CONTOS E MÚSICA | ||||
Venres, 21 de febreiro: sesión de contos e música na biblioteca do centro dirixida ao alumnado de cinco anos e de 1º de Primaria. | ||||
Álex Fente e Patricia González, do equipo de animación á lectura da editorial KALANDRAKA, foron os encargados de despertar a imaxinación e a sensibilidade dos nenos e nenas. |
||||
A sesión comeza co conto BOAS NOITES, BUFO!. Conto acumulativo e repetitivo, cheo de onomatopeas que axudan aos primeiros lectores a familiarizarse cos sons e ser partícipes da narración do mesmo. | ||||
O segundo conto titúlase MAMÁ. Según palabras da propia autora -Mariana Ruiz Johnson-, é "un canto poético sobre a maternidade, a Nai Terra,e o amor". As ilustracións son unha homenaxe a figuras da pintura: dende Paul Klee a Frida Kalho. | ||||
A narradora Patricia, elixiu para rematar a sesión o conto: ONDE VIVEN OS MONSTROS. Álex acompañaba co seu acordeón tanto as ondas do mar, coma os ruxidos dos monstros. Monstros rosmons, pero tenros; froito da imaxinación dun neno chamado Max. | ||||
Que atentos estaban os nenos e as nenas!
|
||||
PREMENDO NA IMAXE PODES ACCEDER A UN MONTÓN DE CONTOS: -UNS PARA LER..., OUTROS PARA VER EN VÍDEO...- |
||||