O XOVES FROITA E O VENRES... BOCATA!!!

    

O XOVES, COMEMOS FROITA!

 
     
 

 

Tras a boa acollida nos cursos anteriores da idea de comer froita os xoves,

REPETIREMOS!

Podemos traer a escola calquera tipo de froita para comer na hora do recreo. Se queredes , incluso pódese traer calquera día porque xa sabedes, como falamos na clase, que é moi bo alimento, aporta vitaminas e fai que todo o corpo funcione coma un reloxo.

PERO ISTO NON QUEDA AQUÍ!

Na nosa liña de traballar desde a infancia os hábitos alimenticios saudables propoñemos agora outra idea:

  

 
 

OS VENRES BOCATA!!!

Pode ser de xamón, de queixo, de salchichón, de chourizo, de plátano, de marmelo, de chocolate... do que che guste! Pero hai que variar, cada día dunha cousa distinta para que a alimentación sexa o máis variada posible.

E para comezar con este sano costume, este primeiro venres 19 de outubro, a ANPA vai repartir bocatas a todo o alumnado do centro.


 
 

 

 
                 
  LEMBRA:   O XOVES FROITA E O VENRES BOCATA!!!  
     

Powered by Drupal - Design by artinet