RECIBIMOS A VISITA DO CENTRO DE ATENCIÓN A PERSONAS CON DISCAPACIDADE FÍSICA |
||
Durante as charlas que o CAMF (Centro de Atención a Personas con discapacidade Física) para o alumnado de 5º e 6º intentamos achegarnos ao mundo da discapacidade. Hai moitos tipos de discapacidade e eles centráronse na discapacidade física: problemas de mobilidade e dependencia dos demais. O persoal do Centro informounos cómo poderiamos evitar chegar á situación de discapacidade física. Cousas como saltar ondas, tirarse de cabeza á piscina ou na praia, andar sen casco nas bicis, non levar posto o cinturón de seguridade... son situacións que nos poñen en risco e se somos conscientes destes perigos debemos tratar de evitalos . Tamén nos falaron direfentes persoas afectadas, da súa experiencia, de cómo chegaron a esa situación e de como nós, eliminando as barreiras arquitectónicas facilitariamos que eles levaran unha vida o máis normal posible. Transmitíronnos a idea de que a felicidade non se acaba cunha enfermidade ou cunha discapacidade, porque poden facer moitas cousas das que facemos nós, algunha delas coa nosa axuda, e mesmo outras que ninguén de nós e quen de facer coma pintar cadros coa boca ou navegar sen poder mover as pernas. A nosa obriga e verlos e aceptalos como son e, se nola piden, darlles esa axuda que demandan. |
||