Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
BREVES APUNTAMENTOS SOBRE OS 60 ANOS DO NOSO COLE
O 17 de abril de 1941, a corporación municipal do concello de Ribeira acorda encargar o proxecto de construcción do futuro grupo escolar ao aparellador coruñés Peregrino Cotellos.
O 20 de xullo de 1944 a Corporación Municipal decide construír nuns terreos propiedade de José Pérez Fernández e herdeiros de Silverio Pereira situados na estrada Nova, hoxe Miguel Rodríguez Bautista, a nova agrupación escolar da cidade de Ribeira. Non houbo acordo cos propietarios para a súa adquisición e dado o estado en que se atopaban as distintas escolas, decidiuse tramitar a expropiación forzosa dos terreos por causa de utilidade pública.
A poxa definitiva das obras do grupo escolar, tivo lugar o 21 de xullo de 1945, adxudicándose a favor de Loreto Castellanos Miguel na cantidade de 364.546,48 ptas.
O 3 de febreiro de 1949, a Corporación Municipal acorda darlle o nome de Francisco Franco e o 2 de xullo do mesmo ano, tómase o acordo de trasladar ao alumnado das diferentes escolas públicas da cidade á nova agrupación escolar .
O 12 de febreiro do 1950 inaugúrase oficialmente, aínda que xa levaba tempo funcionando, o Grupo Escolar coa asistencia de gobernador civil e outras autoridades provinciais.