Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Actividades
Día de Rosalía e da Lingua Materna 2023
No día de Rosalía, celebramos todos e todas xuntos a grandeza da nosa lingua materna, musicando os seus poemas.
ENTROIDO 22-23
"Moita troula, moito disfraz, moita festa,... E tamén moita rosca e orella!!!
Premede para ver o vídeo
E se queredes vernos cos nosos disfraces con máis calma, premede para ver a nosa Galería de Imaxes.
25N 22-23
Neste mar de violencia, que é unha lacra para a nosa sociedade, o noso alumnado e os mestres e mestras estamos a desenvolver actividades e dinámicas que deixen pouso, para que todos e todas coma cidadáns contribuamos a erradicala da nosa comunidade educativa e da nosa cidade.
ALBORADA 21-22
Un ano máis queremos presentarvos a nosa revista Alborada, onde podedes gozar en familia e cos amigos e amigas un chisquiño do que estivemos a aprender ao longo deste curso escolar 21-22.
LETRAS GALEGAS 21-22
Un ano máis, celebramos durante toda a semana as nosas letras, para gozar da nosa lingua, para aprender sobre o homenaxeado este ano Florencio Delgado Gurriarán. Aprendemos da súa vida, dos seus poemas, da súa traxectoria lingüística.
Parabéns, ao nosos e nosas gañadores e gañadoras!!
Gozamos das nosas cancións populares, cantando e bailando
E tamén o pasamos en grande cos xogos xigantes populares, cooperativos,...
Rosalía de Castro 21-22
Candeloria 21-22
Este ano quixemos celebrar o día da Candeloria, facendo creacións artísticas de paxariños en sintonía co poema de Florencio Delgado Gurriarán, escritor que se ha homenaxear na Semana das letras galegas 2022. Desfrutamos creando, escribindo e recitando.
Os nosos nenos e nenas de Infantil F, deleitáronnos co recitado do poema "Andan os paxaros",que gravaron na nosa emisora RadioTodiño. Preme na imaxe para escoitalos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »