Skip to Content

News aggregator

Noa no espello

Axenda Cultural - Lun, 07/10/2024 - 12:00

7 de outubro, 12:00
Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo El Viejo Pancho - Ribadeo - Lugo

Texto de presentación da actividade

Os amigos de Noa non comparten os seus xogos e os seus gustos. Ela  ponse furiosa e fai cousas das que logo  arrepíntese. Pero a súa avoa descúbrelle que todos levamos un monstro dentro e que se nos enfrontamos a el cara a cara, acabará sendo o noso mellor amigo. Noa é unha contada interactiva sobre a igualdade de xénero e a reafirmación persoal, que convida aos rapaces a mirarse no espello.

 

Programa

O concello cos coles

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (Entre 4 e 9 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 08/10/2024 - 12:30

Lugar de celebración

Biblioteca

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

Leo e a música

Axenda Cultural - Lun, 07/10/2024 - 10:30

7 de outubro, 10:30
Biblioteca Pública Municipal de Alfoz - Alfoz - Lugo

Texto de presentación da actividade

Leo, o león máis curioso da selva atópase nun paseo con diferentes animais e escoita os seus sons particulares. Axudádesnos a descubrir toda a música que hai ao seu redor?

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

30 minutos

Sesións

  • Sesión única: 07/10/2024 - 10:30

Lugar de celebración

Escola Infantil do Concello de Alfoz

Categorías: Cultura

Friends: The Musical Parody

Axenda Cultural - Dom, 06/10/2024 - 20:30

6 de outubro, 20:30
Rúa do Preguntoiro, 23 - Santiago de Compostela - A Coruña

Saga Producciones, en coprodución con Theatre Mogul e Iria Producciones, adapta por primeira vez en España a parodia musical que xa conquistou corazóns nas súas producións en Off Broadway, Reino Unido e Australia.
Unha celebración de Friends, dos seus personaxes emblemáticos e dos momentos máis incribles das 10 tempadas da serie.
Un espectáculo divertido e entrañable do que os fans namorarán e cativarán a todos os amantes do teatro.
 

Categorías: Cultura

Olvido Flores, de Estefanía de Paz Asín (NAV)

Axenda Cultural - Dom, 06/10/2024 - 20:00

6 de outubro, 20:00
Auditorio Pazo da Cultura - Carballo - A Coruña

Unha troupe de máis de 50 artistas facía a súa xira polo norte de España e apagaron as súas luces bailando coa morte. Olvido Flores achéganos os testemuños das persoas que viviron os acontecementos sucedidos en Lodosa en xullo de 1936. E gardaron o recordo. Olvido quere dar voz aos sen nome, a esas persoas esquecidas ás que ninguén lles levou flores tras a súa morte. Estefanía de Paz Asín rescatou información e relatos vivos para saber que pasou aquela escura noite e quere iluminar a súa historia, a nosa historia.

 

 

Categorías: Cultura

O auto do Castromil

Axenda Cultural - Dom, 06/10/2024 - 19:00

6 de outubro, 19:00
Auditorio da Xuventude - Cambados - Pontevedra

A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e tal vez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos máis armas que o humor e o espirito antroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.

Categorías: Cultura

ENTRECAJAS

Axenda Cultural - Dom, 06/10/2024 - 19:00

6 de outubro, 19:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra

PREMIO FETEN 2024 MELLOR ESPECTÁCULO DE CLOWB - ESPECTÁCULO CELEBRACIÓN 45 ANOS TEATRO PARAÍSO

Entrecajas é un espectáculo que suxire que o mundo é unha gran caixa na que vivir grandes aventuras, como a escena foino para Teatro Paraíso durante os seus 45 anos de traxectoria. Este espectáculo convídanos a gozar do xogo, a superar as dificultades en compañía e a imaxinar que xunto a outros seres humanos é posible alcanzar calquera soño.

Unha historia chea de humor, na que dous amigos que viven nunhas caixas imaxinan viaxes a lugares ensoñadores, coa súa sorprendente creatividade. A súa vida transcorre entre o xogo, a convivencia, as pelexas cotiás e as reconciliacións. Xuntos atoparán o camiño de regreso ao lugar no que un día foron felices ao descubrir que lles quedou o máis valioso: a súa amizade e a súa capacidade de imaxinar.

Un clásico do teatro familiar na dramaturxia europea contemporánea que foi tamén unha metáfora do proxecto artístico de Teatro Paraíso.

Categorías: Cultura

Terceiro Acto

Axenda Cultural - Dom, 06/10/2024 - 18:00

6 de outubro, 18:00
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña

As responsables da dirección e dramaturxia desta produción, Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, presentan a proposta deste espectáculo que se representou por primeira vez en 2021 e que se reestrea agora dentro da programación coa que o Centro Dramático Galego celebra este ano o seu 40º aniversario:

"A idea da conversa sempre está moi presente nos nosos espectáculos. Gústanos a idea do teatro como un foro, como un espazo de negociación que serve para tender pontes, para contradicirnos e para achegarnos uns aos outros.

Esta idea de conversación resúltanos profundamente conmovedora e para Terceiro acto, ante a pregunta de como podiamos permanecer vinculados ao pasado, nun tempo no que a fenda entre xeracións é tan grande que parece que non podemos herdar as experiencias dos que nos anteceden, propuxémonos ter unha longa e profunda conversa cun grupo de persoas maiores de 60 anos e que ademais dedicaran a súa vida á arte da interpretación e do teatro.

No camiño atopamos cinco persoas extraordinarias, cinco actrices e actores que se entregaron con absoluta xenerosidade á empresa de utilizar o teatro como un lugar para reencontrarse e reflexionar sobre certas cuestións que foron xurdindo ao longo do proceso e converténdose en relevantes. Reflexionamos sobre ese esplendor vital que emana moitas veces do que poderiamos dar en chamar "o terceiro acto dunha vida", preguntámonos como é o proceso de irse facendo maior, falamos dos anhelos, das perdas, dos soños que lles quedan por cumprir dentro e fóra dun escenario, do lugar onde nos coloca a sociedade ao írmonos facendo maiores. Xuntos, lembramos e reflexionamos sobre días pasados, analizamos o impacto da arte na vida destes cinco artistas e buscamos comprender como a historia destas mulleres e homes foi atra vesada pola Historia con maiúscula. Cinco persoas que naceron nunha ditadura e que na súa mocidade creron que podían comezar de cero e loitar por un novo mundo. En Terceiro acto analizamos tamén o seu legado e formulamos hipóteses sobre como será o mundo cando eles xa non estean.

Neste momento no que a historia corre a una velocidade endiañada, detémonos para escoitar atentamente, nunha especie de soño poético, a aqueles que van diante de nós, os gardiáns da memoria"

Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez

ELENCO

Belén Constenla, César Cambeiro, César Goldi, Fernando Morán e María Costas

EQUIPO ARTÍSTICO

Escenografía Marta Pazos

Vestiario Yaiza Pinillos

Coreografía Amaya Galeote

Iluminación Miguel Ruz

Axudante de dirección Laura Míguez

Axudante de escenografía Carmen Triñanes

 

Venda de entradas: https://entradas.ataquilla.com/gl/ventaentradas/teatro/46-salon-teatro-/...

Categorías: Cultura

The show moscón

Axenda Cultural - Dom, 06/10/2024 - 17:30

6 de outubro, 17:30
AUDITORIO DE GOIÁN - Tomiño - Pontevedra

“The Show Moscón ” é un circo “varieté” itinerante, presentado por un Moscón gordo e rollizo. Un circo marabilloso, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os distintos números que hai no seu interior. Naceu como homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, aprendidas ao longo destes anos e empregadas nas súas diferentes obras teatrais e televisivas, así como, a través da inspiración do traballo doutras compañías de teatro e circo como: Hugo & Ines, GaiaTeatro, Cia Dorian Grey's Toilet, Jordi Bertran Company ou Mago Lioz Shem, Dentro do noso armario, podemos gozar de verdadeiras Divas da canción, números musicais absurdos, magos e mentalistas arrepiantes, bebés funambulistas incribles, números de baile marabillosos e humor sen fin... .

Categorías: Cultura

O tesouro

Axenda Cultural - Dom, 06/10/2024 - 17:00

6 de outubro, 17:00
Biblioteca Pública Municipal da Cañiza - A Cañiza - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Conto dramatizado con dúas actrices, con emprego de escenografía, vestiario, atrezzo e música. Trátase dos contos: “11 damas atrevidas”, “Teresa non quere ser princesa”, “Bieito e o seu carriño”, “Unllas de cores” e “Monstro Rosa”. Da man de dúas aventureiras iremos coñecendo a estes personaxes e descubriremos o tesouro que buscan: todas e todos somos diferentes e isto é o máis divertido.
 

Programa

Mes da biblioteca en conmemoración do 24 de outubro-Día das bibliotecas

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

40 minutos

Sesións

  • Sesión única: 06/10/2024 - 17:00

Lugar de celebración

Auditorio Municipal da Cañiza

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

Os Bolechas deportistas presentan Radiolímpica

Axenda Cultural - Dom, 06/10/2024 - 16:30

6 de outubro, 16:30
Novo Estadio - A Estrada - Pontevedra

O programa de dinamización lingüística no tempo do lecer FalaRedes trae os deportes á rúa no verán, cun espectáculo de monicreques dos máis queridos personaxes do público infantil e familiar, Os Bolechas.

Os Bolechas deportistas e a súa Radiolímpica é un espectáculo ao aire libre que combina o teatro de monicreques con explicacións, preguntas e probas pensadas para que participen nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias.

Nesta nova proposta combínanse, da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro, a lingua galega e o deporte, o xogo coa aprendizaxe. Con esta actividade, Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa dan a coñecer diferentes disciplinas deportivas, co gallo da celebración das Olimpíadas en París. Os Bolechas deportistas anímanos a usar o galego tamén cando practicamos deporte.

Calendario

  • Porto do Son. 14 de agosto ás 11 horas. Praza de España.
  • Poio. 15 de agosto ás 20 h. Porto de Raxó.
  • Cortegada. 16 de agosto ás 20 h. Praza de Bos Aires.
  • Folgoso do Courel. 18 de agosto ás 18 horas. Praza do Concello.
  • O Pereiro de Aguiar. 22 de agosto ás 12.00 h. Ceip Plurilingüe Ben-Cho-Shey.
  • Bande. 22 de agosto ás 20 horas. Praza da Constitución.
  • Vigo. 25 de agosto ás 12 horas. Museo do Mar de Galicia
  • Vilagarcía de Arousa. 25 de agosto ás 19.30 h. Praza de Galicia.
  • Arzúa. 28 de agosto ás 12.00 h. Praza de Galicia.
  • A Peroxa. 30 de agosto ás 12.00 h. Praza do Concello.
  • Ponteareas. 31 de agosto ás 19.00 h. Praza Maior.
  • Mondariz. 14 de setembro ás 19.00 h. Praza de España.
  • O Porriño. 15 de setembro ás 18.00 h. Praza Arquitecto Antonio Palacios.
  • A Estrada. 6 de outubro ás 16.30 h. Novo Estadio.
Categorías: Cultura

O auto do Castromil

Axenda Cultural - Sáb, 05/10/2024 - 21:00

5 de outubro, 21:00
AUDITORIO DE GOIÁN - Tomiño - Pontevedra

A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e tal vez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos máis armas que o humor e o espirito antroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.

Categorías: Cultura

XIRA PRESENTACIÓN DISCO THE GLITCH. SUITE FOR THE SAD YOUNG MEN

Axenda Cultural - Sáb, 05/10/2024 - 20:30

5 de outubro, 20:30
Teatro Coliseo Noela - Noia - A Coruña

O dA trio volta á carga cun novo disco cunha nova formación e cun novo espectáculo que non deixará a ninguén indiferente.

Categorías: Cultura

As formas do amor

Axenda Cultural - Sáb, 05/10/2024 - 20:30

5 de outubro, 20:30
- Vimianzo - A Coruña

Ela e el foron parella.

Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo póñeno patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno a armar.

Logo de tanto tempo separados, talvez hoxe sexa o día xusto para volver atoparse por primeira vez.

Unha historia para saír do teatro con bo sabor no corpo, con gusto, alegría e esperanza. Unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos amor.

Porque existen outros amores, necesitamos outras historias.

Despois de "Crónica dunha heterosexual insatisfeita", María Angeles Iglesias presenta "As formas do amor", unha coprodución de Verdeveras Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego; para rir e reflexionar sobre como nos relacionamos con ese sentimento tan marabilloso que é o amor. 

Ficha técnica e artística:

Dirección: Gena Baamonde

Dramaturxia: María Angeles Iglesias

En escena: Sergio Zearreta e María Angeles Iglesias

Iluminación e espazo escénico: Octavio Mas

Deseño sonoro e música orixinal: Tato López

Coproduce: Centro Dramático Galego (CDG)

Produción Xeral: Verdeveras Expresións Artísticas

 

Categorías: Cultura

Noso

Axenda Cultural - Sáb, 05/10/2024 - 20:00

5 de outubro, 20:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña

Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo que lles viu crecer, a casa da infancia, un vello ultramarinos bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive Nicolás con María, a súa parella. Unha expropiación por causa dunha autoestrada que pasará por ese lugar é o motivo desta xuntanza. Olivia e Rubén acoden despois de moitos anos sen contacto familiar. As lembranzas do pasado, unha visita non esperada, as relacións entres irmáns, a necesidade de mirar ao futuro e a importancia do pasado fan de NOSO unha dramedia que fai visible o conflito xeracional e a pertenza do lugar onde vimos.

Categorías: Cultura

Ismael Lemais y La Kiskillosa "Cómo conocí a mi suegra"

Axenda Cultural - Sáb, 05/10/2024 - 20:00

5 de outubro, 20:00
Rúa do Preguntoiro, 23 - Santiago de Compostela - A Coruña

Todos vivimos multitude de situacións en casa coa nosa parella que se fan rutineiras e deixamos de prestarlle atención ata que alguén o presenta dunha forma cómica e dános a risa ao vernos reflectidos nelas. Niso Isma e Isa son os reis, niso baséase 'Cómo conocí a mi suegra'. Unha sucesión de monólogos cotiáns onde realizan unha divertida parodia centrándose na súa relación de parella e en situacións do día a día analizadas desde o punto de vista humorístico.

Categorías: Cultura

Sexo Seguro Seguro? Seguro!

Axenda Cultural - Sáb, 05/10/2024 - 19:00

5 de outubro, 19:00
Centro Sociocultural de Santa Marta - Santiago de Compostela - A Coruña

Sexo Seguro Seguro? Seguro! un espectáculo multidisciplinar con partes de monólogo, cabaret, xogos con globos, e moita educación afectivo-sexual.
Sábado 5 de outubro ás 19 h
Para persoas adultas.
Reservas no 981543017

Categorías: Cultura

Wombo Combo

Axenda Cultural - Sáb, 05/10/2024 - 19:00

5 de outubro, 19:00
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil - Muros - A Coruña

O programa de dinamización do galego FalaRedes chega ao tempo do outono cunha pequena xira do espectáculo teatral Wombo Combo da compañía Galeatro.

Esta obra escrita por Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023, está dirixida á mocidade, ao público xeral a partir de 8 anos. Nunha reflexión sobre as vidas virtuais e a soidade na adolescencia contemplamos como o bo ou mal uso das redes sociais, presentes na nosa vida cotiá, dá en levarnos a un desenvolvemento persoal óptimo ou á frustración e o illamento.

Categorías: Cultura

Grandes éxitos 2004-2024 (cantar e contar)

Axenda Cultural - Sáb, 05/10/2024 - 18:00

5 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública Municipal de Burela - Burela - Lugo

Texto de presentación da actividade

O gran contador de contos Caxoto leva xa 20 anos percorrendo bibliotecas e escenarios de toda Galicia cos seus espectáculos feitos de contos, cantigas e xogos.
Para celebrar esta efeméride decidiu facer una selección dalgúns dos seus maiores éxitos centrándose na parte máis musical (cantigas, xogos, bailes... ) para dar lugar a un espectáculo participativo e festivo cheo de contos e cantos.   

Programa

NON

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (Público familiar a partir de 4 anos)

Duración

60 minutos

Sesións

  • Sesión única: 05/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Auditorio da Casa da Cultura

Categorías: Cultura

Los golfos

Axenda Cultural - Sáb, 05/10/2024 - 18:00

5 de outubro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Un grupo de rapaces dos suburbios madrileños trata de saír da súa mísera situación. Un deles quere ser toureiro e os seus compañeiros confían en que poida triunfar e facelos ricos a todos.

Ópera prima de Carlos Saura, nunca antes exhibida na súa montaxe orixinal en España. En 2024 Filmoteca Española recuperou a metraxe máis completa partindo dunha análise comparativa de varias copias existentes e fixo unha nova restauración dixital.

Categorías: Cultura

La Bella y La Bestia

Axenda Cultural - Sáb, 05/10/2024 - 18:00

5 de outubro, 18:00
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro - Santiago de Compostela - A Coruña

La Barbarie Teatro Musical trae de volta unha historia clásica: a de La Bella y La Bestia, ¡convertida en musical! Con moita maxia, emoción, unha historia de amor que pode superar todas as barreiras, amizade, feitizos e por suposto moita música.
É o evento ideal para que nenos e adultos desfruten xuntos do teatro. Cun coidado vestiario e voces en riguroso directo, a música transportará a unha historia máxica. 
Idade recomendada: a partires de 2 anos, recomendado para todos os públicos.
 
 

Categorías: Cultura
Distribuir contido


by Dr. Radut