Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Que temos
O noso centro
Botando unha ollada a este vídeo, poderedes ver o noso cole por dentro, e tamén en que proxectos estamos a traballar e participar.
PROXECTOS NOS QUE ESTAMOS A TRABALLAR . CURSO 2019-2020
Este curso 2019-2020 estamos a participar en distintos Programas e Proxectos coa fin de mellorar a calidade do ensino e a convivencia no noso centro, e ofrecer ao noso alumnado unha oferta máis ampla que dea resposta aos seus intereses e ás intelixencias múltiples.
Queremos contribuír a esa formacións integral que os vai capacitar para a inserción laboral e social nun futuro, non moi lonxano, e que se presenta con novos retos .
ISTO É O QUE PODES ATOPAR
O Ceip o Grupo fundouse no 1949. Desde entón viuse influenciado por moitos cambios e melloras. Describimos brevemente algunha das súas características máis importantes se non o coñeces.
ALUMNADO: Centro tipo B, Doble liña en Infantil e en Primaria. (6 unidades Infantil + 12 unidades Primaria + Unidades de Educación Especial). Aulas completas, 25 alumnos por aula, sen contabilizar repetidores.
PROFESORADO: 34 mestres/as. 18 Titores/as, 2 especialistas de E.F., 1 especialista E. Músical, 3 especialistas de Lingua Estranxeira. 1 Relixión Católica, 1 Relixión Evanxelista. 1 apoio Infantil, 1 Orientador, 5 Especialistas de PT / Audición e Linguaxe.
HORARIO: Dispoñemos de Xornada Continuada desde o curso 2007-08. Entrada ás 09:00 am e saída ás 14:00.
SERVICIO DE COMEDOR: Dispoñemos de comedor xestionado pola ANPA, a través dun servicio de Catering da empresa Baiuca, que da de comer a uns 30 nenos/as en horario de 2:00 horas ás 4:00 horas da tarde.
SERVICIO MADRUGADORES
HORARIO DE ATENCIÓN A PAIS: Tódolos Martes de 17:00 a 18:00, Concertar cita previa co titor/a do alumno/a para que poidan compilar información de tódolos mestres especialistas implicados e para poder distribuir as citas dos papás ao longo do horario de titoría.
TRANSPORTE ESCOLAR: Ao recoller a alumnado do nucleo urbán non posúe transporte escolar.
INSTALACIÓNS:
-
Edificio Principal: Dirección, Conserxería, aulas de 3º,4º,5º e 6º de Primaria.
-
Aula de Educación Musical.
- AULAS ABALAR E EDIXGAL EN 5º E 6º CURSOS DE PRIMARIA.
GRUPOS DE TRABALLO DO PROFESORADO NESTE CURSO:
-
Equipo de Medioambiente: Coordinador Manuel Rivas Ageitos.
-
Equipo de Biblioteca: Coordinador Josefa Pazos Pousol.
-
Equipo de Novas Tecnoloxías: Coordinador Patricia García López.
-
Equipo de Dinamización Lingüística: Coordinadora Eva Mª Fernández Martínez .
-
Equipo de actividades extraescolares: Coordinadora David Novo Martínez.
-
PFPP "Creando espazos comúns"coordinado por Ángeles Castro e Manuel Sobral.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:
-
Biblioteca: Tarde: luns, mércores e xoves 16:00 a 17:30. Martes: 16:00-17:00. Mañáns de luns a Xoves na hora do recreo.
-
Xadrez. Concello de Ribeira.
-
Actividade Física e Deportiva: Baloncesto, Fútbol Sala, Aeróbic. ANPA.
-
Educación Vial. Concello e ANPA.
-
Video: Mestres de garda.
-
Actividades xestionadas pola ANPA: (Preme na ligazón para ver tódalas actividades que organiza a ANPA.