PATRULLAS VIXIANCIA

“PATRULLAS DE LIXOMAN” Antes de nada agradece-la vosa participación nesta actividade Este ano hai unha serie de cambios nas patrullas de Lixoman.Basicamente quedaría deste xeito:

·        Educación Infantil

3 chalecos para infantil, pero sen libreta de anotacións. Os comentarios sobre quen tira lixo fora do contenedor sería de forma oral a titora ou os compañeiros con garda de patio.·         

Educación Primaria.3 chalecos 1º ciclo máis libreta.2 chalecos 2º ciclo máis libreta.2 chalecos 3º ciclo máis libreta.Cada clase vixiará durante unha semana enteira. A parella de vixilancia pódese formar por sorteo, voluntariado...como vos pareza pero buscando a máxima participación posible. Recomendamos que anotedes na libreta a clase que usa esa semana e que revisedes se hai xente que está continuamente anotada e que dentro das vosas posibilidades fagades ver que estas actitudes non favorecen nin a eles nin aos demais nenos e nenas do centro ,xa que o patio é unha zona que pertence a todos e todas e é labor de todos mantelo limpo.Xa sabedes, “non é máis limpo o que máis limpa senón o que menos enlixa “. Ó longo do curso iremos facilitando máis información sobre as diferentes propostas que poidan xurdir dende o Grupo de Medio Ambiente.Agradecemos de novo a vosa colaboración nesta actividade.