|
Os días 19, 20 e 21 de novembro organizamos un mercadillo solidario de libros na ludoteca do colexio. A proposta xurdiu con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS, aprobados pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1959. |
|
|
Con esta actividade pretendemos o fomento da lectura en familia e a solidariedade. Estivo organizada pola ANPA do centro coa colaboración do grupo dinamizador da biblioteca. |
|
|
As familias, e demais membros da comunidade educativa, participaron en dúas direccións: primeiro aportando libros, e en segundo lugar, visitando o mercadiño cos seus fillos e fillas e adquirindo aqueles títulos polos que sentiron máis curiosidade.
|
|
A recadación foi de 716 euros e foi entregada á "Cociña Económica". Estas foron as fotos do acto de entrega do diñeiro ao representante da Cociña Económica de Ferrol
|
||
|
GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE FIXERON POSIBLE O ÉXITO DESTA ACTIVIDADE |