O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA COMEZA A SÚA FORMACIÓN DAS TIC | ||
Con motivo da nosa integración na rede Abalar, o alumnado de 5º de primaria comezou a súa formación para afrontar as Tecnoloxías de Información e Comunicación, en concreto sobre os perigos da navegación por internet. O alumnado foi informado de cuestións tan importantes como a suplantación de identidade ou o ciberacoso, dándolles unha serie de consellos para que a súa navegación por internet sexa segura. Esta formación foi financiada pola Consellería de Educación e levada a cabo polo Colexio Profesional de Enxeñaría de Galicia (CPEIG) formando parte do PLAN NAVEGA CON RUMBO. Premendo na imaxe atopamos máis información sobre o Plan Navega con Rumbo con documentos informativos para as familias e para o alumnado e acceso a actividades interactivas. |
||