Campañas

COIDAMOS O NOSO PATIO

Lixoman propuso este curso para seguir respetando as catro erres ( Reducir e Reciclar, Reutilizar e Recuperar) facer quendas para a limpeza dos patios pois é unha actividade de coidado do medio ambiente e de respeto polo espacio común que disfrutamos.

O titor lembra ao seu alumnado antes do recreo que lles toca a eles ese día a limpeza do patio e, unha vez que toca o timbre cóllense os materiais precisos (luvas e bolsas de distintas cores para reciclar) e por pequenos grupos recollen selectivamente durante 5 minutos os distintos tipos de lixo ( se atopan cristais, obxectos punzantes ou outro tipo de lixo "especial" non deben tocalo e avisarán ao mestre encargado). O mestre que os acompaña supervisa o que van facendo os axudantes de Lixoman e unha vez rematen depositan as bolsas pechadas nos correspondentes contenedores. Se algún día o señor do tempo acerta e chove, esta actividade formativa non se levará a cabo e seguirase o calendario acordado.

E lembrade as sabias palabras de Lixoman: "Non é máis limpo o que máis limpa, senón o que menos enlixa"!

ZONAS VERDES

Este curso e máis o pasado, Lixoman botounos unha man para mellorar as zonas verdes do noso cole, facilitándonos as ferramentas adecuadas e pedindo axuda ao Concello de Ribeira (con aportacións), asi como a asociación Ambar.

Os nosos xardíns melloraron notablemente ca plantación de novas plantas e flores pero non debemos esquecer que para que as zonas verdes se manteñan no seu esplendor deben ter uns coidados continuos. O noso alumnado ofrécese voluntario para o seu mantemento e podemos dicir que Lixoman está encantado ca súa colaboración.

PATRULLAS DE LIXOMAN

PATRULLAS DE LIXOMAN

 

O Equipo de Medio Ambiente  do CEIP O Grupo decidíu reclutar a todos aqueles alumnos/as que quixeran formar parte das patrullas de Lixoman. Éstas estarían formadas por dous ou tres nenos que uniformados cun chaleco de vixiantes estarían encargados de vixiar a todos aqueles alumnos/as que botan lixo nos patios de recreo  e tamén  os que utilizan as papeleiras ou contenedores (éstes  son anotados na libreta de Lixoman pois así está informado en todo momento; tamén se lle pode comentar oao titor en vez de anotalo no caso dos máis pequenos).  Cada clase vixiará durante unha semana enteira e despois  pasará os chalecos ao seguinte grupo.  

E lembrade: non é máis limpo o que máis limpa, senon o que menos enlixa!

CANCIÓN DE LIXOMAN

A MARCHA DE LIXOMAN!

ALUMN@S DE 3º A e B VISITAN O XARDIN ARBORETUM CAIXA GALICIA

 

 

 

O luns 11 de maio os alumnos de 3º e mestres do CEIP O Grupo tomaron o autobús ás 9:00 da mañá con destino a Vigo, ao Xardín Arboretum Caixa Galicia de Vigo.

Durante toda a visita didáctica estivemos acompañados por dous guías que nos explicaban, ensinaban, axudaban e resolvían dúbidas. Segundo nos contaron a orixe deste xardín bótánico atopa as súas raíces na doazón dunha casa e os xardíns anexos dunha familia adiñeirada de Vigo, D. Francisco Sales Covelo, que polas súas posibilidades viaxaban por todo o mundo aficionándose a traer plantas de diversos países. Trala morte e doazón desta familia continuouse incrementando o patrimonio ata hoxe.

Fixemos unha ruta camiñando, disfrutando das cores, olores e explicacións dos nosos guías, Teoría e tamén práctica, fixemos un obradoiro para plantar allos.

Lixomán encomendounos encarecidamente que prestásemos atención, os obxectivos eran: concienciarnos da necesidade de conservación e respecto do medio ambiente, dar a coñecer o patrimonio natural e as labores de xardinería e conservación de especies.   

Clica para ver a galeria de imaxes 

@S ALUMN@ DE 4º B VISITARON A TVG E O MUSEO LUÍS IGLESIAS DA USC

No marco das actividades programadas no Proxecto de Actividades de Normalización e en estreita colaboración co equipo de Actividades Extraescolares, os alumnos de 3º B do noso cole visitaron as instalacións da Televisión de Galicia en San Marcos (Santiago de Compostela). E o Museo de Historia Natural Luís Iglesias da USC.

PATRULLAS VIXIANCIA

“PATRULLAS DE LIXOMAN” Antes de nada agradece-la vosa participación nesta actividade Este ano hai unha serie de cambios nas patrullas de Lixoman.Basicamente quedaría deste xeito:

·        Educación Infantil

3 chalecos para infantil, pero sen libreta de anotacións. Os comentarios sobre quen tira lixo fora do contenedor sería de forma oral a titora ou os compañeiros con garda de patio.·         

Educación Primaria.3 chalecos 1º ciclo máis libreta.2 chalecos 2º ciclo máis libreta.2 chalecos 3º ciclo máis libreta.Cada clase vixiará durante unha semana enteira. A parella de vixilancia pódese formar por sorteo, voluntariado...como vos pareza pero buscando a máxima participación posible. Recomendamos que anotedes na libreta a clase que usa esa semana e que revisedes se hai xente que está continuamente anotada e que dentro das vosas posibilidades fagades ver que estas actitudes non favorecen nin a eles nin aos demais nenos e nenas do centro ,xa que o patio é unha zona que pertence a todos e todas e é labor de todos mantelo limpo.Xa sabedes, “non é máis limpo o que máis limpa senón o que menos enlixa “. Ó longo do curso iremos facilitando máis información sobre as diferentes propostas que poidan xurdir dende o Grupo de Medio Ambiente.Agradecemos de novo a vosa colaboración nesta actividade. 

 

Distribuir contido