Skip to Content

News aggregator

Concerto

Axenda Cultural - Sáb, 03/08/2024 - 23:45

3 de agosto, 23:45
Refuxio de Pescadores de Cobas - Negreira - A Coruña

Eles defínense coma uns rapaces dos anos 90 que creceron escoitando a grupos como Berrogüetto, Milladoiro e infinitas cancións de infinitos estilos musicais. Por iso, defenden a mú- sica feita de raíz e a creación contemporánea que pon en valor a tradición. Teñen os pés na terra pero a súa mirada é completamente global, xa que buscan sons diferentes de todas as partes do mundo e sen prexuízos. As súas influencias van desde as músicas do Magreb ou o rock saharaui ata as melodías cubanas. Teñen amor pola música e pola experimentación, deste eclecticismo e desta xuventude nace a súa frescura.

Cada un deles contribúe de maneira esencial a crear o poderoso bodegón millenial que define a De Ninghures. Co respaldo dos éxitos acumulados no seu álbum ‘Aquí’ como carta de presentación, este grupo é a elección ideal para as persoas que buscan experiencias musicais auténticas que enraízan a tradición galega cunha perspectiva global, moderna e actual.

De Ninghures promete levar á súa audiencia a unha viaxe sonora que vai desde a fusión de xéneros ata a paixón máxima pola arte 

Categorías: Cultura

Loop Station

Axenda Cultural - Sáb, 03/08/2024 - 21:00

3 de agosto, 21:00
Praza de Sta. María - Vilalba - Lugo

Catuxa Salom é unha artista galega de raíces arxentinas e unha das voces máis destacadas do movemento folk-electrónico do momento. En 2022 publica o seu disco revelación Nunha aldea, un EP de debut producido por Marcos Bayón en Prasat Bayon Studio, que reflicte en cada canción un universo sonoro que vai da música tradicional galega aos ritmos latinos. Un disco envolto por unha atmosfera tribal que convida ao baile e nos conecta co noso lado máis puro e salvaxe. De Aimogasta ás montañas de Lugo, Catuxa Salom crea un lugar onde o fogar e o amor pola natureza están moi presentes.

Neste concerto en solitaria, Catuxa Salom acompáñase da súa guitarra e unha loop station. 

Categorías: Cultura

Circo menudo… menudo circo

Axenda Cultural - Sáb, 03/08/2024 - 20:30

3 de agosto, 20:30
Praza Maior - Xinzo de Limia - Ourense

Un espectáculo concebido para lembrar estampas do CIRCO que a maioria da xente coñece de sempre pero buscando a participación e implicación do público. Mais de 75 minutos de duración, que independentemente da idade, manteñen o público espectante e participativo.

A mezcla de Humor, Maxia, sckets onde o espectador forma parte do elenco de participantes disfrutando e participando dos números que se presentan. 

Categorías: Cultura

Ailá

Axenda Cultural - Sáb, 03/08/2024 - 20:00

3 de agosto, 20:00
Praza de Forcarei - O Pino - A Coruña

Ailá é unha proposta inspirada na música tradicional de transmisión oral co obxectivo de facer bailar e de sentir esa enerxía universal feita “de raíces e de ás”, pero tamén é unha proposta semántica, un neoloxismo para nomear a esencia emocional do noso pobo presente “nos ecos da memoria de quen nos precedeu”.

Ailá mergúllanos no universo folk; ou tradi, como prefiren denominalo eles, cuns impecables arranxos desde as recollidas históricas do saber musical popular. Isto, unido á peculiar formación composta por catro músicos, dálle un carácter único, achegando unha nova sonoridade ao seu repertorio tradicional; unha nova proposta que vén do folk para converterse en tradi.

Categorías: Cultura

Festa das Sopas do Burro Canso

Axenda Cultural - Sáb, 03/08/2024 - 20:00

3 de agosto, 20:00
Muiños - Muíños - Ourense

O Concello de Muíños celebra a Festa das Sopas do Burro Canso grazas á recuperación levada a cabo pola Asociación Fonte Fría. 

Esta festa gastronómica ten as súas orixes na tradicional sobremesa formada por viño, azucre e faragulla de pan (de aí o peculiar nome). 

Outrora os nosos antepasados alimentábanse desta mestura para facer fronte ás duras tarefas agrícolas, e debido á súa composición e capacidade enerxética, mantíñaos con gran vitalidade e forza. 

Este feito fixo que os membros da devandita Asociación, unha noite nas instalacións do seu centro, decidisen render unha pequena homenaxe aos seus devanceiros, celebrando esta festa. 

Así pois, un bo día ataron un burro na porta do seu centro de reunión e elaboraron o peculiar prato, convidando a quen o desexase, a participar da festa. 

Co paso do tempo fóronse ampliando as actividades para realizar neste día de festa, entre as que destaca unha Feira de Artesanía e actividades para os máis cativos. 

Se a todo isto sumamos que se atopa nunha contorna natural e paisaxística única dentro do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés, a Festa das Sopas de Burro Canso convértese nunha das celebracións con máis tradición de Galicia, congregando a milleiros de persoas na primeira fin de semana de agosto desde o ano 1993.

Categorías: Cultura

Cómica de lingua

Axenda Cultural - Sáb, 03/08/2024 - 20:00

3 de agosto, 20:00
Anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio - Ribas de Sil - Lugo

Unha cómica ambulante transita polo Camiño de Santiago, pode aparecer en calquera recuncho detrás dun biombo. Presenta o seu espectáculo con poesía e pandeireta, presumindo de lingua propia.

 

Ela é portadora da nosa rica tradición oral. Da súa boca abrollan ditos, trabalinguas, adiviñas, contos e lendas. Onde a amizade, o amor, o bo humor, o enxeño e a intriga dánse a man.

 

A cómica de lingua é unha peregrina máis. Tras atravesar varias pontes chega a unha pousada. Alí perde unha quenda. Para gañarse o sustento, comeza a función para os hóspedes que alí se atopan.

 

Unha única intérprete dará voz e corpo a todas as personaxes das súas historias.

 

A actuación, de súpeto, vese interrompida por un grallo. Asoma pola fiestra da pousada unha oca!!

Categorías: Cultura

Atemporal

Axenda Cultural - Sáb, 03/08/2024 - 19:30

3 de agosto, 19:30
Praza do Camiño - Portomarín - Lugo

O Mago Charlangas invítanos a viaxar a través do tempo co seu espectáculo ATemporal, onde a maxia e o teatro mestúranse creando unha historia na que navegaremos pola nosa imaxinación.

Un número de ilusionismo co que gozaremos de xogos con cartas, bolas, moedas, billetes e máis sorpresas que nos farán pasar unha leda xornada chea de maxia.

Coñeceremos a un científico tolo e os seus incríbles experimentos para adentrarnos nunha viaxe co Pirata Barbanegra na busca de máxicos tesouros.

Categorías: Cultura

Cirkote

Axenda Cultural - Sáb, 03/08/2024 - 19:00

3 de agosto, 19:00
Vilar de Barrio - Vilar de Barrio - Ourense

CIRKOTE circo de rúa e teatro, malabares e humor, sobre todo moito humor.

 

KOTE MALABAR leva cerca de 20 anos facendo rir e gozar a todo tipo de públicos en infinidade de actuacións por festas, feiras, festivais e demais actos lúdicos e de entretemento. No espectáculo combina técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa actor-público nun espectáculo no que pode acontecer de todo, incluso que ti acabes sendo a estrela da función.

Categorías: Cultura

Don Gelati

Axenda Cultural - Sáb, 03/08/2024 - 18:00

3 de agosto, 18:00
Praza do concello - Xunqueira de Ambía - Ourense

Un brillante día de sol chega á praza un vendedor de xelados co seu carriño-bici para endulzar os paladares e sacar un sorriso aos que alí viven. Pero este non será un día como outros...

Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño e os seus xelados.

O tempo apremia e ten que arranxalo antes de que o sol nos deixe sen frescos doces.

"Don Gelati"  é un esoectáculo de maxia teatral que pola súa tematica resulta perfecto para representarse na rúa ademais dos teatros. O carro dos xelados leva integrado un potente equipo de son a batería , que lle da unha gran movilidade e posibilita  a súa reprersentación sen case necesidades técnicas.

Esta é unha obra de teatr xestual, onde un guión cheo de maxia leva a Don Gelati ó limite da súa imaxinación axudandose dos malabares , o clawn, o público e como non, o seu inxenio.

Categorías: Cultura

Atando cabos. Nós mariñeiros

Axenda Cultural - Sáb, 03/08/2024 - 12:00

3 de agosto, 12:00
Museo Massó - Bueu - Pontevedra

Dirixido a nenas e nenos dende oito anos (e menores acompañados), trátase dun obradoiro práctico de aprendizaxe de cinco nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito e Ballestrique.

Explicaranse a súa orixe e aplicación, e cada persoa participante elaborará un chaveiro cun tipo de nó mariñeiro.

O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto.

Categorías: Cultura

PoesíaenRiba

Axenda Cultural - Sáb, 03/08/2024 - 12:00

3 de agosto, 12:00
Museo Etnolóxico de Ribadavia - Ribadavia - Ourense

O primeiro fin de semana de agosto, na igrexa da Madalena, o Museo Etnolóxico de Ribadavia en colaboración co concello, organiza a IV edicion de “Poesía en Riba”, reunindo actividades perfomáticas e un obradoiro de ecopoesía. Nesta ocasión recibe a Carlos Santiago, David Trashumante, a Yolanda Castaño e Aida Saco con Marcos de la Fuente (presentando "as cordas invisíbeis"), e será na igrexa da Madalena, con entrada de balde ata cubrir a capacidade.

 

Categorías: Cultura

Festival Internacional do Emigrante

Axenda Cultural - Sáb, 03/08/2024 - 11:00

3 de agosto, 11:00
San Miguel de Reinante - Barreiros - Lugo

A parroquia de San Miguel de Reinante (Barreiros, Lugo) reúne desde 1980 o primeiro sábado de agosto decenas de grupos de danza e música folclórica de Galicia, doutras comunidades autónomas e de todos os continentes, con motivo da celebración do Festival Folclórico Internacional do Emigrante, que organiza a asociación folclórica O Arco da Vella. Coa distinción de Festa de Interese Turístico Galego, que acadou no ano 2007, recoñécese a súa singularidade, o arraigamento e o valor cultural que atinxiu en máis dun cuarto de século de vida.

Destacado:
Actuacións de grupos folclóricos de todo o mundo.

Categorías: Cultura

Festa do Pemento de Herbón de Padrón

Axenda Cultural - Sáb, 03/08/2024 - 11:00

3 de agosto, 11:00
Carballeira do Convento dos Franciscanos - Padrón - A Coruña

“Os pementos de Padrón uns pican e outros non”, di o refrán popular. Nada que obxectar por que, malia as distintas teorías existentes, non se pode diferencialos (aquí reside unha parte da graza de comelos). Pero si se pode facer unha puntualización, en xusto recoñecemento ao lugar de procedencia do máis internacional dos produtos desta comarca bañada polo río Ulla: que os afamados y diminutos pementos verdes son, en realidade, de Herbón.
A carballeira do Convento dos Franciscanos desta parroquia padronesa é o escenario onde se rende homenaxe desde hai máis de trinta anos aos saborosos pementos que, frixidos e ben sazonados con sal, son os reis das tapas máis típicas de Galicia, entre viandas varias e frituras de peixe. Aquí, tras un vistoso desfile de tractores engalanados, ten lugar o pregón da festa e o nomeamento das novas damas e novos cabaleiros da Orde do Pemento de Herbón. Esta recoñece, ademais, cos seus respectivos medallóns os labores de promoción de entidades, persoas ou establecementos hostaleiros, e incluso o labor realizado no seu cultivo.
Ao longo do día, a organización reparte gratuitamente en torno a 3.000 kg de pementos entre os centos de asistentes, que gozan tamén da degustación de polbo e churrasco nas carpas instaladas á sombra da carballeira.

Destacado:
Percorrido de dous quilómetros, entre Padrón e Herbón, que realizan os colleiteiros nos seus tractores engalanados para a ocasión.

Categorías: Cultura

Romaría da Tortilla de Laro

Axenda Cultural - Sáb, 03/08/2024 - 11:00

3 de agosto, 11:00
Laro (San Salvador) - Silleda - Pontevedra

A Carballeira de Castro acolle desde o ano 1989 unha das festas gastronómicas máis concorridas do panorama galego, xa que reúne cada ano arredor de 10.000 persoas, que saborean unhas 2.000 racións de tortilla e 1.000 litros de viño.
Na romaría non falta o pregón, a cargo dunha personaxe convidada, un concurso-degustación, unha poxa de tortillas gañadoras e unha gran cea na carballeira con actuacións de grupos tradicionais, charangas e orquestras.
A comisión organizadora e a asociación de amas e amos de casa preparan centos de tortillas en todas as súas variedades posibles: con bacallau, pementos, chourizo, carne, gambas...
Numerosos grupos de amigos da zona comparten unha intensa xornada festiva que remata cunha multitudinaria verbena. Como servizos de loxística, a organización dispón de autobuses ata Laro dende Silleda, A Bandeira e Lalín.

Categorías: Cultura

Unaligned

Axenda Cultural - Ven, 02/08/2024 - 22:00

2 de agosto, 22:00
Travesía do Porto. Milladoiro - Ames - A Coruña

As barbancesas levan anos conseguindo recoñecementos.

Gañadoras este mesmo ano do IV Premio Martín Códax dá Música en Galicia na categoría de Rock e do Vodafone yu Music Talent de 2013, nos últimos anos subiron aos escenarios de festivais nacionais como Brincadeira Festival, Monkey Week, Portamérica, Sunshine Festival, Vertixe Estival ou Low Festival, entre outros, veñen de actuar non festival Posporos de Manila en Filipinas e pasaron dous anos consecutivos polo prestixioso festival South by Southwest (SXSW) de Texas. Incoming Noise, supón para elas un "paso de madurez profesional e persoal" co que presentan un novo estilo sonoro. 

 

Categorías: Cultura

PoesíaenRiba

Axenda Cultural - Ven, 02/08/2024 - 21:30

2 de agosto, 21:30
Museo Etnolóxico de Ribadavia - Ribadavia - Ourense

O primeiro fin de semana de agosto, na igrexa da Madalena, o Museo Etnolóxico de Ribadavia en colaboración co concello, organiza a IV edicion de “Poesía en Riba”, reunindo actividades perfomáticas e un obradoiro de ecopoesía. Nesta ocasión recibe a Carlos Santiago, David Trashumante, a Yolanda Castaño e Aida Saco con Marcos de la Fuente (presentando "as cordas invisíbeis"), e será na igrexa da Madalena, con entrada de balde ata cubrir a capacidade.

 

Categorías: Cultura

Inefable

Axenda Cultural - Ven, 02/08/2024 - 21:30

2 de agosto, 21:30
Praza Irmáns Souto Montenegro - Begonte - Lugo

INEFABLE: Dise de aquilo que non pode ser explicado con palabras.

Un espectáculo con números espectaculares e unha posta en escena coidada. Unha viaxe polas diferentes disciplinas do ilusionismo co toque persoal de Dani Polo.

Un espectáculo para toda a familia onde cada un dos asistentes quedará sen palabras.

Categorías: Cultura

Animacreques

Axenda Cultural - Ven, 02/08/2024 - 21:30

2 de agosto, 21:30
Parque do Espiñeiro - Sanxenxo - Pontevedra

En Animacreques, a partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza, xorde esta proposta de animación e intervención na rúa.

Ánxela Blanco e Vanessa Rivas (Catropés) propoñen un xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiriteira.

Categorías: Cultura

Festicultura, o millor para perde-la cordura

Axenda Cultural - Ven, 02/08/2024 - 21:00

2 de agosto, 21:00
Área recreativa de Gontán - Abadín - Lugo

Sobre o escenario ou no seu mítico carro amplificado remolcado por un motocultor, os Festicultores convirten cada festival ou verbena pola que pasan na maior pista de baile do mundo.  

Os máis experimentados cultivadores de festas de Galicia volven á carga coa súa  mestura de humor, performance e música festeira que non deixa indiferente a ninguén. As atmósferas ciganas e festeiras coas que enchen as rúas e os escenarios fan que o público non deixe de bailar no que dura a festa.

Están recomendados pola organización mundial da saúde .

Categorías: Cultura

Clara Pino e Pablo Vidal

Axenda Cultural - Ven, 02/08/2024 - 21:00

2 de agosto, 21:00
Salgadeira Vella de Punta Moreiras - O Grove - Pontevedra

Escolma de cancións dos seus traballos anteriores editados NOWHERE, Sete Saias, etc., xunto con outras aínda sen editar, bebendo directamente nas súas composicións da Música Tradicional Galega, e outras Músicas do Mundo.

Categorías: Cultura
Distribuir contido


by Dr. Radut