Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
Día da Paz
DIA DA PAZ 21-22
Como ben nos contaron na nosa emisora de RadioTodiño, os alumnos e alumnas de 4ºA, a Paz está neses pequenos detalles que temos arredor, e que moitas veces non nos decatamos de que tan cerca os temos. Escoitade o podcast que gravaron, e veredes como a paz é algo moi grande que se atopa en todas esas pequenas cousas cotiás.
Premede na imaxe para escoitalos.
A auga e o saneamento están recoñecidos como dereito humano. O noso centro reflexionou sobre isto e sobre a necesidade de acadar o obxectivo de desenvolvemento sostible a nivel global. NON MÁIS CONFLITOS POLA ESCASEZA E CALIDADE DA AUGA, PRESERVÉMOLA!
Premede na imaxe para ver o vídeo coas actividades do Día da Paz
PAZ 20-21
30 XANEIRO -PAZ 2020
Este ano todos quixemos imaxinar un mundo mellor, onde todos e todas podamos compartir ilusións e e experiencias en positivo.
Fixemos estudo de persoas que marcaron camiño para a paz, fixemos o noso propio manifesto, tivemos concerto pola Paz, a cargo dos nosos músicos Lázaro, Miguel e Andrés,
CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ
Este ano para o día da Paz imos cantar a canción “Eu teño alguén”,
de María Fumaça, que podedes atopar no seu álbum: “Xiqui, xoque. Fiú, fiú”,
publicado pola editorial Galaxia, na súa colección sonárbore.
Se queredes ver o video da canción (youtube) para practicala premede aquí.
PAZ 15-16
AÍNDA QUE AO LONGO DO CURSO FACEMOS FINCAPÉ EN LOITAR POR UN MUNDO EN PAZ, MÁIS XUSTO E SOLIDARIO, ESTA SEMANA IMOS TRABALLAR DE XEITO ESPECIAL QUE TODOS E TODAS CONSIGAMOS XUNTOS UN FUTURO EN PAZ.
IMOS TRABALLAR ESTA POESÍA:
HABEMOS CANTAR TODOS XUNTOS O RAP QUE COMPUXERON (LETRA) OS NOSOS NENOS E NENAS , QUE LOGO O RAPEIRO GAEL LLE PUXO MÚSICA:
TAMÉN IMOS CANTAR ESTA OUTRA:
SE QUERES SABER MÁIS DE COMO ACONTECEU TODO, VISITA A PESTANA PAZ14-15