Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
Fin de curso
21 Xuño - Fin de curso
Este fin de curso tivemos a actuación de este magnífico grupo musical coa colaboración da nosa ANPA, que cofinanciou a actividade grazas ao seu bo facer e á colaboración de todas as familias socias, para todo o noso alumnado.
Premede na imaxe para ver canto gozamos!
Fixemos tamén unha xornada de xogos no patio onde o pasamos estupendamente.
Tamén vén ao colexio a presidenta de Ágape, Ana Ruth Arnoso, acompañada dunha socia da asociación e nai dun alumno do centro, a recoller a donación que o noso alumnado coas súas mestras recadou pola venda do calendario solidario. Moitas grazas a todos e todas os que colaboraron e o fixeron posible.
Fin de curso 22-23
Arrancamos este último día do curso para desexarlle moi boa sorte ao noso alumnado de sexto, que logo de compartir todos estes anos con nós no colexio, chega ao seu fin a etapa de Primaria.
Agardamos que o seu paso polo colexio lles fose proveitoso e que lle servira para enriquecer mente e alma, e facer de todos e todas mozos e mozas por un futuro mellor, máis xusto e solidario. Parabéns polo voso traballo!!
Grazas á nosa marabillosa Anpa Santa Uxía, gozamos do grupo de baile e música tradicinal "Rosalía de Castro de Padrón", que o custeou para todo o alumnado . Escoitamos, bailamos, aprendemos a tocar o bombo e as pandeiretas e mesmo a bailar.
Tivemos que refrescarnos,...a mangueirazo e aspersores!!!
E..., logo a LAMBONAR!!!
Festa fin de curso 20-21
Nos últimos días de cole, que ben o pasamos.
Tivemos a presentación do libro "Paxarada".
Fixemos voar a imaxinación coas caixas de cartón. Botade unha ollada ao vídeo e veredes.
Tivemos tamén moito concerto, con Suso Bello e Alberto Millán. Con eles gozamos da música, das cancións galegas. Bailamos e fixemos percusión.
Houbo a entrega de trofeos aos gañadores do torneo de pin pon. Velaquí os tendes.
Tamén as medallas aos nosos e nosas supermovidos e movidas.
FESTA FIN DE CURSO 16-17
O ÚLTIMO DÍA, PARA DESPEDIR O CURSO FIXEMOS UNHA GRANDE FESTAZA NO PATIO.
COMEZAMOS CUNHA EXHIBICIÓN DE XIMNASIA ACROBÁTICA, A CARGO DOS NOSOS IMPRESIONANTES XIMNASTAS, DIRIXIDOS POLO SEU MESTRE JUANRA.
PREMEDE NAS IMAXES PAR VER OS VÍDEOS.
E TAMÉN MOITO BAILE, POR CONTA DOS NOSOS INCRÍBLES BAILARÍNS E BAILARINAS DO COLE.PREMEDE NAS FOTOS PARA MIRALOS.
LOGO DE TANTA ACTUACIÓN VEU A PARTE DIVERMOLLADA.GUERRA DE GLOBOS DE AUGA E CHORROS DE AUGA FRÍA.
FIN DE CURSO 13-14
MENUDO FIN DE CURSO TIVEMOS....,DENDE O XOVES ATA O VENRES.
O XOVES TIVEMOS PASEO EN PONIS,
EXHIBICIÓN DOS NOSOS ESPLÉNDIDOS XIMNASTAS ACROBÁTICOS...
E O VENRES, GRAZAS Á COLABORACIÓN DA NOSA MARABILLOSA ANPA SANTA UXÍA,TIVEMOS UN ESTUPENDO CONTACONTOS A CARGO DE LISÍSTRATA
E... UN CONCERTAZO POR CONTA DA MAGNÍFICA COMPAÑÍA DO RUÍDO, CO SEU NOVO ESPECTÁCULO " A CUADRILLA DA FONTE NAVEGANTE"
Fin de curso 2010-11
Como disfrutamos o último día deste curso 2010/2011, fixemos festa, bailamos e xogamos. Despedímonos dos nosos compañeiros e compañeiras, mestres e mestras... Algúns marchan do cole e outros verémosnos o curso que ven...
Así que disfrutade moito nestes dous meses para volver en Setembro coas pilas cargadas!!!
Fin de curso 2010-11
Como disfrutamos o último día deste curso 2010/2011, fixemos festa, bailamos e xogamos. Despedímonos dos nosos compañeiros e compañeiras, mestres e mestras... Algúns marchan do cole e outros verémosnos o curso que ven...
Así que disfrutade moito nestes dous meses para volver en Setembro coas pilas cargadas!!!
FESTIVAL FIN DE CURSO 2010
O martes 22 de xuño de 2010 celebramos no colexio do Grupo o Festival que pecha o curso académico 2009_10.
Organizamos unha sesión "guateque" con actuacións en directo: baile rexional galego e diferentes montaxes coreográficas con temas actuais. Ao rematar a actuación en directo tivemos sesión D´J e aperitivos con refrescos para todo o alumnado.
Despedimos con agarimo ao alumnado que promociona ao Instituto, aos que se trasladan de centro e aos mestres/as que se xubilan ou que se trasladan, sorte e bicos para todos/as.
Feliz Verán e ata o curso que ven!