SOLIDARIDADE CO POBO SAHARAUI

         
    CARREIRA SOLIDARIA POLO SAHARA    
   

 Dende a ONG "Solidaridade galega co pobo saharaui" pedíronnos a nosa colaboración co Sahara e por iso organizamos unha carreira solidaria para toda a comunidade educativa.

Será o martes 20 de maio. Sairemos do centro ás 17:00 e o percorrido será o seguinte:

Avda Mac Mahón - Rúa Españoleto - Naturalista López Seoane - Avda de Vigo - Estrada de Circunvalación - Avda de Mac Mahón. 

A ONG "Solidaridade galega co pobo saharaui" intenta que nenos e nenas saharauies pasen as súas vacacións en Galicia disfrutando dun tempo de Paz. Nós intentamos sumarnos a esa iniciativa, por iso pedimos a colaboración das familias aportando un euro por cada un dos participantes na carreira.

Cada alumno/a deberá comunicar o número de participantes, e entregar a aportación ao seu profesor/a titor/a quen lle facilitará un dorsal por participante. Este dorsal deberánno traer colocado nas costas o día da carreira.

Ao remate da carreira repartiremos auga e froita no patio do colexio.

ESPERAMOS A PARTICIPACIÓN DE TODOS O MARTES 20 DE MAIO!

   

   
   

     

E chegou o día da carreira!!!!

   

     

A recaudación foi de 322 euros!

Grazas a todos pola colaboración.

Máis imaxes da carreira na nosa galería de fotos 

 

Agradecemos á ANPA a súa axuda na oganización desta carreira.

   
         
         

Powered by Drupal - Design by artinet