Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Nadal
FELICITACIÓN NADAL 23-24
A nosa rapazada estivo a deseñar postais ben bonitas, para desexarnos un moi Bo Nadal. Moitas grazas a todos e todas.
Velaquí temos as gañadoras. Parabéns!!!
ESPECTÁCULO DE NADAL 23-24
A nosa ANPA Santa Uxía, unha vez máis convida a todo o noso alumnado a gozar dun espectáculo de música, humor e teatro.
Dámoslle pois unhas moi grandes grazas en nome de toda a comunidade educativa por facer que toda a nosa rapazada poda ter desfrute da cultura e pasar un anaco de diversión.
NADAL 22-23
Este ano pasámolo moi ben, nestas datas tan bonitas e cheas de ledicia para todos e todas.
Empezamos por ter a sorte de desfrutar dunha actuación fantástica grazas á nosa marabillosa ANPA Santa Uxía. Moitas Grazas!!
O espectáculo foi "Lambetadas", da compañía Talía.
Nadal 21-22
Este trimestre os nosos cativos e cativos estiveron a traballar a reo cos seus mestres e mestras para solidarizarse con dúas causas moi importantes:
-recadar fondos para a enfermidade de Dent, colaborando co calendario solidario,
-e o empaquetado agarimoso co papel deseñado por eles e elas, dos alimentos que trouxeron para compartir coas familias que nos necesitan, nestas datas, se cabe, aínda máis.
Neste vídeo, queren amosarvos un chisco do que fixeron, e tamén desexarvos un moi Bo Nadal. Premede para velo e descargalo.
A nosa ANPA SANTA UXÍA, ten o pracer de convidar a todos os nenos e nenas do colexio a gozar dun espectáculo de teatro, para escachar coa risa:
"Bon Apetit".
NADAL 20-21
Benqueridas familias, os nosos nenos e nenas queren desexarvos un moi Bo Nadal e que o vindeiro Aninovo 2021 nos traia de volta a normalidade que tanto necesitamos.
Grazas á nosa Anpa Santa Uxía, puidemos gozar de 3 espectaculares actuacións.
NADAL 2017
OS NENOS E NENAS DO COLE QUEREMOS DESEXAR ÁS NOSAS FAMILIAS, VECIÑOS E AMIGOS UN MOI BO NADAL, CHEO DE LEDICIA E SAÚDE.
OLLADE TAMÉN QUE BEN O PASAMOS TODOS XUNTOS NO COLE CANTÁNDOLLE AO NENO, XOSÉ E MARÍA NO PORTAL
TAMÉN VIÑERON VISITARNOS AS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE. ESCOITARON OS NOSOS DESEXOS E AGASALLÁRONNOS CON CARAMELOS E PIRULETAS.
PREME NA IMAXE PARA VER.... CANTAS EMOCIÓNS!!!!!
TAMÉN TIVEMOS UN ESTUPENDO CONCERTO CON "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA" PARA TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE GRAZAS Á NOSA FANTÁSTICA ANPA SANTA UXÍA.
MOITAS GRAZAS.PASÁMOLO MOI BEN!!!!!!
PREMEDE NA FOTO PARA VELO.
NADAL 16-17
NENOS E NENAS, FAMILIAS E COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS:
DENDE O COLE QUEREMOS DESEXARVOS UN MOI BO NADAL.
QUE NO 2017 CONSTRUAMOS ENTRE TODOS E TODAS UNHA NOVA REALIDADE TODOS XUNTOS.
PREME NA IMAXE PARA VER A FELICITACIÓN.
ESTE NADAL TIVEMOS:
-PANXOLIÑAS NO PORTAL
-VISITA ÁS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE
-MOITA FESTA A CARGO DO HOME ORQUESTRA, POR CORTESÍA DA NOSA ANPA
E MOITO POLVORÓN
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »