As nosas makinacións

Experimentamos, observamos, construímos,...

LEOTODIÑO LAB. CREATECA

O noso centro é un fervedoiro de ideas, por iso, neste espazo creativo, a nosa createca LeoTodiñoLab, as mentes inquedas poderán "makinar".

Argallando, propoñendo e compartindo nun ambiente de amable convivencia, inclusión e igualdade.

Que xurdirá do traballo en equipo?

Preme na imaxe para saber máis!!!!!

LEOTODIÑO LAB

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

5 de Xuño, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, ven a sacar a túa foto con "Sen Problema".

Preme na imaxe para ver as nosas!!!!!

Sen problema

DÍA DA FAMILIA

Preme na imaxe para ver máis!!!!

día da familia

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

Día Mundial dos dereitos do consumidor

Preme na imaxe para ver a búsqueda que fixo todo o alumnado para atopar a imaxe segreda!!!!

E para saber máis sobre a actividade...preme no seguinte enlace:

https://youtu.be/Pvxike1JZnU

O CEIP O Grupo no marisqueo.

Hoxe pola mañá tivemos a sorte de poder atender a aprender como se marisquea na nosa ría da man de tres mariscadoras da Pobra do Caramiñal.

alumnado mariscando

 

 

Día dos dereitos do consumidor

Día Mundial dos dereitos do consumidor O 15 de marzo é o día mundial dos dereitos do consumidor.

O noso centro sumouse a traballar un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

Obxectivos Desenvolvemento Sustentable Cartaz Obxectivos Desenvolvemento Sostible

Con tal motivo o alumnado e as mestras e mestres, fixeron un estudo da información que aparece nas etiquetas dos alimentos que traen para merendar no recreo.

A principal análise que fixeron foi analizar os datos que aparecían, e logo centráronse na cantidade de azucre que conteñen.

O cálculo que realizaron desvelou a enorme cantidade de azucre que conteñen a maioría dos produtos que consomen a diario e que aparentan "saudables".

Imaxes cantidade azucre medido

Taller Axenda Urbana 2023

O alumnado de sexto de Primaria, tivo a primicia de poder inaugurar o  arranque da Axenda Urbana do Concello de Ribeira, xunto co noso alcalde.   Taller Axenda Urbana 2023-alc Cartaz Axenda Urbana Ribeira 2023 Cartaz Axenda Urbana Ribeira 2023

Desenvolveuse un obradoiro, onde os nenos e nenas puxemos en valor a cidade, e analizamos distintos aspectos, para logo facer as suxerencias axeitadas para conseguir que o noso entorno sexa cada vez máis sostible e humanizado.

O noso patrimonio é auga 21-22

 muiños,    lavadoiros, pontes, fontes,...

Fixádevos canto investigamos, e canto aprendemos do patrimonio que hai no noso Concello. Premede nas imaxes, e veredes canto temos para pór en valor e coidarmos entre todos e todas.

A ponte autoportante de Da Vinci

A ponte autoportante de Da Vinci

Este ano fomos matemáticos e matemáticas, exploramos a contorna, exploramos as leis da Física, aprendemos moito e tamén nos divertimos todos xuntos e xuntas!!

Distribuir contido