Convivencia 11 - 12
FIN DA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS SOLIDARIOS
FIN DA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS SOLIDARIOS |
||||||
Chegamos ao mes de xuño e con el ao fin da Campaña de recollida de tapóns para AEFAT. Durante 9 meses colaboramos para lograr un obxectivo: lograr 60.000 € para poder financiar o primeiro ano de investigación para poder conseguir unha cura para a Ataxia-Telangiectasia. A asociación informa de que están moi preto do cumprimento do devandito obxectivo. Pero ademáis do obxectivo económico conseguiuse un dobre beneficio adicional:
O Punto Central de Recollida, situado na Nave de Servizos do Concello de Narón, seguirá recollendo tapóns ata o 22 de xuño para que se faga a derradeira recollida de tapóns pola empresa recicladora.
O noso centro recolleu 450 kg de tapóns MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!!! |
||||||
A NOSA LUDOTECA
XA TEMOS LUDOTECA NO NOSO COLE! | |||
Este curso por primeira vez está a funcionar durante o recreo unha ludoteca no noso cole e a verdade e que os nosos rapaces disfrutan dos xogos, non hai máis que ver a imaxes. Pero...sabedes que é unha ludoteca? Que normas temos? Que facemos ahí? Se queredes sabelo mirade a presentación que hai a continuación.
|
|||
|
|||
QUERES COLABORAR COA NOSA LUDOTECA? | |||
Aínda que se mercaron xogos, dado o éxito da ludoteca, resulta pouco o material que temos nela. Estamos moi escasos de construccións, xogos simbólicos (bonecas, cociñas, supermercado...) playmobil...Xa se ven as estanterías un pouco baleiras. Se queres colaborar podes traer xogos que teñas na casa. Serán benvidos e podemos disfrutar todos. Graciñas pola colaboración |
|||
MIRAMOS CON OUTROS OLLOS A DISCAPACIDADE
RECIBIMOS A VISITA DO CENTRO DE ATENCIÓN A PERSONAS CON DISCAPACIDADE FÍSICA |
||
Durante as charlas que o CAMF (Centro de Atención a Personas con discapacidade Física) para o alumnado de 5º e 6º intentamos achegarnos ao mundo da discapacidade. Hai moitos tipos de discapacidade e eles centráronse na discapacidade física: problemas de mobilidade e dependencia dos demais. O persoal do Centro informounos cómo poderiamos evitar chegar á situación de discapacidade física. Cousas como saltar ondas, tirarse de cabeza á piscina ou na praia, andar sen casco nas bicis, non levar posto o cinturón de seguridade... son situacións que nos poñen en risco e se somos conscientes destes perigos debemos tratar de evitalos . Tamén nos falaron direfentes persoas afectadas, da súa experiencia, de cómo chegaron a esa situación e de como nós, eliminando as barreiras arquitectónicas facilitariamos que eles levaran unha vida o máis normal posible. Transmitíronnos a idea de que a felicidade non se acaba cunha enfermidade ou cunha discapacidade, porque poden facer moitas cousas das que facemos nós, algunha delas coa nosa axuda, e mesmo outras que ninguén de nós e quen de facer coma pintar cadros coa boca ou navegar sen poder mover as pernas. A nosa obriga e verlos e aceptalos como son e, se nola piden, darlles esa axuda que demandan. |
||
A "PATRULLA VERDE" LÉMBRANOS COMO COIDAR O NOSO ENTORNO
O ALUMNADO DE 6º LÉMBRANOS COMO DEBEMOS DE COIDAR O NOSO ENTORNO | ||
O alumnado de 6º preparou uns slogans pera lembrarnos o coidado do noso entorno e en especial do noso patio. O resultado dos seus traballos podemos velos na seguinte presentación: | ||
Noraboa ao alumnado do 3º ciclo polo seu labor na contribución á limpeza do cole e... lembrade como di o último slogan: "MANTER LIMPO O COLEXIO É BO PARA TODOS! AXÚDANOS!!!! |
CAMPAÑA DE RECICLAXE SOLIDARIA
Queremos informarvos dunha iniciativa que foi proposta pola ANPA á dirección do centro: unha CAMPAÑA DE RECICLAXE SOLIDARIA que é unha Campaña de recollida de Tapóns Solidarios, que leva a cabo AS.PA.NE.MI (Asociación de pais de nenos con minusvalía) en colaboración con AEFAT (Asociación Española Familia Ataxia-Talangiectasia). A ataxia é unha enfermidade dexenerativa do sistema nervioso, que en Galicia sofren so 3 persoas, entre as que se encontra Sonia, unha nena de 10 anos, de Ferrol. Para as 12 persoas con esta doenza en toda España non existe ningún tipo de tratamento. AEFAT está levando a cabo unha campaña de reciclaxe solidaria, para recadar fondos e destinalos á investigación da ataxia-talangiectasia, consistente na reciclaxe de tapóns de plástico procedentes de todo tipo de envases de uso doméstico (refrescos, zumes, leite, deterxentes, suavizantes, etc...). Os tapóns serán logo recollidos por empresas de reciclado de plástico que abonan a AEFAT 200 € por tonelada recollida. Para a recollida no centro colocaremos unha caixa á entrada do colexio e na oficina da ANPA para que poidades deixar os tapóns que recollades (a ser posible que veñan limpos, caso de zumes ou lácteos, pois poderían dar mal olor mentres se xunta unha cantidade suficiente para a súa recollida). Máis datos pinchando en http://www.aitzina.org/reciclaje-solidario/ ou no blog da ANPA, onde atoparedes fotos e enlaces con máis información. |
||
A PATRULLA VERDE COIDA O NOSO PATIO
O ALUMNADO DO 3º CICLO FORMA A PATRULLA VERDE | ||
Este ano propuxémonos ter un colexio máis limpo, e decidimos empezar polo patio. Para conseguilo estamos a facer o seguinte:
CALES SON AS NOSAS FUNCIÓNS? A patrulla está formada por catro alumnos que van rotando. Todas as clases de 5º e 6º participan. Somos moi visibles. Os nosos chalecos son amarelos. Levamos luvas para protexer as mans, bolsa para recoller e caderno para apuntar todo o que vemos: nenos que tiran cousas ao chan, papeleiras cheas ou rotas....
Ao terminar o recreo imos polas clases a ensinar o que recollemos e avisar aos titores dos nenos que tiraron cousas. PEDÍMOSVOS QUE COLABOREDES, MANTER O COLEXIO LIMPO DEPENDE DE TODOS! |
||
HÁBITOS SAUDABLES
HÁBITOS SAUDABLES | ||||
Á ESCOLA, NON SEN ALMORZAR | O XOVES COMEMOS FROITA | |||
O XOVES FROITA E O VENRES... BOCATA!!!
O XOVES, COMEMOS FROITA! |
||||
|
Tras a boa acollida nos cursos anteriores da idea de comer froita os xoves, REPETIREMOS! Podemos traer a escola calquera tipo de froita para comer na hora do recreo. Se queredes , incluso pódese traer calquera día porque xa sabedes, como falamos na clase, que é moi bo alimento, aporta vitaminas e fai que todo o corpo funcione coma un reloxo. PERO ISTO NON QUEDA AQUÍ! Na nosa liña de traballar desde a infancia os hábitos alimenticios saudables propoñemos agora outra idea:
|
|||
OS VENRES BOCATA!!! Pode ser de xamón, de queixo, de salchichón, de chourizo, de plátano, de marmelo, de chocolate... do que che guste! Pero hai que variar, cada día dunha cousa distinta para que a alimentación sexa o máis variada posible. E para comezar con este sano costume, este primeiro venres 19 de outubro, a ANPA vai repartir bocatas a todo o alumnado do centro. |
||||
|
||||
LEMBRA: O XOVES FROITA E O VENRES BOCATA!!! | ||||