O mércores, 26 de marzo, SUSO CUBEIRO, "o pintor das fragas galegas"; ilustrador de natureza e libros infantís e xuvenís, achegouse á ludoteca do noso colexio para impartir un taller creativo ao alumnado de 3º de Primaria.
Este encontro estivo motivado polo proxecto da nosa biblioteca: "Ferroleando polos lenzos", que trata de animar á lectura a través da pintura.
Os nenos e nenas encargados de cada aula recibírono vestidos de pintores, para homenaxear a figura deses artistas e o noso proxecto. E, así caracterizados, léronlle unha mensaxe de benvida.
Cubeiro comezou a contarlles unha historia que acompañaba con debuxos de trazos sinxelos, e que os nenos ían plasmando nos seus folios.
Cal foi a sorpresa ao veren xurdir das súas pequenas mans figuras moi parecidas ás do ilustrador Suso Cubeiro. Tal é a súa maestría para facer e ensinar!
Ao final agasallárono cun libro.
Unha experiencia moi gratificante que servirá para seguir lendo e pintando.
Grazas, Cubeiro, por "ferrolear con nós".
Máis información sobre o autor
PREMER NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS DESTE ACTO