Skip to Content

News aggregator

O mundo da dobraxe

Axenda Cultural - Mér, 09/10/2024 - 11:00

9 de outubro, 11:00
Biblioteca Pública Municipal Ramón Suárez Picallo - Sada - A Coruña

Texto de presentación da actividade

“O mundo da dobraxe” é un obradoiro lúdico educativo, que nos achega, dun xeito ameno e participativo, este fascinante mundo. Mediante unha dramatización moi visual, móstranselles todos os pasos da elaboración dunha película; desde a creacion do guión ata a dobraxe da mesma que por suposto os propios nenos realizan.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público xuvenil

Duración

60 minutos

Sesións

  • 1ª sesión: 09/10/2024 - 11:00
  • 2ª sesión: 09/10/2024 - 12:00

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal Suárez Picallo de Sada

Categorías: Cultura

Conta contos e divulgación do libro

Axenda Cultural - Mér, 09/10/2024 - 10:15

9 de outubro, 10:15
Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures - Pontecesures - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Contar contos fomentando así a lectura dos máis cativos, e para que sexa máis ameno realizarase posteriormente unha actividade de interpretación.
Mentres que no taller do libro "A nena do vestido de flores", preténdese concienciar sobre as discapacidades e dar a coñecer o autismo.

 

Programa

“Outubro, mes das Bibliotecas"

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (De 4-12 anos)

Duración

90 minutos

Sesións

  • Sesión única: 09/10/2024 - 10:15

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal de Pontecesures

Categorías: Cultura

CULTUREARTE

Axenda Cultural - Mar, 08/10/2024 - 20:45

8 de outubro, 20:45
CM Arosa - Santiago de Compostela - A Coruña

Charla -Coloquio impartida por Gemma Rodríguez, experta en Protocolo.
Programa CULTUREARTE, recoñecido con 1ECTS pola USC

Categorías: Cultura

MESA REDONDA: REENCADRAMENTOS DE XÉNERO

Axenda Cultural - Mar, 08/10/2024 - 19:00

8 de outubro, 19:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Arrinca o programa Close-Up cunha primeira conversa a tres voces en que, a partir das traxectorias persoais de cada cineasta, trataremos cuestións como a representación da feminidade e da masculinidade mediante a construción dos personaxes ou do peso dos elementos formais á hora de elaborar unha determinada perspectiva de xénero.

 

Participantes:

Sonia Méndez 

Xacio Baño

Ángeles Huerta

Encontro moderado por Jara Yáñez.

 

Proxección posterior de La felicidad, de Agnès Varda.

Categorías: Cultura

A gaita galega

Axenda Cultural - Mar, 08/10/2024 - 18:30

8 de outubro, 18:30
Biblioteca Pública Municipal Manuel María - Oleiros - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Conto ilustrado e poemas musicados ao ukelele, sobre a obra "A gaita galega" de Xoán Manuel Pintos, que invita a reflexionar sobre o uso do galego na actualidade e ten como finalidade sensibilizar, dun xeito didactico e divertido, o público máis cativo sobre a importancia do entendemento e o uso da nosa lingua.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 08/10/2024 - 18:30

Lugar de celebración

Biblioteca Manuel María (Concello de Oleiros)

Categorías: Cultura

Extra!

Axenda Cultural - Mar, 08/10/2024 - 18:30

8 de outubro, 18:30
Biblioteca de O Froxel Francisco A. Vidal - Arteixo - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Extra! é o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos vós. Un xornal que convida a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? En Extra! pódese. E cantos máis sexamos, moito mellor.

Programa

Contacontos de setembro a decembro

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

60 minutos

Sesións

  • Sesión única: 08/10/2024 - 18:30

Lugar de celebración

Biblioteca Francisco A. Vidal, O Froxel (Arteixo)

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

Unhas maxias rebuldeiras

Axenda Cultural - Mar, 08/10/2024 - 18:00

8 de outubro, 18:00
Axencia de Lectura Municipal de Vilariño - Cambados - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

A Maga Fani achéganos unhas sorpresas e uns ​a​​​​​braios rebuldeiros, para non deixar de escaravellar na testa, rascar na caluga ou apiñar nova información no hipocampo.
Benvid@s a un espectáculo con mollo de participación da concorrencia, maxia e risadas.
Unha escolma de aventuras, co fin de pousar encol da mesa a afirmación seguinte: os libros, as bibliotecas e as amizades son fenomenais!.
 

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

45 minutos

Sesións

  • Sesión única: 08/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

ALM VILARIÑO

Categorías: Cultura

Contiños na Biblio

Axenda Cultural - Mar, 08/10/2024 - 18:00

8 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense

Sesión de contacontos con actividades relacionadas coa historia narrada. 
Actividade pensada para nenas e nenos de 4 a 6 anos.

Para asistir a ela é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 desde o venres anterior á actividade.

 

 

Categorías: Cultura

Contos animados

Axenda Cultural - Mar, 08/10/2024 - 17:30

8 de outubro, 17:30
Biblioteca Pública Municipal de Outes - Outes - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Contos, historias dos que sairán os persoaxes para compartir connosco as súas aventuras.
Contos animados é un espectáculo de animación á lectura, con maxia, contos, monicreques, participación, diversión e moito máis.
 

Programa

Contacontos

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (4 a 10)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 08/10/2024 - 17:30

Lugar de celebración

Biblioteca Pública Municipal Nicolasa Añón de Outes

Categorías: Cultura

O peixe luminoso e fabula da raposa e o caranguexo

Axenda Cultural - Mar, 08/10/2024 - 17:30

8 de outubro, 17:30
Biblioteca Pública Municipal de Valga - Valga - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Nesta proposta sardiñas, rodaballos, caranguexos, peixes abisais e polbos se transforman en personaxes   para contarnos historias fascinantes do mar.  Con estes personaxes Mirari representará o conto  de Italo Calvino " O peixe luminoso" con títeres de luva e a fábula de " A raposa e o caranguexo" con títeres de boca. Acompañaranse os contos con cancións populares " O Rodaballo" e  "Caranguexo".

Programa

Día da Biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3 a12 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 08/10/2024 - 17:30

Lugar de celebración

Casa da Cultura ao carón da biblioteca

Categorías: Cultura

A Xunta celebra o Día da Ciencia en Galicia e traballa para impulsar o sector no panorama internacional

Noticias sobre Ensino - Mar, 08/10/2024 - 13:55

Summary: 

O acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, está dedicado este ano ao Matemático Rodríguez, coincidindo co bicentenario do seu falecemento

Tamén se entregaron as Medallas de Investigación a cinco científicos galegos en activo das universidades de Santiago de Compostela, Vigo e do CSIC

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia súmase a celebración do Día da Ciencia en Galicia, dedicado este ano ao Matemático Rodríguez. Organizado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), durante o acto fíxose un percorrido pola vida e obra do primeiro científico galego con pegada internacional, ademais da entrega da sexta edición das Medallas de Investigación.

 

A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiron a esta cita anual, onde puxeron en valor o labor da Academia a prol da ciencia en Galicia. “A entrega de medallas é un claro exemplo de como a RAGC busca destacar o traballo que se fai desde Galicia no eido da investigación científica”, sinalaron.

 

Este 2024 a Academia galega recoñece a traxectoria de cinco científicos galegos en activo das universidades de Santiago de Compostela, Vigo e do CSIC. O investigador do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC Antonio Figueras recibiu a Medalla Ánxeles Alvariño González da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde; o catedrático de Economía Aplicada da USC Santiago Lago fíxose coa Medalla Domingo García-Sabell da sección de Ciencias Económicas e Sociais; o catedrático de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Uvigo Pedro Arias foi recoñecido no campo das Ciencias Técnicas coa Medalla Isidro Parga Pondal; o catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da USC e investigador do CiTIUS Alberto Bugarín recibiu a Medalla Enrique Vidal Abascal da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación, e, finalmente, o investigador do CiQUS Diego Peña obtivo a Medalla Antonio Casares Rodríguez da sección de Química e Xeoloxía.

 

Durante o acto tamén se proxectou un vídeo divulgativo sobre a José Rodríguez científico do ano, coincidindo co bicentenario do seu falecemento, e o catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC e académico da Real Academia de Farmacia de Galicia, Francisco Díaz-Fierros, impartiu unha conferencia ao redor da súa figura.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

Autos tolos - Robótica creativa

Axenda Cultural - Mar, 08/10/2024 - 10:30

8 de outubro, 10:30
Axencia de Lectura Municipal de Muras - Muras - Lugo

Texto de presentación da actividade

Construiremos divertidos vehículos eléctricos autónomos; deseñaremos as súas partes esenciais: chasis, motor, rodas, etc.; amosarremos as nosas creacións participando nun concurso de deseño e creatividade  e probaremos as nosas invencións nunha carreira tola, tola, tola: 3 - 2 - 1... XAAAA!!!

Programa

NENGÚN

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

90 minutos

Sesións

  • Sesión única: 08/10/2024 - 10:30

Lugar de celebración

CEIP ANTIA CAL

Categorías: Cultura

Captación de voz en galego para o Proxecto Nós

Axenda Cultural - Mar, 08/10/2024 - 10:00

8 de outubro, 10:00
Aula de Informática (Chalet de Vilas, rúa da Cerca, 7) - Fisterra - A Coruña

O Proxecto Nós é un proxecto impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia que busca que todo tipo de dispositivos electrónicos poidan “entender” e “falar” a lingua galega e que calquera galego ou galega poida empregar con total normalidade a súa lingua, por exemplo, cando lle dá unha orde ao GPS do coche, cando fala cun asistente de voz -como SIRI ou ALEXA-, cando se xeran subtítulos de contidos audiovisuais de forma automática, cando lle quere ditar ao seu procesador de texto, cando pide unha cita no médico ou quere facer unha xestión no banco.

Para conseguilo é preciso facerse previamente cunha grande cantidade de texto e audio en lingua galega que permita un axeitado adestramento dos algoritmos do sistema. Para iso, o Proxecto Nós está a empregar dúas vías fundamentalmente: unha a través de captación de voces en liña nesta web e outra trasladándose fisicamente a diferentes concellos galegos para recoller a voz da veciñanza que desexe colaborar co proxecto en horario de 10:00 h a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. Anímate e doa!

Categorías: Cultura

"Galicia coa maxia"

Axenda Cultural - Lun, 07/10/2024 - 18:30

7 de outubro, 18:30
Axencia de Lectura Municipal de Castrelo - Cambados - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

"Galicia coa Maxia" é o novo show do mago Pedro Bugarín totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante, versátil e sempre en clave de humor. Este show que percorreu máis de 100 Concellos cambia pero mantén a esencia da maxia divertida e moi moi participativa. 

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (Recomendado a partir dos 6 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 07/10/2024 - 18:30

Lugar de celebración

ALM CASTRELO

Categorías: Cultura

Anuncio por palabras

Axenda Cultural - Lun, 07/10/2024 - 18:30

7 de outubro, 18:30
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán - Sanxenxo - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Irene vota unha ollada ao periódico por primeira vez e descubre os traballos dos anuncios por palabras, saberá que quere ser de maior? 

Programa

Mes das letras

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (+3 anos)

Duración

45 minutos

Sesións

  • Sesión única: 06/05/2024 - 18:30

Lugar de celebración

Biblioteca Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo

Categorías: Cultura

A orquestra de camarote

Axenda Cultural - Lun, 07/10/2024 - 18:30

7 de outubro, 18:30
Biblioteca de Oseiro Dora Vázquez - Arteixo - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Se algo fascinaba ó príncipe Lorenzo era fedellar no faiado do pazo.  cando atopou unha caixiña músical e quedou abraiado. De tanto remexer, un día atopou un tesouro. El, que vivía baixo a influencia do Imperium Panoramium, axiña quedou enfeitizado por aquel son tan fermoso. Así comeza esta viaxe fabulosa, esplendorosa, aparatosa, pomposa e sobre todo fantastuosa! 

Programa

Contacontos de setembro a decembro

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 07/10/2024 - 18:30

Lugar de celebración

Biblioteca Dora Vázquez , Oseiro (Arteixo)

Categorías: Cultura

Rueda anuncia que a Xunta construirá no polígono da Sionlla o novo edificio do Centro de Supercomputación de Galicia para impulsar o seu liderado internacional

Noticias sobre Ensino - Lun, 07/10/2024 - 18:27

Summary: 

Salienta que a obra, dotada de 56 M€, será “o maior investimento na historia do Cesga” e se prevé que estea rematada “a mediados do 2026”

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP resalta que a nova sede albergará o Finisterrae IV, o futuro supercomputador que cubrirá tamén necesidades vinculadas á intelixencia artificial

O proxecto levantarase nunha superficie de máis de 9.100 metros cadrados propiedade da Xunta, coidando tanto a súa funcionalidade como a estética

O obxectivo destas actuacións é reforzar o Cesga como un centro de referencia europea que estea á vangarda en infraestruturas de computación 

Idioma Gallego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno autonómico vai destinar “56 millóns de euros” á construción do novo edificio do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) “que estará situado no polígono da Sionlla”. 

“Será o maior investimento feito no Cesga ao longo da súa historia e a previsión é que estea listo a mediados de 2026”, indicou o presidente, quen resaltou que o obxectivo é que o Cesga siga a manterse “coma un referente a nivel nacional e internacional”.

O novo edificio do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) albergará as novas infraestruturas tecnolóxicas avanzadas do centro que estarán a disposición da comunidade científica e das empresas. Tal e como explicou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, a actuación realizarase cun orzamento de máis de 56 M€ de fondos europeos e do Goberno galego, tras lograr captar 47,4M€ procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia, no marco do PERTE Chip. De feito, Galicia é a comunidade que consegue unha maior achega entre todos os membros da Rede española de supercomputación (RES), formada por 14 nodos distribuídos por todo o Estado, que recibe, no seu conxunto, 63 millóns de euros. É dicir, que Galicia capta o 75% dos fondos repartidos en toda España.

Para poder levar a cabo todas as actuacións do proxecto, a Xunta de Galicia incrementa o orzamento nun 20%, posibilitando o impulso do Cesga no seu liderado internacional. Ademais desta achega, dispón do soar do polígono da Sionlla en que se construirá o novo centro co fin de poñer en funcionamento este servizo nos prazos establecidos.

O edificio situarase nun soar cunha superficie de máis de 9.100 metros cadrados e terá unha superficie construída de 5.800 metros cadrados, que cumpre con todos os requirimentos imprescindibles para o seu funcionamento. Pola natureza singular do proxecto, e de cara a unha futura ampliación e adaptación á súa evolución, é necesario realizar un deseño integrado que aliñe todos os aspectos interrelacionados entre si. Deste xeito, a disposición do novo data center terá en conta os sistemas construtivos e as instalacións, pero tamén aspectos de planificación do espazo, a funcionalidade de cada subsistema, e a seguridade das persoas e equipamentos, entre outras características.

Respecto ao aspecto máis arquitectónico, e no que atinxe á estética do novo edificio, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional busca convertelo nun referente non só en canto á súa funcionalidade, senón tamén a nivel estético, sen esquecer no proceso aspectos tan importantes coma os ambientais e de eficiencia enerxética. 

Ampliación das capacidades do Cesga

O obxectivo deste investimento é reforzar o Cesga como un centro de referencia no ámbito nacional e europeo, que estea á vangarda en infraestruturas de computación, así como no coñecemento sobre tales infraestruturas. Para iso, ademais da nova sede do Cesga que contará cun orzamento de máis de 12 millóns de euros, están previstas unha serie de actuacións para mellorar a calidade dos servizos ofrecidos á comunidade científica e tecnolóxica coa dotación de novas infraestruturas. 

O conselleiro detallou que o Cesga contará cun novo supercomputador, o Finisterrae IV, que proporcionará unha potencia computacional adicional cubrindo necesidades de intelixencia artificial, entre outras, e ao que se destinarán “18,6 millóns de euros”. Tamén se ampliará a capacidade de almacenamento do centro mediante unha nova infraestrutura que permitirá almacenar gran cantidade de datos de modo permanente e prestar servizos de datos avanzados, á que se destinarán “7,8 millóns”.

Completarase a oferta actual do Cesga en computación cuántica con novas capacidades que impulsen o desenvolvemento do ecosistema de computación cuántica e favoreza o seu liderado internacional, que contará cun investimento “de 18 millóns”. 

Todas estas novas infraestruturas serán localizadas no novo edificio do polígono da Sionlla, que será complementario ao centro de procesamento de datos actual do Cesga situado no campus universitario, e funcionará como centro de procesamento de datos específico e adaptado a estas novidades. Así, ampliaranse as capacidades de aloxamento de infraestruturas tecnolóxicas avanzadas deste centro dependente da Xunta de Galicia e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). 

Avanzar na xeración de coñecemento

Este proxecto que despregará o Goberno autonómico suporá un importante incremento da capacidade de cálculo e almacenamento científico do Cesga, o que permitirá á comunidade científica galega e ao CSIC avanzar máis rapidamente na xeración de coñecemento e na innovación en áreas como a física de altas enerxías, a climatoloxía, a meteoroloxía, a oceanografía, as ciencias da vida, o deseño de fármacos, a ciencia de materiais, a medicina especializada, a intelixencia artificial, a optimización de procesos industriais, a sustentabilidade e moitas máis. 

Ademais, achegará vantaxes competitivas aos grupos de investigación que son usuarios do nodo Cesga como membros da Infraestrutura científica e técnica singular (ICTS) integrada na Rede española de supercomputación (RES), ante a crecente demanda destes. Actualmente o Cesga conta cunha nómina de usuarios moi significativa, uns 1.400 usuarios, dos cales o 25% son de fora de Galicia.

Así mesmo, estas infraestruturas permitirán ao Cesga seguir mellorando os servizos que presta e que redundan nunha mellora da calidade de vida dos galegos, como dar soporte computacional á predición diaria do estado do mar para  toda a fachada atlántica europea para o sistema de monitorización europeo Copernicus, á predición xeral do tempo en Galicia para MeteoGalicia, á simulación de asolagamentos na bacía hidrográfica Galicia-Costa para Augas de Galicia ou á produción das preto de 40.000 análises xenómicas de pacientes que a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica produce anualmente.

Por último, contribuirán a un fortalecemento e ampliación das colaboracións que o centro mantén con empresas tractoras de diversos sectores como Finsa, Hijos de Rivera ou Mestrelab e que resultan en melloras competitivas destas. Actualmente, o Cesga conta con dúas infraestruturas de computación: o Finisterrae III e o Qmio, dous recursos moi  potentes que están á disposición do ecosistema de I+D+i, o que repercute nun beneficio para practicamente todos os sectores económicos. 

Na aposta decidida da Xunta de Galicia pola supercomputación e a promoción de servizos comúns de apoio ás tarefas de investigación, naceu o Cesga, unha das infraestruturas máis relevantes da área de computación de altas prestacións en España. “Galicia conta cun dos mellores centros de cuántica do sur de Europa e este novo edificio vai manter a Galicia á vangarda neste eido”, indicou Rodríguez, quen salientou que se trata “dun proceso ambicioso que vai marcar o desenvolvemento de áreas clave como a biotecnoloxía ou a intelixencia artificial”.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

Román Rodríguez dá conta ante o Consello Escolar de Galicia do novo impulso do ensino nos vindeiros anos a través de plans específicos desde infantil ata FP

Noticias sobre Ensino - Lun, 07/10/2024 - 18:25

Summary: 

O conselleiro preside a reunión deste órgano de consulta, onde agradece o labor da comunidade educativa para que este curso arrancara con normalidade

Na xuntanza analizáronse os desafíos de futuro do sistema cos retos da nova ordenación da FP, da nova ABAU e da intelixencia artificial entre outros

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presidiu hoxe a xuntanza do Consello Escolar de Galicia para analizar o comezo do curso, así como para dar conta das principais accións de futuro impulsadas pola Xunta de Galicia co obxectivo de afianzar “a maior transformación histórica do ensino galego dos últimos 30 anos” que abrangue retos como seguir implementando o acordo de mellora que arrancou este ano coa baixada de rateos e a ponderación do alumnado con necesidades, entre outros; a posta en marcha da nova Abau, a aplicación da nova ordenación da Formación Profesional, a incorporación da intelixencia artificial ou a modernización das infraestruturas educativas.

Román Rodríguez quixo aproveitar a súa intervención ante este órgano de participación e consulta no eido do ensino para, en primeiro lugar, agradecer a profesionalidade e a responsabilidade coa que actuaron tanto os profesores como familias e alumnos neste inicio de curso, que fixo que arrancara con normalidade.

O titular de Educación referiuse aos “grandes avances” nos últimos anos en parámetros que miden a calidade e a equidade grazas a un “modelo propio” que agora cómpre “seguir preparando para os retos e desafíos de futuro” con accións específicas para todas as etapas educativas, desde Infantil e Primaria ata ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Neste obxectivo enmárcase o Plan MEGA de mellora educativa de Galicia, que é a estratexia do Goberno galego para incrementar o nivel de competencias clave do alumnado, personalizar o apoio educativo e a atención ás necesidades específicas.

Formación Profesional

No eido da Formación Profesional -que este ano acada un novo récord histórico de matriculados- a Consellería porá en marcha o Plan FPGal360 de orientación profesional integral, co que se busca que o 100% dos mozos sigan formándose ata, polo menos, cumprir os 18 anos, e tamén atraer ao sistema educativo persoas con baixa cualificación ou que queren mellorar a que teñen. Román Rodríguez referiuse tamén á nova ordenación da FP, para a cal a Xunta, ante os retrasos do Ministerio, adiantouse cunha normativa propia que inclúe a posta en marcha da FP Dual Intensiva e o reforzo das prácticas en empresas e das horas en inglés ata duplicar as existentes ata o de agora.

Así mesmo, outro dos retos a partir deste curso vai ser a posta en marcha da primeira proba de ABAU común con outras 11 comunidades autónomas e na que desde a Consellería xa se está traballando en coordinación coas tres universidades públicas co fin de dar certezas ao profesorado e ao alumnado e acabar coas desigualdades.

Finalmente, Román Rodríguez referiuse tamén á folla de ruta establecida no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para seguir modernizando e mellorando as infraestruturas educativas, coa construción de novos centros e a rehabilitación e ampliación de outros.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

Unha mostra da Xunta e da Real Academia Galega de Ciencias homenaxea ao matemático Rodríguez no bicentenario do seu falecemento

Noticias sobre Ensino - Lun, 07/10/2024 - 18:23

Summary: 

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP participa na inauguración da exposición ‘José Rodríguez. O matemático de Bermés’

Román Rodríguez anima á cidadanía a descubrir “novas luces sobre a súa figura e contribución para poñer Galicia no mapa da ciencia”

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na inauguración da exposición José Rodríguez. O matemático de Bermés, organizada pola Real Academia Galega de Ciencias en colaboración coa Xunta de Galicia. Esta mostra, que se poderá visitar na Igrexa da Universidade, súmase ás celebracións que homenaxean ao longo deste ano ao Matemático Rodríguez no bicentenario do seu falecemento.

Acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, o titular de Ciencia puxo en valor o legado que deixou este ilustre matemático de Bermés. “Estamos ante un dos maiores e máis cativadores xenios da nosa historia, capaz de poñer o nome de Lalín nos principais foros científicos da súa época grazas a súa inigualable sabedoría e, en consecuencia, contribuíu a poñer Galicia no mapa da ciencia e o progreso”, sinalou o conselleiro. “Acadou grandes éxitos, como os seus estudos relacionados co meridiano de Greenwich ou os cálculos precisos do arco do meridiano terrestre, e fíxoo sempre reivindicando as súas raíces”, engadiu Román Rodríguez, quen apuntou que agora “é o noso deber como galegos homenaxear a súa figura”.

O representante da Xunta tamén salientou o apoio do Goberno galego, que celebra poder sumarse aos actos de conmemoración da figura do Matemático. A exposición coincide co seu nomeamento como científico galego do ano 2024. Enmarcada nas actividades do Día da Ciencia en Galicia, unha celebración promovida pola Academia de Ciencias, este traballo reivindica o valor da investigación científica a través de figuras destacadas como é o caso do Matemático Rodríguez.

Santiago, Lalín e Madrid

A mostra, que será itinerante, estará en Santiago ata o 12 de novembro para despois viaxa ata Lalín para rematar o seu percorrido no 2025 en Madrid. “Esta exposición única desprázase aos espazos que fixeron grande a lenda do Matemático: aquí en Santiago, no seu Lalín natal e tamén en Madrid, unha demostración máis da universalidade do persoeiro dentro e fóra das nosas fronteiras”, destacou Román Rodríguez. “É unha oportunidade para coñecer novas luces sobre a súa figura”, remarcou animando á cidadanía a coñecer as curiosidades da exposición.

Na súa primeira sede, na compostelá Igrexa da Universidade, a mostra poderá visitarse de luns a sábado, de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas, e os domingos de 11 a 14 horas. Con este traballo a Xunta de Galicia avanza na promoción do talento galego e na divulgación da nosa historia científica e cultural. Este proxecto subliña a importancia de preservar e difundir a memoria dos grandes científicos galegos, asegurando así que as novas xeracións descubran e valoren a súa contribución ao avance do coñecemento.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

Creamos o noso Pop Up

Axenda Cultural - Lun, 07/10/2024 - 17:30

7 de outubro, 17:30
Biblioteca Pública Municipal María José Ruso - Oleiros - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Creamos o noso  Pop Up.
Gustaríate aprender as distintas técnicas para facer o teu propio libro emerxente e interactivo?  Neste obradoiro descubrirás e realizarás distintas técnicas para darlle vida ao teu propio libro e así poder dar forma 3D a calquera historia que te gustaría contar.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (7 a 12 anos)

Duración

90 minutos

Sesións

  • Sesión única: 07/10/2024 - 17:30

Lugar de celebración

Biblioteca P.M. Mª José Ruso de Dorneda (Concello de Oleiros)

Categorías: Cultura
Distribuir contido


by Dr. Radut