Novas Secretaría

Apertura prazo solicitude de fondo libros e adquisición de material escolar curso 24-25

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24-25

Está regulado pola ORDE do 7 de maio de 2024, publicada no DOG do 20 maio de 2024.

Está xa aberto o prazo para solicitar:

- Fondo Solidario de libros de texto, cursos de 3º e 4º de Primaria.

- Axudas para adquirir libros de texto, cursos 1º e 2º de Primaria.

- Axudas para material escolar,  todos os cursos de Primaria de  1º a 6º .

Prazo:

Hasta o vindeiro 21 de xuño de 2024, inclusive

Lugar de presentación:

-Preferentemente por vía electrónica, na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, formulario normalizado (ED330B-anexos I e II)

-Opcionalmente, presencialmente no centro educativo

Impresos para descargar e cumprimentar:

-Anexos I e II

Documentación:

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, cando a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde ou non sexa posible acreditar a súa composición polos medios anteriores, poderase xustificar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

h) Outra documentación.

 

 

 

Matrícula para o vindeiro curso 24-25

Aberto o prazo de admisión para o vindeiro curso 24-25.

Desde o 1 ao 20 de marzo ambos os dous inclusive, está aberto o prazo de admisión de solicitudes de alumnado para o curso 2024- 2025.

Todo o proceso está regulado polo

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Manual para as familias, para o acceso e uso da aplicación Admisión alumnado.

-Resumo da información

-Documentación a presentar

-Vacantes ofertadas

-Zona de influencia

Descargas

-Anexo II,solicitude en galego

-Anexo II, solicitue en castelán

-Enquisa Infantil 3 anos

-Opción relixiosa

-Acceso á aplicación  Admisión Alumnado da Consellería

 qr-admisionalumnado aplicación da consellería

Publicación listaxe definitiva dos admitidos no Fondo Libros e Axudas para material

Publicación listaxe definitiva dos admitidos no Fondo Libros e axudas para material escolar para o vindeiro curso 21-22

Están publicadas as listaxes definitivas dos admitidos e admitidas no programa de Fondo Libros para  3º e 4º de Primaria, para libros para 1º e 2º e tamén as axudas para material escolar para o vindeiro curso 2021-2022.

Poderán pasar a recollelos hasta o 30 de xullo ou na primeira semana de setembro.

Para consultas, pode facerse  telefonicamente, presencialmente ou na web da consellería ( aquelas familias que presentaron a solicitude en liña)

ABALAR MÓBIL

ABALAR MÓBIL

icona abalar móbil

Convidamos a todas as familias a descargar a aplicación "Abalar Móbil" nos seus teléfonos móbiles.

Esto permitirá ter acceso inmediato ás calificacións dos seus fillos e fillas, recibir comunicacións do centro, dos titores e titoras e mensaxería.

Farase desde a "App Store" ou  "Google Play", segundo os seus dispositivos.

Importante: O número de teléfono  no que se vai descargar deberá estar actualizado nos datos que figuran no centro, para que a aplicación funcione. Unha vez descargada, terá que introducirse un contrasinal, que cada usuario decidirá libremente.

Enlace para ter acceso ao manual de uso, que está na web da Consellería de Educación.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-castellano.pdf

Distribuir contido