Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Saídas
PARQUE DE SAN ROQUE
Este mes de Abril os nenos e nenas de 4 e 5 anos fomos de visita ó Parque de San Roque.
Alí aprendemos moitas cousas: como é un dolmen,
para que se utilizaba, que é un menhir, unha mamoa,
os castros....
Ademais coa axuda dunha monitora puidemos ver e tocar
petroglifos, fixemos puzzles, tres en raia....
Cando rematamos a visita aínda deunos tempo para xogar
libremente polo parque e disfrutamos mogollón!!!!!
Preme no Dolmen de Axeitos para ver as fotos
O PATIÑO FEO.
Amiguiños e amiguiñas, o martes 1 de marzo os alumnos/as de Educación Infantil visitamos en Santiago o Colexio La Salle para asistir á obra teatral O patiño feo.
Disfrutamos moito da viaxe en autobús, da obra e ademais aprendemos que temos que respetar aos demais, a pesar de que nos diferencien algunhas cousas coma a nosa cor, a procedencia....
Así que mirade que ben o pasamos premendo no cisne para ver as imaxes.
VISITA Á LONXA E Á PLAZA DE ABASTOS DE RIBEIRA
Seguindo co noso Proxecto do MAR deste curso, o xoves día 20 de Maio os rapaces e rapazas das clases de 5 anos A e 5 anos B do noso cole fomos primeiro pola mañá de visita á Lonxa de Ribeira. Alí aprendemos que se fai co peixe unha vez chega do mar nos barcos a porto: primeiro se pesa e se subasta ós compradores para despois ser repartido nos camións frigoríficos por toda España. Cando rematamos de visita a lonxa decidimos ver qué peixe podiamos mercar nas pescaderías da praza de abastos de Ribeira: polbos, sardiñas, xoubas, pintos, xulias,melgachos,...
Que cantidade de peixe había nas pescaderías e que boa pinta tiña!
Clica na cámara de fotos para acceder á galería de imaxes