Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Actividades
FELICITACIÓN NADAL 23-24
A nosa rapazada estivo a deseñar postais ben bonitas, para desexarnos un moi Bo Nadal. Moitas grazas a todos e todas.
Velaquí temos as gañadoras. Parabéns!!!
Fin de curso 22-23
Arrancamos este último día do curso para desexarlle moi boa sorte ao noso alumnado de sexto, que logo de compartir todos estes anos con nós no colexio, chega ao seu fin a etapa de Primaria.
Agardamos que o seu paso polo colexio lles fose proveitoso e que lle servira para enriquecer mente e alma, e facer de todos e todas mozos e mozas por un futuro mellor, máis xusto e solidario. Parabéns polo voso traballo!!
Grazas á nosa marabillosa Anpa Santa Uxía, gozamos do grupo de baile e música tradicinal "Rosalía de Castro de Padrón", que o custeou para todo o alumnado . Escoitamos, bailamos, aprendemos a tocar o bombo e as pandeiretas e mesmo a bailar.
Tivemos que refrescarnos,...a mangueirazo e aspersores!!!
E..., logo a LAMBONAR!!!
Premiados Letras Galegas do Concello 2023
Aos nosos gañadores e gañadoras no concurso proposto por Normalización do concello de Ribeira, para conmemorar as Nosas Letras Galegas 2023: Pedro, Nicolás, Álex, Mauro, Leo, Sabela e Carla.
E...a seguir escribindo historias e contos na nosa lingua!
LETRAS GALEGAS 22-23
Este ano estivemos de romaría para conmemorar as nosas Letras. Versionamos e cantamos as poesías da nosa ilustre Rosalía, tocamos as pandeiretas e cantamos cantigas tradicionais, bailamos todos e todas xuntas a Muiñeira Global,e,...para rematar fomos polos distintos "postos" da nosa festa e xogamos, divertímonos e aprendemos sobre Francisco Fernández del Riego e outros autores anteriores, estivemos cosendo redes, debuxando, facendo letering, pescando peixiños, facendo nós,... Vai xornada máis fantástica!!!!
CÓNTOCHE UN TRAXE
O alumando de cuarto de primaria,fomos ao Museo Municipal para asistir a unha actividade divulgativa do noso traxe tradicional galego, combinando saberes, poesía, música,..., da man da cantareira de Leilía. Entre canto e canto, panderetada e panderetada, vestíronnos a todos e a todas e aprendemos as pezas do noso traxe tradicional galego.