Skip to Content

Cultura

«Mudar a pel» | Ópticas contemporáneas 2024

Axenda Cultural - Ven, 18/10/2024 - 20:00

18 de outubro, 20:00
Monte Gaiás, s/n - Santiago de Compostela - A Coruña

Mudar a pel é unha obra na que as imaxes, os sons e a palabra son os vehículos para transmitir á audiencia aspectos da sociedade actual que son obxecto tamén da investigación antropolóxica. Esta singular peza será interpretada polos seus creadores, a profesora e investigadora Mari Luz Esteban, o musicólogo e gaiteiro, Llorián García, e o historiador e artista sonoro, Andrés Rodrigues o 18 de outubro dentro do ciclo Ópticas contemporáneas 2024 da Cidade da Cultura.

Categorías: Cultura

A trompa non só é cousa de elefantes

Axenda Cultural - Ven, 18/10/2024 - 19:00

18 de outubro, 19:00
Teatro Municipal - Tui - Pontevedra

O CUARTETO DE TROMPAS Catro Cores presenta un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos, onde aprenden e descobren aos poucos a forma e os sons dun instrumento musical: a trompa.
As partes deste instrumento están agochadas no escenario e as instrumentistas terán que atopalas para poder facer música con el.
Finalmente, construirán a trompa e tocarán as cancións e melodías de diferentes pezas musicais nun concerto que estimula a vista e o ouvido, onde a trompa servirá para crear diferentes ambientes e movementos.

Categorías: Cultura

Concerto de Gloria Pavía e Rafa Morales

Axenda Cultural - Ven, 18/10/2024 - 19:00

18 de outubro, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña

Cunha linguaxe propia, o dúo formado pola cantante Gloria Pavía e o baixista Rafa Morales tráenos un repertorio formado principalmente por temas orixinais, arranxados para voz e baixo eléctrico, unha mestura que xera un diálogo entre os instrumentos e que ofrece tanto momentos intimistas como intensos grazas ao xogo de timbres e ás diferenzas na creatividade de cada un. 

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Categorías: Cultura

O galo Manolo : o máis espelido de todo o curral

Axenda Cultural - Ven, 18/10/2024 - 18:00

18 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola - Pontevedra - Pontevedra

O Galo Manolo vive moi feliz na súa granxa... ata que un feito inesperado fará que comece unha viaxe chea de perigos con crocodrilos, lobos e raposas ...

 

Data e hora: venres 18 de outubro ás 18:00 horas

Público destinatario: infantil, a partir de 3 anos

Sen inscrición prrevia, ata completar a capacidade da sala

 

 

Categorías: Cultura

Geometría del Alma, de Teatro Plus (AST)

Axenda Cultural - Ven, 18/10/2024 - 18:00

18 de outubro, 18:00
Auditorio Casa da Cultura do Milladoiro - Ames - A Coruña

Fusión entre teatro visual, danza contemporánea e manipulación de obxectos que expresan a relación entre as simples formas xeométricas e o corpo humano, un corpo que intentará dar alma á xeometría para poder comprender a xeometría da alma que está no seu interior.

Unha teoría alternativa ao comezo do universo e a evolución das formas e a vida ata chegar ao ser perfecto.

Teatro Plus

Teatro Plus é un grupo profesional de teatro, de teatro de marionetas, fundado no ano 1997 en Sofía, Bulgaria. Os seus membros Olga e Aleksandar Churchich son licenciados na Academia Nacional de Artes Escénicas e Cinematográficas, Sofía, Bulgaria (1992- 1996). Desde o ano 2001 o Teatro Plus está establecido en España, primeiro en Segovia e logo en Xixón, Asturias. En todos estes anos a compañía experimentou con distintos tipos de teatro e técnicas de manipulación.

Categorías: Cultura

O novo traxe do Rei

Axenda Cultural - Ven, 18/10/2024 - 18:00

18 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública de Lugo - Lugo - Lugo

Un traxe especial, para un rei especial.

Aquel traxe novo e máxico prometía ser un capricho inigualable, e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia de calquera habitante da corte.

Podería ser certo?.

Funcionaría?

Dalgún xeito si; pero non como el o esperaba.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos (Familiar)

Duración: 50 minutos.

Salón de actos (ata completar aforo)

 

Categorías: Cultura

Neste día... Escriben

Axenda Cultural - Ven, 18/10/2024 - 18:00

18 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña

Sesión de iniciación a escrita dun texto a cargo de María Canosa. Ofreceranse estratexias para que a cativada non teña medo ao papel en branco e na mesma sesión realicen un pequeno texto.

Público infantil de 6 a 12 anos.

 

Inscrición a través de formulario web a partir do 4 de outubro.

15 prazas.

Duración: 60 minutos

Categorías: Cultura

Presentación do libro YO.... DURMIENDO

Axenda Cultural - Ven, 18/10/2024 - 18:00

18 de outubro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Presentación do libro de Stan Brakhage YO.... DURMIENDO (UN DIARIO DE SUEÑOS Y EXPLICACIONES ENTRE PARÉNTESIS), publicado orixinalmente en 1988 e que saíu ao mercado en español en 2023 baixo o selo de Lumière, con tradución de Pablo Marín e edición de Francisco Algarín Navarro.

Seguida de proxección de curtas do autor: Short Films: 1975 (Parts 1-10), Nightmare Series.

Categorías: Cultura

Terceiro Acto

Axenda Cultural - Ven, 18/10/2024 - 18:00

18 de outubro, 18:00
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña

As responsables da dirección e dramaturxia desta produción, Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, presentan a proposta deste espectáculo que se representou por primeira vez en 2021 e que se reestrea agora dentro da programación coa que o Centro Dramático Galego celebra este ano o seu 40º aniversario:

"A idea da conversa sempre está moi presente nos nosos espectáculos. Gústanos a idea do teatro como un foro, como un espazo de negociación que serve para tender pontes, para contradicirnos e para achegarnos uns aos outros.

Esta idea de conversación resúltanos profundamente conmovedora e para Terceiro acto, ante a pregunta de como podiamos permanecer vinculados ao pasado, nun tempo no que a fenda entre xeracións é tan grande que parece que non podemos herdar as experiencias dos que nos anteceden, propuxémonos ter unha longa e profunda conversa cun grupo de persoas maiores de 60 anos e que ademais dedicaran a súa vida á arte da interpretación e do teatro.

No camiño atopamos cinco persoas extraordinarias, cinco actrices e actores que se entregaron con absoluta xenerosidade á empresa de utilizar o teatro como un lugar para reencontrarse e reflexionar sobre certas cuestións que foron xurdindo ao longo do proceso e converténdose en relevantes. Reflexionamos sobre ese esplendor vital que emana moitas veces do que poderiamos dar en chamar "o terceiro acto dunha vida", preguntámonos como é o proceso de irse facendo maior, falamos dos anhelos, das perdas, dos soños que lles quedan por cumprir dentro e fóra dun escenario, do lugar onde nos coloca a sociedade ao írmonos facendo maiores. Xuntos, lembramos e reflexionamos sobre días pasados, analizamos o impacto da arte na vida destes cinco artistas e buscamos comprender como a historia destas mulleres e homes foi atra vesada pola Historia con maiúscula. Cinco persoas que naceron nunha ditadura e que na súa mocidade creron que podían comezar de cero e loitar por un novo mundo. En Terceiro acto analizamos tamén o seu legado e formulamos hipóteses sobre como será o mundo cando eles xa non estean.

Neste momento no que a historia corre a una velocidade endiañada, detémonos para escoitar atentamente, nunha especie de soño poético, a aqueles que van diante de nós, os gardiáns da memoria"

Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez

ELENCO

Belén Constenla, César Cambeiro, César Goldi, Fernando Morán e María Costas

EQUIPO ARTÍSTICO

Escenografía Marta Pazos

Vestiario Yaiza Pinillos

Coreografía Amaya Galeote

Iluminación Miguel Ruz

Axudante de dirección Laura Míguez

Axudante de escenografía Carmen Triñanes

 

Venda de entradas:  https://entradas.ataquilla.com/é/ventaentradas/teatro/46-salon-teatro-/x3aggskk-terceiro-acto-do-cdg

Categorías: Cultura

“Estudar é + doado se sabes COMO” (6ª Sesión)

Axenda Cultural - Ven, 18/10/2024 - 17:00

18 de outubro, 17:00
Biblioteca Pública de Lugo - Lugo - Lugo

Estudar é + doado se sabes COMO”, é un obradoiro educativo que che amosará como acadar mellores resultados académicos, sacando o máximo de partido ás túas horas de estudo, e gañando tempo para outras actividades.

Contidos:

  • Identifica o teu método estudo persoal.
  • Condicionantes ambientais para o estudo.
  • Método e técnicas de estudo
  • Detección de dificultades individuais no aprendizaxe.

Duración: 50 minutos.

Horario:

  • 17:00 h. 3º e 4º de primaria (8-9 anos) máximo participantes 8
  • 18:00 h. 5º e 6º de primaria (10-11 anos) máximo participantes 8
  • 19:00 h. 1º e 2º ESO (12-13 anos) máximo participante 8

Inscrición previa dende o luns 9 de setembro na sala infantil e no teléfono 982828329

Categorías: Cultura

Toponimízate 2024

Axenda Cultural - Ven, 18/10/2024 - 12:00

18 de outubro, 12:00
Salón de plenos da Casa do Concello - A Illa de Arousa - Pontevedra

Nova edición do programa de promoción da lingua galega Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. A acción enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia, e coordinarase desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A toponimia é a disciplina que estuda os topónimos ou nomes propios de lugar: os das aldeas e parroquias, os dos ríos e leiras, os dos penedos e fontes. Constitúe un aspecto fundamental do noso patrimonio que liga a lingua propia coa xeografía, a historia ou a arqueoloxía de noso. En 2024, na que xa é a súa sétima edición, Toponimízate chegará a 12 concellos, co obxectivo principal de difundir o valor da nosa riqueza toponímica e involucrar moitos colaboradores e colaboradoras neste gran proxecto colectivo de salvagarda dos nosos nomes de lugar a través da plataforma Galicia Nomeada.

Obxectivos

Os obxectivos deste programa son múltiples e atinguen tanto á veciñanza coma aos técnicos municipais:

  • Achegarlle á cidadanía de cada concello valiosa información sobre a historia do galego falado na súa contorna e sobre os modos de vida dos seus antepasados, os feitos históricos que foron relevantes para eles e as características da paisaxe no momento en que se bautizou cada anaco da súa terra ou cada braza do seu mar. Porque en Galicia todo está nomeado e cada nome ten unha historia que contar, un anaco de historia local que non figura nos libros e que aos veciños e veciñas lles gustará coñecer. Fornecer os técnicos municipais das ferramentas necesarias que lles faciliten a tramitación de expedientes relacionados coa planificación e xestión do territorio do termo municipal, nos que deben empregar os topónimos normalizados, así como a posta en valor e promoción turística da paisaxe e dos elementos do patrimonio material e inmaterial que posúen.
  • Fomentar o uso da lingua galega entre a xente máis nova, pois promoverase que sexa esta a lingua en que interactuen cos seus avós e veciños para preguntarlles polos nomes de lugares e as lendas a eles asociados. Tamén empregarán o galego coas novas tecnoloxías para subir toda esa información a internet. Os topónimos naceron en galego e así deben usarse, tal como se manifesta no artigo 10 da Lei 3/1983 de normalización lingüística.
  • Fomentar a presenza do galego nas tecnoloxías da información e da comunicación. A toponimia moderniza a nosa lingua, porque a imos traballar cunha APP que presentará as últimas novidades en sistemas de información xeográfica e porque abriremos unha ventá ao mundo a través de internet para dar a coñecer a singularidades de cada concello.
  • Xerar dinámicas de traballo que promovan as relacións entre a sociedade, entre as asociacións veciñais e culturais e as administracións. Trátase de buscar a participación de toda a comunidade nun proxecto cultural común, facendo un traballo cooperativo entre varias xeracións, poñendo en valor a sabedoría dos máis vellos, a intrahistoria de cada concello e a conservación do patrimonio inmaterial (tradicións, folclore, coplas, lendas... asociadas aos topónimos). Isto creará un sentimento de identidade colectiva compartida e de continuidade.
Categorías: Cultura

O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada

Axenda Cultural - Xov, 17/10/2024 - 21:00

17 de outubro, 21:00
Teatro Principal - Pontevedra - Pontevedra

Cunha sinceridade crúa e o seu clásico humor irónico, Carrodeguas aborda neste texto de auto[NON]ficción a relación co seu corpo, marcada pola gordofobia que se respira en calquera recuncho desta apaixonante sociedade da fermosura. Porque por moito que te escondas, a gordofobia sempre está ao teu carón. Sobre todo porque está en ti.

Categorías: Cultura

Música

Axenda Cultural - Xov, 17/10/2024 - 20:30

17 de outubro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Abandonado ao nacer nas montañas gregas unha noite de treboada, Jon é adoptado por uns granxeiros, sen chegar a coñecer os pais biolóxicos. Anos despois, tras ser encarcerado como responsable dun accidente mortal, Jon coñece a Iro, celadora da súa prisión. Ela parece procurar a súa presenza, coida del, grávalle música e establécese entre eles unha unión moi forte. Mais Jon comeza a perder visión progresivamente… Desde ese intre e malia os obstáculos, comezará a vivir a súa vida con toda plenitude.

Categorías: Cultura

El nadador de aguas abiertas, de K. Producciones e Tanttaka Teatroa (EUS)

Axenda Cultural - Xov, 17/10/2024 - 20:30

17 de outubro, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo

Son dous… pero non son parella. Aínda que o poida parecer en ocasións.
Son dous e son homes. Aínda que lles sobra tenrura e ganas de pasalo ben.
Son dous e vas rir con eles. Se cadra ata os queres adoptar. Pódese falar.
Son dous e necesítanse. Aínda que non o saiban.
Son dous en cartel, pero moitos no escenario. Halo entender cando o vexas.
Son dous e co mar forman un trío. Se es de Praia, sabes do que che estou a falar.
Son dous e despois de os coñecer, valos botar en falta.

Espectáculo candidato a 6 Premios Max 2024.

Categorías: Cultura

O dragón de ouro

Axenda Cultural - Xov, 17/10/2024 - 20:15

17 de outubro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo

Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa:un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida rápida Tailandés - Chinés - Vietnamita,O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia e tampouco atopa a súa irmá desaparecida.

No balcón, sobre o Dragón de Ouro,un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos.

No piso de abaixo, un home, deixado pola súa muller, visita ao seu amigo,un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución. Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas topa e garda unha moa que caeu na súa sopa tailandesa.

Intercalada entre as escenas, está inserida a Fábula da Cigarra (que non gardaba nada no verán) e pídelle á Formiga que lle dea de comer.

Categorías: Cultura

Atlántico a viaxe da nosa vida

Axenda Cultural - Xov, 17/10/2024 - 18:30

17 de outubro, 18:30
Biblioteca Central Henrique Rabuñal - Arteixo - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Os debuxos de Castelao cóntannos: "Cousas de Nenos". Descubriremos a partir da súa arte, nosa historia.
Unha actividade que celebra os procesos migratorios que caracterizan a Galicia de onte e hoxe, a riqueza na diversidade, o encontro.
Morriña e lazos.
Unidos a travez dun océano de posibilidades.
Unha aventura chea de amor e identidade autorreferencial do autor e de moitos galegos.

Programa

Contacontos de setembro a decembro

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (Primaria)

Duración

45 minutos

Sesións

  • Sesión única: 17/10/2024 - 18:30

Lugar de celebración

Biblioteca Henrique Rabuñal (Central). Arteixo

Categorías: Cultura

Dulcinea a nena cabaleira

Axenda Cultural - Xov, 17/10/2024 - 18:00

17 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública Municipal de Xermade - Xermade - Lugo

Texto de presentación da actividade

Breogán descobre que hai un perigoso ladrón que percorre as terras da Mancha e que nin o propio Quixote é quen de facerlle fronte. Quen os poderá axudar? Tamén descubrirá que as princesas non son como dicían os contos, e que poden facer cousas abraiantes. Unha narración oral con divertidos xogos motrices e con debuxo en directo do escritor e ilustrador Anxo Fariña.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (de 3 a 8 anos)

Duración

40 minutos

Sesións

  • Sesión única: 17/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Biblioteca de Xermade

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

Onde viven os monstros

Axenda Cultural - Xov, 17/10/2024 - 18:00

17 de outubro, 18:00
Axencia de Lectura Municipal de Corvillón - Cambados - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (de 3 a 11 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 17/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

ALM CORVILLÓN

Categorías: Cultura

Zapatiños de cartón e a carta dos bosques

Axenda Cultural - Xov, 17/10/2024 - 18:00

17 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública Municipal Xosé María Pérez Parallé - Fene - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Zapatiños de Cartón, o avó do Carballo con Botas, chega a biblioteca portador dunha carta dos bosques para que nenas e nenas aprendan a camiñar polas historias para coidar da tera que gardan os libros, Grazas aos libros podemos coñecer a coidar de teixos, freixos, bidueiras..., porque as bibliotecas son bosques xa que os libros algún dia foron árbores.

Programa

Ciclo do Mes da Biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (Publico familiar de 0 a 15)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 17/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal de Fene

Categorías: Cultura

Caixa, caixiña, caixón

Axenda Cultural - Xov, 17/10/2024 - 18:00

17 de outubro, 18:00
Axencia de Lectura Municipal de Buxantes - Dumbría - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Unha proposta que conecta un contacontos e un obradoiro. Desta maneira as crianzas descubrirán as mil e unha historias anónimas olvidadas nun caixón así como os diferentes formatos nos que as podemos ilustrar, dende unha caixa de cartón a unha caixiña de papel.

Programa

Outono na biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (De 6 a 10 anos)

Duración

60 minutos

Sesións

  • Sesión única: 17/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

ALM BUXANTES

Categorías: Cultura
Distribuir contido


by Dr. Radut