Este ano comezamos a celebración do Magosto cun acto na biblioteca do centro.
Para E. Infantil e 1º Ciclo de Primaria consistiu no relato de dous contos co apoio de cadansúa presentación. Os contos foron Corre corre Cabaciña e A castañeira María.
Para o 2º e o 3º Ciclos o acto consistiu no visionado dun Documental sobre a castaña galega.
Nas aulas elaboráronse traballos de plástica e composicións escritas que adornaron todo o centro: castañeiras, castañas, cabazas, cogomelos, esquíos e todo tipo de personaxes de terror que formaron parte dunha Exposición Terrorífica
Durante a semana do Magosto, para comer no recreo trouxemos froitas de outono: mazás, uvas, noces, peras e tanxarinas.
Para remate saímos ao patio e cantamos as cancións do Magosto e Samaín que aprendimos nas clases e despois comimos castañas asadas con leite.
Para ver a totalidade das fotos premer na imaxe da dereita.
Para escoitar a canción Os monstriños premer na pantasma.
Para ver a presentación do conto Corre corre Cabaciña premer na imaxe da dereita.