Pintor, profesor e músico. Promotor de AS MENINAS DE CANIDO, con un enfoque artístico e social: de como un soño pode cambiar un barrio.
|
||||
O 9 de abril, dentro do proxecto "Ferroleando polos lenzos", o alumnado do 2º ciclo de Primaria foi recibido en Canido por EDUARDO HERMIDA. |
||||
A Voz de Galicia fíxose eco desta noticia. |
|
|||
E, chegado o 30 de abril, para darlle máis énfase ao mes do libro, o pintor veu ao noso colexio para mostrarlles aos alumnos e alumnas dous vídeos que recollen o sentir e as razóns do proxecto "As Meninas de Canido". - PREME NA IMAXE - | ||||
Eduardo díxolles que aínda que escoiten que Ferrol é unha cidade triste,morta, non é certo; que está chea de vida, con moitas cousas que mostrar e contar; e que eles eran a chave e o futuro da mesma. |
|
|||
Que é moi importante implicarse, ter proxectos e promover actividades que sirvan para dar a coñecer o lugar onde se vive. | ||||
Unha alumna leulle unha carta que redactaron entre todos para enviar ao alcalde e á Concellería de Cultura, solicitando que inclúan dentro das visitas a Ferrol, un percorrido polo barrio de Canido, cun monitor-guía que explique as grandes obras de arte que adornan as paredes das casas. | ||||
|
||||
Os nenos e nenas sorprenderon a Eduardo con debuxos de meninas. |
El quere recollelas todas e colgalas polas rúas e ventás das casas dos veciños o día 6 de setembro: Festa das Meninas en Canido. |
ENTUSIASMO TOTAL! | ||
|
||||
Para que "ferrolees" polos seus lenzos, EDUARDO HERMIDA preséntache a súa obra. Preme na imaxe: | ||||
Fai clic na imaxe se queres coñecer máis sobre Eduardo e os seus proxectos. | ||||
, por ensinarnos a ver a beleza das cousas; neste caso da nosa cidade. |
||||
MÁIS FOTOS NA GALERÍA DE IMAXES |