colexio que non recoñeza o Soldadiño de Chumbo, a Sirenita ou as desventuras do Parrulo Feo. Contos que despertan a imaxinación e axudan a crear valores como a amizade, o inconformismo, a tolerancia, e sobre todo o valor da lectura. E todo grazas ao talento do escritor HANS CHRISTIAN ANDERSEN, nacido un 2 de abril de 1805.

Facendo clic na imaxe de ANDERSEN, pódese acceder á lectura dos seus contos.

Premendo sobre cada personaxe, pódese ver o conto en VÍDEO.

 
 

 Para celebrar este día tan importante da literatura infantil e xuvenil, o alumnado de 6º curso foi polas aulas de Ed. Infantil e 1º, 2º, e 3º de Primaria, para contarlles contos de Andersen como: A raíña das neves, A princesa e o chícharo, O traxe novo do emperador, O cofre voador...

 
 

            

 

 
     
 

Ademais, cada ano un país ten a oportunidade de ser o patrocinador do Día do Libro Infantil. E, con tal motivo, selecciona un escritor ou escritora relevante e un reconocido ilustrador ou ilustradora, do propio país, para que elaboren a mensaxe e o cartel que se distribúe por todo o mundo.

Este ano o país organizador é Irlanda.

 
 

E os alumnos e alumnas de 6º pasaron tamén polas aulas de 4º e 5º de Primaria, para lerlles a carta redactada pola escritora Siobhán Parkinson e mostrar o cartel co que Niamh Sharkey ilustrou este Día do Libro Infantil.

 
  Premer sobre o cartel para ler a "CARTA AOS NENOS DO MUNDO"          
     

CONTACONTOS

         
    CONTOS E MÚSICA    
         
    Venres, 21 de febreiro: sesión de contos e música na biblioteca do centro dirixida ao alumnado de cinco anos e de 1º de Primaria.    
       
   

Álex Fente e Patricia González, do equipo de animación á lectura da editorial KALANDRAKA, foron os encargados de despertar a imaxinación e a sensibilidade dos nenos e nenas.

   
         
       
         
     A sesión comeza co conto BOAS NOITES, BUFO!. Conto acumulativo e repetitivo, cheo de onomatopeas que axudan aos primeiros lectores a familiarizarse cos sons e ser partícipes da narración do mesmo.    
         
                                      
         
    O segundo conto titúlase MAMÁ. Según palabras da propia autora -Mariana Ruiz Johnson-, é "un canto poético sobre a maternidade, a Nai Terra,e o amor". As ilustracións son unha homenaxe a figuras da pintura: dende Paul Klee a Frida Kalho.    
                  
         
     A narradora Patricia, elixiu para rematar a sesión o conto: ONDE VIVEN OS MONSTROS. Álex acompañaba co seu acordeón tanto as ondas do mar, coma os ruxidos dos monstros. Monstros rosmons, pero tenros; froito da imaxinación dun neno chamado Max.    
                          
   

     Que atentos estaban os nenos e as nenas!

                        

 
 
         
   

PREMENDO NA IMAXE PODES ACCEDER A UN MONTÓN DE CONTOS: 

-UNS PARA LER..., OUTROS PARA VER EN VÍDEO...-

   
         

DÍA DE ROSALÍA 2014

                     
         

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

         
                     
         

 O 24 de febreiro conmemórase o DÍA DE ROSALÍA coincidindo co día en que naceu no ano 1837.

 Para conmemorar esta data, durante a semana do 17 ao 21 de febreiro traballouse nas aulas sobre a vida e obra de Rosalía de Castro. Algunhas familias colaboraron aportando poemas para ler nas aulas que despois pasaron a formar parte dunha exposición sobre Rosalía que se organizou na ludoteca do centro.

         
                     
         

 Na hora de ler, durante toda a semana, viñeron algúns pais e nais a ler nas aulas obras da poetisa galega. Esta actividade resultou moi agradable enriquecedora, tanto para o alumnado como para as familias.

 Tamén veu a cantante María Manuela que é familiar dunha alumna de 2º A.

Actuou para o alumnado do 1º ciclo de Primaria

      

Moitas grazas por acompañarnos nesta homenaxe a Rosalía de Castro

         
                     
         

 O poema titulado XAN, musicado e recollido no audiolibro ROSALÍA PEQUENIÑA, foi o escollido este ano para aprender todo o alumnado do centro.

Nesta presentación pódese ver o poema dramatizado.

         
                     
         

 Na fachada do edificio de Primaria pintamos a Rosalía de Castro. Así foi como quedou....

         
                     
         

 Finalmente o venres 21 fíxose un acto conxunto no patio no que un grupo de alumnado fixo unha presentación sobre a vida de Rosalía. Para rematar todos xuntos cantamos a cantiga XAN aprendida nas aulas e na clase de música.

       

 

         
                     
         

  MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS QUE COLABORARON NAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS, TANTO APORTANDO POEMAS COMO NA LECTURA NAS AULAS

Pódese acceder ás imaxes premendo nas flores

         
                     

ENTROIDO 2014

             
  O LUNS COMEZAMOS COS MANDADOS DO ENTROIDO!!!!!  
 

MANDADOS DO ENTROIDO

PÍNTATE DE CORES 

 
     

LUNS

Azul é o ceo

azul é o mar

Vístete de azul

e a eles te parecerás

   
   

MARTES

Amarelo coma o sol

que nos dá moita calor

se con esa cor te pos...

ti, si que serás un sol

   
     

MÉRCORES

Estou no lume e no sangue

estou chea de valor

amiga dos namorados

a cor vermella son

   
    O XOVES CELEBRAMOS A FESTA DO ENTROIDO  
   

Comezamos cun desfile arredor do colexio ao que estaban invitadas as familias.

Podemos ver as imaxes neste vídeo.

 
   

Noraboa á actuación da nosa banda de música que animou todo o desfile

       

 
   

Despois do desfile o alumnado fixo festa nas clases degostando os productos típicos do entroido que aportaron as familias

           

 

 
   

E mirade que ven o pasaron e como disfrotaron na discoteca preparada no centro especialmente para este día

 
   

 
   

Á volta das vacacións, queimamos o meco

      

 

 
    Todas estas fotografías e moitas máis na nosa galería de imaxes   
       

DÍA DA PAZ 2014

     
   CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ: 30 DE XANEIRO   
     
 

 Para celebrar esta data tan importante fixemos moitas actividades nas aulas.

      Escoitamos un conto moi bonito titulado AS CORES DO ARCO DA VELLA

E tamén vimos a presentación do conto LA DISPUTA DE LOS COLORES 

 
     
 

Nas nosas aulas e na aula de música aprendimos unha adaptación da canción titulada DE CORES

 
     
 

 Fixemos A POMBA DA PAZ DE PICASSO 

Cada alumno/a escribiu un DESEXO NA POMBA e intercambiámola cun compañeiro/a do cole:

 

 

O alumnado de 1º cambiou a súa pomba con 3º

O alumnado de 2º con 5º

O alumnado de 4º con 6º

 
     
 

Entre todos fixemos UN MURAL CON POMBAS DE CORES formando un ARCO DA VELLA


O alumnado de Infantil fixo as pombas de cor verde

 O alumnado de 1º de cor amarelo

O alumnado de 2º de cor azul

O alumnado de 3º de cor laranxa

O alumnado de 4º fixo as pombas de cor púrpura

Os de 5º de cor vermello

 Os de 6º de cor añil 

Todos os nenos e as nenas fixemos tamén unha cinta de cartolina para poñer na fronte

cunha pomba da cor que lle tocou á nosa clase.

Púxemola o día do acto conxunto no patio

           

 
     
  Tamén limos un precioso LIBRO SOBRE PICASSO  
     
 

Como remate fixemos un ACTO CONXUNTO de todo o colexio para celebrar este día tan importante.

Aquí están as imaxes

Agradecemos á ANPA a súa colaboración na SAÍDA AO CIRCO

Máis fotografías da celebración do día da Paz na nosa galería de imaxes. 

Para acceder premer aquí 

 
     

CALENDARIOS 2014

     
  CALENDARIOS PARA AXUDAR Á EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DO ALUMNADO DE 6º  
  Con motivo de axudar económicamente na excursión de fin de curso de 6º de Primaria, realizáronse uns calendarios de sobremesa do ano 2014 nos que aparecen as fotos de todos os cursos do centro. O precio dos calendarios é de 4 euros. As familias que os desexen poden adquirirlos nas oficinas da ANPA que estará aberta de 9 a 10 h da mañá.  
         
  GRACIÑAS POLA SÚA COLABORACIÓN  
     

ACTIVIDADE EDUCATIVA "CANTA CON NÓS"

     
  CANTA CON NÓS  
 
Tendo en conta a acollida que tivo a actividade "Canta con nós" incluída no programa educativo ARTEllando (organizado polo Concello de Ferrol) que se desenvolveu entre os meses de outubro a decembro de 2013,  considerouse oportuno que polas características da actividade que aporta ademais de beneficios estrictamente musicais, outros de carácter transversal (compañerismo, solidariedade, tolerancia..) se está a tramitar un convenio de colaboración coa Asociación Musical Sonsdodía (Coro Diapasón) para continuar con esta actividade ata o mes de maio incluído.
A actividade desenvolverase no mesmo lugar e horario que se viña facendo ( CEIP Manuel Masdías, os venres de 16:30 a 18:30)  e está dirixida ó alumnado de infantil, primaria e ESO dos centros de ensino de Ferrol.
Asímesmo poderán formar parte de este programa ademáis das sesións docentes e dos ensaios semanais, actividades de intercambio con outras agrupacións musicais e actuacións en público. Este programa é gratuíto para todo o alumnado.
Para máis información poñerse en contacto nos teléfonos que se indican de seguido antes do 7 de febreiro.

Teléfonos de contacto:
 629359000 - 655172984
 
     

OS PERIGOS DE INTERNET

       
   Nesta lista de reproducción podemos atopar un conxunto de videos educativos que nos avisan dos perigos de internet que nos axudarán a previr o ciberacoso.    
     
 

 Para acceder aos distintos vídeos hai que premer en LISTAS DE REPRODUCCIÓN

Proximamente teremos no noso centro unhas charlas informativas tanto para o alumnado coma para as familias do 3º ciclo de Primara para informar sobre o tema do ciberacoso.

   

A INSPECTORA DE EDUCACIÓN Dª ELENA URTIAGA VISITA O NOSO CENTRO

     
 

A NOSA INSPECTORA DE EDUCACIÓN Dª ELENA URTIAGA

VISITA O NOSO CENTRO

 
 

O xoves día trece de decembro recibimos no noso centro unha visita que, ainda que xa foi anunciada, foi moi esperada: a nosa Inspectora de Educación Dª Elena Urtiaga Estévez.

Arredor das dez da mañá, Dª Elena chegou ao noso centro. Visitou as distintas instalacións do centro, interesándose polas necesidades do centro en canto as obras demandadas, estivo en contacto co noso alumnado, profesorado e saudou ás persoas colaboradoras da ANPA. 

Dende aquí retrasmitímoslle as grazas de todo o persoal polo interese mostrado polo noso centro!

              

 

Nadal 2013

              
   
     
                   
   
   

A  COMUNIDADE  EDUCATIVA  DO  CEIP  ISAAC  PERAL  DESÉXALLES 

FELICES  FESTAS

 

 

 

Para descargar as imaxes da presentación e outras fotografías de grupos premer na imaxe  

   
     
   

   AS  NOSAS  PANXOLIÑAS    

 
   

Estas son as panxoliñas que o noso alumnado practicou coas súa profe de música

Aquí están os nosos pequenos artistas...

Premendo nos debuxos accédese ás fotos dos grupos

        
   

 

       
   

DESEXOS DE NADAL

   

O alumnado de 6º A preséntannos os seus desexos de Nadal

                  
             
           LIBROS PARA NADAL      
           Estes e outros libros sobre o Nadal poderás atopalos na nosa Biblioteca      
           
           Premendo na imaxe  poderás saber todos os libros de Nadal que hai na nosa biblioteca      
                     
       

 GUÍA DE LECTURA NADAL 2013

       
         

 Esta é a nosa selección de libros recomendados para este Nadal, ao fío do noso proxecto de biblioteca

         
       
 
     
                     
                     
      ASÍ FELICITA O NADAL O NOSO ALUMNADO
     
     

Nesta presentación podemos atopar unha selección de postais de Nadal realizadas polo noso alumnado. Premede nesta presentación e poderedes ver as postais.

     
     

 


 


       
             
     

O  APALPADOR  CHEGA  AO ISAAC  PERAL

     
     

O Apalpador é un home que vive nas montañas de Lugo, ocupado durante todo o ano en facer carbón. Come froitos silvestre e porcos bravos que caza no monte. Viste un traxe vello e cheo de remendos, e unha boina. Fuma en pipa e ten barba.
Todos os 24 de decembro baixa das montañas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cando están durmidos tócalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame. Se están fartos di: “así, así esteas todo o ano”- e déixalles unha presa de castañas. Se teñen fame non di nada, pero déixalle castañas igual. Pode deixar algún presente máis, pero sempre feito por el.

 

Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe.

     
     

Pois ben, o mércores chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole.

Aquí tedes as imaxes.

     
     

Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades.

Premendo no Apalpador accédese ás imaxes

 
                   
      XA VEÑEN OS REIS....
   
     

E para rematar a celebración do Nadal no noso cole, aquí tedes o máis esperado polos nosos nenos e nenas:

"A VISITA DOS REIS MAGOS"

Sorrisos, ledicia, nervios e mesmo bágoas asomaban nas cariñas dos nosos "peques".

Disfrutade vendo as imaxes!


 Premendo na imaxe accédese ás fotos

 onde se poden descargar

   
                   
     

Estaremos de vacacións dende o sábado 21 de decembro ata o martes 8 de xaneiro ámbolos dous incluisive.

  As clases comezarán o XOVES 9 de xaneiro no horario habitual  

   
                               
     

       

   

Apalpador 2013

              
   
     
                   
   
     

O  APALPADOR  CHEGA  AO ISAAC  PERAL

     
     

O Apalpador é un home que vive nas montañas de Lugo, ocupado durante todo o ano en facer carbón. Come froitos silvestre e porcos bravos que caza no monte. Viste un traxe vello e cheo de remendos, e unha boina. Fuma en pipa e ten barba.
Todos os 24 de decembro baixa das montañas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cando están durmidos tócalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame. Se están fartos di: “así, así esteas todo o ano”- e déixalles unha presa de castañas. Se teñen fame non di nada, pero déixalle castañas igual. Pode deixar algún presente máis, pero sempre feito por el.

 

Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe.

     
     

Pois ben, o mércores chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole.

Aquí tedes as imaxes.

     
     

Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades.

Premendo no Apalpador accédese ás imaxes

 
                               
     

       

   

MERCADILLO SOLIDARIO DE LIBROS

     
      

 

  Os días 19, 20 e 21 de novembro organizamos un mercadillo solidario de libros na ludoteca do colexio.

A proposta xurdiu con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS, aprobados pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1959.  

 

 

 Con esta actividade pretendemos o fomento da lectura en familia e a solidariedade.

Estivo organizada pola ANPA do centro coa colaboración do grupo dinamizador da biblioteca.

 

 

 As familias, e demais membros da comunidade educativa, participaron en dúas direccións: primeiro aportando libros, e en segundo lugar, visitando o mercadiño cos seus fillos e fillas e adquirindo aqueles títulos polos que sentiron máis curiosidade.

 

 
 

A recadación foi de 716 euros e foi entregada á "Cociña Económica".  

Estas foron as fotos do acto de entrega do diñeiro ao representante da Cociña Económica de Ferrol

     

 

 

 

GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE FIXERON POSIBLE O ÉXITO DESTA ACTIVIDADE

 

Powered by Drupal - Design by artinet