Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Rosalía de Castro 21-22
Rosalía de Castro foi e segue a ser un referente, unha das mulleres máis representativas do noso país. Adiantada ao seu tempo, foi quen de publicar o primeiro libro escrito integramente en galego, Cantares Gallegos (1863). Arriscada, atrevida…MULLER.
Rosalía forma parte inseparábel da historia da nosa lingua, da nosa cultura e do noso ser....
Escoitade o podcast gravado por alumnado das mestras Loli I., Gena P. e Ramona B., de EP5B e de EP3AB co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro. E tamén cativas e cativos da aula de INF-B da profe Paula recitan "Vente, rapaza", un fragmento dun poema de Rosalía de Castro. Premede no enlace á nosa emisora RAdioTOdiño, para gozar dos audios.
Tamén desfrutamos pintando a Rosalía, escribindo os seus poemas, gozando das nosas verbas en galego, para engalanar portas e corredores , con pensamentos, a flor favorita de nosa máis senlleira escritora.
»