Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
A nosa historia
Xubilación mestre Manolo Rivas 22-23
Este 21 de xuño de 2023 homenaxeamos ao noso mestre Manolo Rivas, con motivo da súa xubilación. Queremos agradecer a este superheroe do ensino, a súa contribución para loitar por un mundo máis xusto, sostible e solidario. Coa súa inmensa bondade, bo facer e cariño polos demáis, transmiteu ao noso alumnado valores importantísimos para a nosa comunidade educativa.
Daniel Gómez 2021
Daniel Gómez, o noso compás!
O compás do noso cole, desde que lle foi concedido destino coma orientador, sempre poñendo o seu bo facer ao servizo da comunidade educativa: o diálogo, a comprensión, o saber escoitar, a empatía, o sentido do humor,...
E defensor da lingua galega, ... Sempre!!!
Preme para escoitar as súas verbas e o noso agarimo. Grazas, Daniel, polas túas ensinanzas, polo pouso de sabedoría que nos deixas.
POR QUE CELEBRAMOS O 60 ANIVERSARIO?
A Comisión 60º aniversario está formada por mestre/as e nais da ANPA “Sta Uxía”, que como dio noso lema: “60 ANOS NO CORAZÓN DE RIBEIRA” quere amosar o noso recoñecemento a todo o profesorado é alumnado que,nestes anos,pasaron polas aulas e deixaron a súapegada na educación ecultura desta fermosa cidade.
Co programa de actividades a celebrar durante o ano 2009 e que remataránen febreiro de 2010, pretendemos:
- Conmemorar a fundación do CEIP “O GRUPO de Ribeira (1949-2009).
- Elaborar diversos materiais sobre a historia do centro e o concello de Ribeira.
- Contribuír a difundir cultural e turisticamente a cidade de Ribeira e a comarca do Barbanza.
- Desenvolver exposicións de documentos, material escolar, fotografías, etc., que contribúan a comprender a historia da comarca do Barbanza.
- Homenaxear á comunidade educativaque pasou polocolexio.
O noso agradecemento a todos os sectores da Comunidade escolar, Deputación Provincial e Concello de Riveira que fan posible cumprir os obxectivos que nos temos marcados.
Anxo Corbelle Magariños.
Presidente Comisión do 60 Aniversario.
BREVES APUNTAMENTOS SOBRE OS 60 ANOS DO NOSO COLE
O 17 de abril de 1941, a corporación municipal do concello de Ribeira acorda encargar o proxecto de construcción do futuro grupo escolar ao aparellador coruñés Peregrino Cotellos.
O 20 de xullo de 1944 a Corporación Municipal decide construír nuns terreos propiedade de José Pérez Fernández e herdeiros de Silverio Pereira situados na estrada Nova, hoxe Miguel Rodríguez Bautista, a nova agrupación escolar da cidade de Ribeira. Non houbo acordo cos propietarios para a súa adquisición e dado o estado en que se atopaban as distintas escolas, decidiuse tramitar a expropiación forzosa dos terreos por causa de utilidade pública.
A poxa definitiva das obras do grupo escolar, tivo lugar o 21 de xullo de 1945, adxudicándose a favor de Loreto Castellanos Miguel na cantidade de 364.546,48 ptas.
O 3 de febreiro de 1949, a Corporación Municipal acorda darlle o nome de Francisco Franco e o 2 de xullo do mesmo ano, tómase o acordo de trasladar ao alumnado das diferentes escolas públicas da cidade á nova agrupación escolar .
O 12 de febreiro do 1950 inaugúrase oficialmente, aínda que xa levaba tempo funcionando, o Grupo Escolar coa asistencia de gobernador civil e outras autoridades provinciais.