O ALUMNADO DE PRIMEIRO ASISTE NA NOSA BIBLIOTECA A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS DA EDITORIAL KALANDRAKA | ||
Alex é músico e toca moi ben o acordeón. Patricia é a encargada de cantar e de contar os contos. Ámbolos dous fixeron unha animación con tres contos: "O mago de goma", "A familia C" e "Pancho". - Foi moi divertido porque escoitamos e cantamos - comentaron os nenos. - Foi unha viaxe fantástica chea de música e palabras - dixeron as profes. Agradecemos á editorial Kalandraka que nos fixese disfrutar desta maneira tan divertida de ver os contos! |