COIDAMOS O NOSO PATIO

Lixoman propuso este curso para seguir respetando as catro erres ( Reducir e Reciclar, Reutilizar e Recuperar) facer quendas para a limpeza dos patios pois é unha actividade de coidado do medio ambiente e de respeto polo espacio común que disfrutamos.

O titor lembra ao seu alumnado antes do recreo que lles toca a eles ese día a limpeza do patio e, unha vez que toca o timbre cóllense os materiais precisos (luvas e bolsas de distintas cores para reciclar) e por pequenos grupos recollen selectivamente durante 5 minutos os distintos tipos de lixo ( se atopan cristais, obxectos punzantes ou outro tipo de lixo "especial" non deben tocalo e avisarán ao mestre encargado). O mestre que os acompaña supervisa o que van facendo os axudantes de Lixoman e unha vez rematen depositan as bolsas pechadas nos correspondentes contenedores. Se algún día o señor do tempo acerta e chove, esta actividade formativa non se levará a cabo e seguirase o calendario acordado.

E lembrade as sabias palabras de Lixoman: "Non é máis limpo o que máis limpa, senón o que menos enlixa"!