Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
CONMEMORACIÓNS
CALENDARIO SOLIDARIO 23-24
Os nosos nenos e nenas, coas súas mestras e mestres estiveron a debuxar e crear con ilusión estes fermosos faros, que queren ser unha luz de esperanza e solidariedade con aqueles outros iguais que precisan ser atendidos e entendidas .
Con eles deseñouse este calendario solidario, para recadar fondos para a asociación sen ánimo de lucro "Ágape".
Precisamos a vosa colaboración tamén. Moitas grazas
DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR 22-23
No noso cole quixemos sumarnos a esta loita contra o acoso escolar.
A través da lectura de contos adaptados á idade dos nenos e nenas, estivemos a reflexionar sobre como nos sentimos, sobre como se senten os demais. Aprendemos a ser empáticos, a poñernos no lugar dos outros. Nas fotos que están a continuación se pode ver como participan e desfrutan os nosos alumnos do terceiro ciclo. Dámoslle as gracias á profe Ana Bermúdez pola súa iniciativa e implicación.
SEMANA DO LIBRO 22-23
AO LONGO DE TODA A SEMANA LEVAMOS A CABO DISTINTAS DINÁMICAS E ACTIVIDADES PARA FOMENTAR E GOZAR COA LECTURA, OS LIBROS, A ARTE,...
FIXEMOS MARCAPÁXINAS CREATIVOS, OS MAIORES FÓRON LERLLES CONTOS AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS MÁIS NOVOS, TIVEMOS CITA A CEGAS CUN LIBRO, VIÑERON AS FAMILIAS A LERNOS CONTOS,FIXEMOS CONCURSO DE RELATOS,VEU PEPA A CHIMPARSE CON NÓS, VISITOUNOS O ESCRITOR ANXO MOURE,...
QUE BEN O PASAMOS DESENVOLVENDO A NOSA CREATIVIDADE.
Día dos dereitos do consumidor
O 15 de marzo é o día mundial dos dereitos do consumidor.
O noso centro sumouse a traballar un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Con tal motivo o alumnado e as mestras e mestres, fixeron un estudo da información que aparece nas etiquetas dos alimentos que traen para merendar no recreo.
A principal análise que fixeron foi analizar os datos que aparecían, e logo centráronse na cantidade de azucre que conteñen.
O cálculo que realizaron desvelou a enorme cantidade de azucre que conteñen a maioría dos produtos que consomen a diario e que aparentan "saudables".
8M 22-23
8M
Neste día tan importante, quixemos poñer en valor a forza, coraxe e empuxe que as nosas mulleres do mar tiveron e teñen. Visitáronnos mulleres pioneiras no eido das profesións do mar: unha bateeira, Esther, unhas percebeiras en activo, Sami e Ana ; unhas pioneiras xa xubiladas: percebeira , Marisa, redeira, Manolita, e conserveira, Edita, que son unha representación de moitas outras mulleres valentes, e que viñeron falarnos do seu labor e transmitir esa mensaxe de valentía, loita e igualdade ao noso alumnado.
Fixemos un agasallo para as mulleres das nosas familias, con unha mensaxe de agradecemento e un caravel.
Logo cantamos todos e todas ao unísono a canción "Tempestades de sal", que coa axuda dos nosos mestres e mestras aprendemos e ensaiamos ao longo destes días.
Dia da diversidade 22-23
O 3 de decembro, todos e todas celebramos a festa da diversidade. No colexio e tamén indo a Boiro, a participar coa Asociación Amicos, no seu super festival Festiritititi 2022.
Aprendemos que todos e todas temos cualidades polas que sentirnos orgullosos e orgullosas do que somos e do que somos capaces de facer. Que nada nos poña límites, que cada un de nós poda desenvolver as cualidades que nos fan sentir ben, felices e integrados e integradas plenamente na nosa comunidade educativa.
Os nosos reporteiros e reporteiras entrevistaron na nosa emisora RAdioTOdiño a Álex Vidal, o noso campión paralímpico, que é un exemplo de tesón, loita, superación,...
Premede na imaxe para escoitalo.
Por iso, que ninguén poña en dúbida, que podemos voar tan alto como nos propoñamos.
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE -7 ABRIL 2022
Estimadas familias:
Informarlles que estamos ensaiando unha coreografía da canción "Terra" (by Tanxugueiras) para bailar con todo o alumnado o vindeiro xoves 7 de abril , Día Mundial da Saúde.
A coreografía foi creada por dúas nenas do colexio de Frións, así que, en colaboración con este colexio veciño, está programado que un grupo de alumnos e alumnas saia bailar á praza de España (sempre e cando o tempo e as circunstancias o permitan).
Esta proposta enmárcase dentro do proxecto "Móvete+", do Plan Proxecta da Consellería de Educación.
Premer na imaxe para ver a coreografía, e animamos a que a bailen en familia, cos amigos e amigas, coa veciñanza,...
Vede que ven o pasamos todos xuntos na praza de España
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »