Skip to Content

News aggregator

“Estudar é + doado se sabes COMO” (5ª Sesión)

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 17:00

11 de outubro, 17:00
Biblioteca Pública de Lugo - Lugo - Lugo

Estudar é + doado se sabes COMO”, é un obradoiro educativo que che amosará como acadar mellores resultados académicos, sacando o máximo de partido ás túas horas de estudo, e gañando tempo para outras actividades.

Contidos:

  • Identifica o teu método estudo persoal.
  • Condicionantes ambientais para o estudo.
  • Método e técnicas de estudo
  • Detección de dificultades individuais no aprendizaxe.

Duración: 50 minutos.

Horario:

  • 17:00 h. 3º e 4º de primaria (8-9 anos) máximo participantes 8
  • 18:00 h. 5º e 6º de primaria (10-11 anos) máximo participantes 8
  • 19:00 h. 1º e 2º ESO (12-13 anos) máximo participante 8

Inscrición previa dende o luns 9 de setembro na sala infantil e no teléfono 982828329

Categorías: Cultura

A Xunta mellora a confortabilidade do colexio da Lama, en Pontevedra, coa impermeabilización da fachada e o cambio de ventás da zona da biblioteca

Noticias sobre Ensino - Ven, 11/10/2024 - 15:15

Summary: 

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, visita o centro, onde o Goberno galego vén de investir 60.000€

Idioma Gallego

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta de Galicia, Jesús Álvarez, visitou o colexio CEIP A Lama, en Pontevedra, para supervisar o remate das obras de mellora da confortabilidade do colexio, onde o Goberno galego vén de investir 60.000 euros.

A intervención, enmarcada no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, consistiu na impemeabilización da fachada e o cambio de ventás da zona da biblioteca escolar, que acolle tamén o Polo Creativo do centro. Isto permitirá evitar filtracións e, ao mesmo tempo, mellorar o confort deste espazo que é un dos máis activos do colexio desde o punto de vista académico.

Cómpre lembrar que, desde principios do ano pasado, o centro conta cun espazo renovado de biblioteca escolar máis amplo e mellor equipado grazas ao apoio da Xunta que, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, investiu un total de 55.000€ na obra de remodelación e mellora que levou aparellado o reforzo do equipamento e mobiliario e adquisición de novos fondos bibliográficos.

Ademais de salientar o compromiso do Goberno galego na aposta polo ensino no rural con infraestruturas modernas, confortables e totalmente equipadas, o director xeral gabou o “dinamismo” da biblioteca escolar deste centro que desde o curso 2009-10 forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

IX Xornada de Onomástica Galega

Revista Galega do Ensino - Ven, 11/10/2024 - 12:34
19/10/2024
Categorías: Educación

O xogo de Nano

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 11:00

11 de outubro, 11:00
Biblioteca Pública Municipal de Val do Dubra - Val do Dubra - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Nano recibe unha visita moi especial o día do seu aniversario. Está todo preparado: a torta, as candeas, os globos. Só faltan os amigos, a que xogarán? Ao rematar terá que se bañar e descubrirá o divertido que é coñecer as partes do seu corpo ao ritmo da música.

Programa

Ler conta Moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil
  • Público infantil (A partir de 1 ano)

Duración

30 minutos

Sesións

  • Sesión única: 11/10/2024 - 11:00

Lugar de celebración

Auditorio Municipal

Categorías: Cultura

Atrévete a facer o teu propio libro

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 11:00

11 de outubro, 11:00
Biblioteca Pública Municipal da Arnoia - A Arnoia - Ourense

Texto de presentación da actividade

Con iste obradoiro seremos os autores do noso propio libro. Faremos un álbum ilustrado de principio a fin e sairemos da actividade co noso propio conto baixo o brazo.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (6 a 12 anos)

Duración

120 minutos

Sesións

  • Sesión única: 02/10/2024 - 11:00

Lugar de celebración

Biblioteca municipal de A Arnoia

Categorías: Cultura

Debuxar letras

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 10:30

11 de outubro, 10:30
Biblioteca Pública Municipal de Maceda - Maceda - Ourense

Texto de presentación da actividade

Dar os primeiros pasos na técnica do "lettering", tamén coñecida como rotulación, que consiste en Debuxar as letras con: pincel, tinta, rotuladores,... e sentar as bases pra seguir practicando na casa e acabar facendo letras con soltura e creando obra propia. 
Descubrir o desenvolvemento creativo, Debuxar as letras tamén favorece a concentración e a relaxación.
 

Programa

lercontamoito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (7-14)

Duración

120 minutos

Sesións

  • Sesión única: 11/10/2024 - 10:30

Lugar de celebración

Biblioteca publica municipal de Maceda

Categorías: Cultura

Lete Lasa asegura que a carreira de Rafa Nadal debe animar a todos os tenistas xuvenís e cadetes que pasarán por Sanxenxo a soñar con grandes metas

Deporte Galego - Xov, 10/10/2024 - 22:32

Entre os 120 participantes do Júnior, do 15 ao 20 de outubro, Galicia contará con cinco representantes: Aranai Martínez (Vigo), Carlota Souto (Vigo), Nicolás Bellas (A Coruña), Miguel del Castillo (A Coruña) e Yeray Quián (Santiago)


Sanxenxo (Pontevedra), 10 de outubro de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do XXII Torneo Internacional ITF Júnior e o XVI Torneo Internacional Cadete Tennis Europe organizados polo Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo. O mandatario galego enxalzou a figura do mellor tenista español e un dos mellores da historia, Rafael Nadal, no día do anuncio da súa retirada e asegurou que “a súa carreira debe animar a todos os tenistas xuvenís e cadetes que pasarán por Sanxenxo nestes días a soñar con grandes metas”. Neste sentido lembrou o paso de Rafa Nadal por Galicia, en 1998 e 1999 nun Campionato de España e no clasificatorio dun Europeo infantil, ambos no Club Bamio de Ourense, e en 2022 no Torneo Futures do Club de Campo de Vigo.

Lete Lasa destacou que ambos os dous torneos de Sanxenxo convertéronse, ao longo de todos anos, “en dous dos maiores trampolíns para o tenis de base” e lembrou que nestas pistas xogaron o gañador de catro Grand Slams, Carlos Alcaraz; a vilagarciá e número 61 do mundo, Jessi Bouzas; ou o vixente campión do US Open Júnior, Rafa Jódar, que gañou en Sanxenxo o ano pasado.

Lete Lasa subliñou a importancia dos eventos tenísticos que se organizan en Galicia e lembrou que, esta mesma fin de semana terá lugar o Internacional M15 de Pontevedra, o primeiro torneo ITF masculino que se disputa en Pontevedra, ou o Vigo Tenis Open 2024, un torneo xuvenil de Grao 2 que levará a cabo nas pistas de Samil. Ademais, lembrou a gran oferta de tenis feminino que no verán deixounos, por unha banda, o Torneo Internacional Feminino de tenis W50 celebrado no Club Santo Domingo de Ourense e, polo outro, o Torneo Internacional de Tenis Feminino Cidade de Vigo W35, apoiados pola Xunta de Galicia.

O ITF Júnior de Sanxenxo é un torneo xuvenil de Grao 1, o maior nivel posible, no que participan as 120 mellores raquetas -60 mozas e 60 mozos-. Entre todos eles, Galicia contará con cinco representantes como Aranai Martínez (Vigo), Carlota Souto (Vigo), Nicolás Bellas (A Coruña), Miguel del Castillo (A Coruña) e Yeray Quián (Santiago). A continuación do ITF Júnior, que terá lugar entre o 15 e o 20 de outubro, terá lugar o Internacional Cadete Tennis Europe.

Categorías: Deportes

Real Filharmonía de Galicia-Ecos Sinfónicos

Axenda Cultural - Xov, 10/10/2024 - 20:30

10 de outubro, 20:30
Avenida do Burgo das Nacións - Santiago de Compostela - A Coruña

O compositor galego Eduardo Soutullo —Premio Nacional de Música no ano 2023— abre o concerto con All the echoes listen, unha partitura na que o desexo de liberdade e de exquisitez sonora latexa nas tres partes que a conforman. Moito máis apegado ás súas raíces, Vaughan Williams deixou unha extensa obra, da que a Fantasía sobre un tema de Thomas Tallis, que comparte a idea dos ecos da primeira obra deste programa, ficou no imaxinario como unha obra netamente británica desde a súa estrea en 1910, a pesar de que naqueles anos a influencia de Ravel impregnaba toda a súa obra. Igualmente lonxevo, Sibelius afonda na angustia e na dor como experiencia creativa na súa Cuarta Sinfonía, unha obra enigmática e excepcional dentro do seu ciclo sinfónico, que el mesmo dirixiu ante o rexeitamento frontal do público, non habituado a ese lirismo descarnado co que o compositor finés amosaba a desolación do mundo.
Sebastian Zinca, director
Eduardo Soutullo: All the echoes listenRalph Vaughan Williams: Fantasía sobre un tema de Thomas TallisJean Sibelius: Sinfonía núm. 4 en La menor, op. 63Coa participación do alumnado da EAEMAdemáis:CONVERSANDO CON… Sebastian ZincaSala Mozart, 19:45h
 

Categorías: Cultura

La felicidad

Axenda Cultural - Xov, 10/10/2024 - 20:30

10 de outubro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

A terceira longa en cor de Agnès Varda é unha destrución completa da familia nuclear. Aborda a relación unidireccional dun matrimonio e a súa aparentemente idílica vida xuntos. Ousada, solleira e provocadora, La felicidad é unha bomba de reloxería protofeminista lista para se detonar.

 

Proxéctase xunto á curta Placer de amor en Irán.

Categorías: Cultura

Neura en Ferrol

Axenda Cultural - Xov, 10/10/2024 - 20:30

De 10 de outubro a 10 de outubro
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña

NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a través de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se reencontren cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Categorías: Cultura

ENSEMBLE LIBERDADE

Axenda Cultural - Xov, 10/10/2024 - 20:00

10 de outubro, 20:00
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela - Padrón - A Coruña

O ENSEMBLE LIBERDADE é o grupo de cámara composto por cuarteto de corda, trío de ventos e percusión, que nesta ocasión suma a voz de Rubén Fernández. Nace como formato reducido da Orquestra Galega de Liberación, para traballar como o formato lixeiro desta, podendo adaptarse así a outros espazos, programacións, colaboracións, produccións ou orzamentos. No ano 2024, é grupo residente no CGAC, Centro Galego de Arte Contemporáneo. Para esta acción, centrarémonos na figura de Cela, como elemento novo e disruptivo do concerto.

Xacobe Martínez Antelo, dirección

LAR Legido, batería e obxectos

Javier Pereiro, trompeta

Xosé Miguélez, saxo tenor e gaita galega

Diego Alonso, saxos tenor e soprano

Rubén Fernández, voz

Elena Vázquez, violín

María José Pámpano, viola

Macarena Montesinos, cello

Saúl Puga, contrabaixo

Categorías: Cultura

Rueda destaca o papel da mocidade na preservación do Camiño de Santiago e da cultura galega

Noticias sobre Ensino - Xov, 10/10/2024 - 19:32

Summary: 

Resalta que Galicia bateu a principios de outubro o récord total anual de peregrinos que visitaron Santiago, superando as 446.100 compostelas de 2023

Idioma Gallego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o papel da mocidade á hora de preservar e divulgar o Camiño de Santiago como un elemento fundamental da cultura de Galicia: “Mentres a xente nova, os que estades aquí e tantos colexios en toda Galicia, vivades o Camiño, o Camiño ten futuro. Teño aquí diante o futuro de Galicia”, resaltou.

Durante a entrega dos premios ‘Escola no Camiño’, organizados por Faro de Vigo e La Opinión A Coruña e El Correo Gallego xunto a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades de FP, salientou que este tipo de iniciativas permiten que os escolares descubran as rutas xacobeas e reflexionen sobre o significado dun Camiño milenario que desde hai séculos permite unir culturas e promover a convivencia entre pobos: “A través do Camiño de Santiago apréndese todo”, apuntou o presidente.

Rueda resaltou que Galicia bateu a principios de mes o récord total anual de peregrinos, ao superar as 446.100 compostelas de 2023, con case dous meses do ano aínda por diante: “Iso é unha cousa que vai a máis porque os que veñen de fóra se dan conta de como queremos aquí o Camiño”, destacou.

Nesta terceira edición de ‘Escola no Camiño’ participaron 70 centros de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato das provincias da Coruña e Pontevedra e que máis de 2.000 alumnos presentaron os seus traballos na categoría de Debuxo e máis de 300 en Literatura e Audiovisual.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

O conselleiro de Ciencia confía en que o encontro internacional de computación cuántica teña retorno en Galicia con novos proxectos e investimentos

Noticias sobre Ensino - Xov, 10/10/2024 - 19:24

Summary: 

Román Rodríguez clausura a cita organizada por Fujitsu con 300 profesionais de 13 países e destaca a aposta da Xunta por esta tecnoloxía a través do CESGA

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, clausurou esta tarde o encontro International Quantum Business Conference, unha cita que reúne esta semana en Santiago a 300 profesionais de 13 países especializados nas tecnoloxías cuánticas. Nela amosouse confiado en que a súa celebración na nosa Comunidade teña retorno con novos proxectos e investimentos que nos permitan seguir avanzando neste eido.

O responsable de Ciencia da Xunta destacou o potencial destas tecnoloxías que permitirán avanzar na resolución de problemas complexos que os computadores tradicionais non son capaces; acelerar o desenvolvemento doutras tecnoloxías; mellorar a competitividade dos distintos sectores, e contribuír ao benestar social.

Apuntou, así mesmo, que Galicia vén apostando decididamente por este campo nos últimos anos para situarse como un referente nestas tecnoloxías e, así, impulsar a ciencia, atraer talento e xerar novas oportunidades para a industria, no marco do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia. De feito, sinalou o noso carácter pioneiro con infraestruturas como o QMIO, o computador cuántico do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o máis potente do Sur de Europa instalado nunha institución pública.

Por último, Román Rodríguez lembrou que para avanzar nas tecnoloxías cuánticas resulta clave a colaboración constante entre todos os axentes especializados co fin de aproveitar ao máximo as súas capacidades. Para reforzar estas conexións, Galicia ten constituído unha Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, formada polos distintos axentes do ecosistema galego de I+D+i, co obxectivo de deseñar unha folla de ruta común que impulse a industria e o capital humano.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

A Xunta amosa ao Goberno central os resultados do modelo de éxito da FP galega logo de 15 anos de aposta continua

Noticias sobre Ensino - Xov, 10/10/2024 - 19:19

Summary: 

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, exerce de anfitrión na visita da ministra de Vivenda ao Centro Integrado de Formación Profesional Someso, na Coruña

Idioma Gallego

A Xunta amosou hoxe ao Goberno central os resultados do modelo de éxito da FP galega logo de 15 anos de traballo e aposta continúa por estas ensinanzas. Foi no Centro Integrado de Formación Profesional CIFP Someso, na Coruña, onde o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, exerceu de anfitrión coa ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, que quixo coñecer este centro durante unha viaxe institucional á cidade este xoves. Ao acto tamén acudiu a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.

Diego Calvo  agradeceu o interese do Executivo central polo bo traballo de Galicia nesta materia, subliñou “a aposta do Goberno galego pola Formación Profesional e a atención ás necesidades das empresas desde estas ensinanzas, impulsando a formación dual, na que somos pioneiros en España”. Sinalou que, froito do impulso da Xunta a estas ensinanzas desde 2009, este ano acádase o récord de matriculación, con de 68.823 alumnos. “Duplicamos os matriculados na FP neste período”, destacou o conselleiro de Presidencia, quen salientou “a calidade dos docentes que traballan en cada un dos centros” como un dos piares do éxito destas ensinanzas.

O CIFP Someso é un centro de sobresaínte no sector da construción e forma parte da rede de 28 centros integrados de FP da Xunta. Cinco deles, incluído o CIFP Someso, forman parte da Rede Estatal de Centros de Excelencia en FP, o que demostra o bo desempeño da nosa Comunidade nestas ensinanzas.

Nos últimos anos, o centro coruñés consolidouse como referente, desenvolvendo oito proxectos de innovación autonómicos en ámbitos como a bioconstrucción, solucións enerxéticas sustentables, novas tecnoloxías de soldadura para estruturas metálicas e o impulso da enerxía eólica mariña. Todos lograron resultados notables, e por iso, a Xunta solicita ao Goberno estatal “a descentralización dos fondos para axilizar a xestión e reducir a burocracia, co obxectivo de seguir obtendo os bos resultados na FP en Galicia”.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

A cabaza encantada

Axenda Cultural - Xov, 10/10/2024 - 18:30

10 de outubro, 18:30
Biblioteca Central Henrique Rabuñal - Arteixo - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Conto teatralizado e obradoiro de cociña. Os nosos protagonistas, O Cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa viven unha nova aventura para rir de medo. Un día Antón plantou unha semente, nunha maceta corrente, botoulle auga e terra e mantívose á espera. Agardou e agardou e co tempo medrou...unha cabaza! Era unha cabaza especial, á que lle gustaba asustar.

 

Programa

Contacontos de setembro a decembro

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3-10)

Duración

90 minutos

Sesións

  • Sesión única: 10/10/2024 - 18:30

Lugar de celebración

Biblioteca Henrique Rabuñal (Central). Arteixo

Categorías: Cultura

"Galicia coa maxia"

Axenda Cultural - Xov, 10/10/2024 - 18:00

10 de outubro, 18:00
Axencia de Lectura Municipal de Corvillón - Cambados - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

"Galicia coa Maxia" é o novo show do mago Pedro Bugarín totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante, versátil e sempre en clave de humor. Este show que percorreu máis de 100 Concellos cambia pero mantén a esencia da maxia divertida e moi moi participativa. 

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (Recomendado a partir dos 6 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 10/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

ALM CORVILLÓN

Categorías: Cultura

Maxia divertida "Contamaxias"

Axenda Cultural - Xov, 10/10/2024 - 18:00

10 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública Municipal Xosé María Pérez Parallé - Fene - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Esta vez, O Mago Paco preséntanos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levará a nen@s e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos. Desta volta, este peculiar personaxe, argallou novas maxias engadindo a risa como elemento principal para sorprender o seu público. Unha proposta pouco convencional para traballar os contos, pero moi, moi divertida!!

Programa

Ciclo do Mes da Biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 10/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Biblioteca Pública Municipal de Fene

Categorías: Cultura

Terceiro Acto

Axenda Cultural - Xov, 10/10/2024 - 18:00

10 de outubro, 18:00
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña

As responsables da dirección e dramaturxia desta produción, Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, presentan a proposta deste espectáculo que se representou por primeira vez en 2021 e que se reestrea agora dentro da programación coa que o Centro Dramático Galego celebra este ano o seu 40º aniversario:

"A idea da conversa sempre está moi presente nos nosos espectáculos. Gústanos a idea do teatro como un foro, como un espazo de negociación que serve para tender pontes, para contradicirnos e para achegarnos uns aos outros.

Esta idea de conversación resúltanos profundamente conmovedora e para Terceiro acto, ante a pregunta de como podiamos permanecer vinculados ao pasado, nun tempo no que a fenda entre xeracións é tan grande que parece que non podemos herdar as experiencias dos que nos anteceden, propuxémonos ter unha longa e profunda conversa cun grupo de persoas maiores de 60 anos e que ademais dedicaran a súa vida á arte da interpretación e do teatro.

No camiño atopamos cinco persoas extraordinarias, cinco actrices e actores que se entregaron con absoluta xenerosidade á empresa de utilizar o teatro como un lugar para reencontrarse e reflexionar sobre certas cuestións que foron xurdindo ao longo do proceso e converténdose en relevantes. Reflexionamos sobre ese esplendor vital que emana moitas veces do que poderiamos dar en chamar "o terceiro acto dunha vida", preguntámonos como é o proceso de irse facendo maior, falamos dos anhelos, das perdas, dos soños que lles quedan por cumprir dentro e fóra dun escenario, do lugar onde nos coloca a sociedade ao írmonos facendo maiores. Xuntos, lembramos e reflexionamos sobre días pasados, analizamos o impacto da arte na vida destes cinco artistas e buscamos comprender como a historia destas mulleres e homes foi atra vesada pola Historia con maiúscula. Cinco persoas que naceron nunha ditadura e que na súa mocidade creron que podían comezar de cero e loitar por un novo mundo. En Terceiro acto analizamos tamén o seu legado e formulamos hipóteses sobre como será o mundo cando eles xa non estean.

Neste momento no que a historia corre a una velocidade endiañada, detémonos para escoitar atentamente, nunha especie de soño poético, a aqueles que van diante de nós, os gardiáns da memoria"

Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez

ELENCO

Belén Constenla, César Cambeiro, César Goldi, Fernando Morán e María Costas

EQUIPO ARTÍSTICO

Escenografía Marta Pazos

Vestiario Yaiza Pinillos

Coreografía Amaya Galeote

Iluminación Miguel Ruz

Axudante de dirección Laura Míguez

Axudante de escenografía Carmen Triñanes

 

Venda de entradas:  https://entradas.ataquilla.com/é/ventaentradas/teatro/46-salon-teatro-/x3aggskk-terceiro-acto-do-cdg

Categorías: Cultura

Que mundo é este?

Axenda Cultural - Xov, 10/10/2024 - 18:00

10 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel - Vigo - Pontevedra

Contos para os máis cativos, onde a través de estímulos visuais, auditivos e espaciais, se mergullarán en historias de simpáticos personaxes que, coma eles, están a descubrir o mundo que os rodea.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.

Categorías: Cultura

Andando polo camiño

Axenda Cultural - Xov, 10/10/2024 - 18:00

10 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense

Un crocodilo namorado, unha andaina de animais, un Vexo -Vexo diferente, uns contos cantados e unhas cancións para contar...todo elo dentro dunha proposta para pequenos e grandes que levarán o son dos cantacontos ós corazóns de todos.

Duración: 30 minutos

Activivdade para bebés ( de 1 a 3 anos) acompañados dunha persoa adulta. 

Para asistir é necesario facer a inscrición previa chamando aos números de teléfono a partir do venres anterior á actividade: 988 788385 / 386

 

Categorías: Cultura
Distribuir contido


by Dr. Radut