DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

     
   DÍA DO LIBRO INFANTIL  
     
 

Imposible imaxinar un meniño do noso colexio que non recoñeza o Soldadiño de Chumbo, a Sirenita ou as desventuras do Parrulo Feo. Contos que despertan a imaxinación e axudan a crear valores como a amizade, o inconformismo, a tolerancia, e sobre todo o valor da lectura. E todo grazas ao talento do escritor HANS CHRISTIAN ANDERSEN, nacido un 2 de abril de 1805.

Facendo clic na imaxe de ANDERSEN, pódese acceder á lectura dos seus contos.

Premendo sobre cada personaxe, pódese ver o conto en VÍDEO.

 
 

 Para celebrar este día tan importante da literatura infantil e xuvenil, o alumnado de 6º curso foi polas aulas de Ed. Infantil e 1º, 2º, e 3º de Primaria, para contarlles contos de Andersen como: A raíña das neves, A princesa e o chícharo, O traxe novo do emperador, O cofre voador...

 
 

            

 

 
     
 

Ademais, cada ano un país ten a oportunidade de ser o patrocinador do Día do Libro Infantil. E, con tal motivo, selecciona un escritor ou escritora relevante e un reconocido ilustrador ou ilustradora, do propio país, para que elaboren a mensaxe e o cartel que se distribúe por todo o mundo.

Este ano o país organizador é Irlanda.

 
 

E os alumnos e alumnas de 6º pasaron tamén polas aulas de 4º e 5º de Primaria, para lerlles a carta redactada pola escritora Siobhán Parkinson e mostrar o cartel co que Niamh Sharkey ilustrou este Día do Libro Infantil.

 
  Premer sobre o cartel para ler a "CARTA AOS NENOS DO MUNDO"          
     

Powered by Drupal - Design by artinet