Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Móvete +
NO LUGAR DO OUTRO-INTEGRAESCOLA 22-23
INTEGRAESCOLA, PROGRAMA EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN AMICOS,
EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN AMICOS, OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS PUDERON EXPERIMENTAR COMO SE SENTEN, COMUNICAN AS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. APRENDERON OS DIFERENTES TIPOS DE DISCAPACIDADES, COMO MANEXARSE, COMO PERCIBIR, COMO MOBERSE EN CADEIRA DE RODAS, COMO PERCIBEN OS INVIDENTES, OS QUE NON PODEN FALAR,...
PERCATÁRONSE DAS DIFICULTADES QUE HAI NO SEU DÍA A DÍA, E DESENVOLVERON ESA EMPATÍA E TOLERANCIA NECESARIA PARA CON ESE COLECTIVO . GRAZAS POIS A ESTA ASOCIACIÓN POR ENSINAR E LOITAR POR UNHA INCLUSIÓN RESPECTUOSA DE TODAS AS PERSOAS.
Dia da diversidade 22-23
O 3 de decembro, todos e todas celebramos a festa da diversidade. No colexio e tamén indo a Boiro, a participar coa Asociación Amicos, no seu super festival Festiritititi 2022.
Aprendemos que todos e todas temos cualidades polas que sentirnos orgullosos e orgullosas do que somos e do que somos capaces de facer. Que nada nos poña límites, que cada un de nós poda desenvolver as cualidades que nos fan sentir ben, felices e integrados e integradas plenamente na nosa comunidade educativa.
Os nosos reporteiros e reporteiras entrevistaron na nosa emisora RAdioTOdiño a Álex Vidal, o noso campión paralímpico, que é un exemplo de tesón, loita, superación,...
Premede na imaxe para escoitalo.
Por iso, que ninguén poña en dúbida, que podemos voar tan alto como nos propoñamos.
Andainas a San Roque 21-22
Este curso gozamos da natureza, do aire libre, do noso patrimonio material e inmaterial. Fixemos moito exercicio físico, e divertímonos moito todos xuntos, no parque de San Roque.
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE -7 ABRIL 2022
Estimadas familias:
Informarlles que estamos ensaiando unha coreografía da canción "Terra" (by Tanxugueiras) para bailar con todo o alumnado o vindeiro xoves 7 de abril , Día Mundial da Saúde.
A coreografía foi creada por dúas nenas do colexio de Frións, así que, en colaboración con este colexio veciño, está programado que un grupo de alumnos e alumnas saia bailar á praza de España (sempre e cando o tempo e as circunstancias o permitan).
Esta proposta enmárcase dentro do proxecto "Móvete+", do Plan Proxecta da Consellería de Educación.
Premer na imaxe para ver a coreografía, e animamos a que a bailen en familia, cos amigos e amigas, coa veciñanza,...
Vede que ven o pasamos todos xuntos na praza de España
Móvete + Memoria Resumo20-21
Este curso movémonos + e cada día mellor.
Gozamos coa música, para expresarnos artísticamente, para compartir cos amigos e amigas, para desfrutar con diversas dinámicas e propostas,
para bailar libremente, para facer coreografías dirixidas, para facer retos,...
Preme para ver un chisco do que fixemos para mellorar a nosa saúde emocional e física.