Skip to Content

News aggregator

A Xunta licita a redacción do proxecto para construír o primeiro instituto público do Pereiro de Aguiar, por máis de 9 M€

Noticias sobre Ensino - Ven, 04/10/2024 - 18:33

Summary: 

“Con esta nova actuación damos resposta á crecente demanda de prazas neste concello, evitando que o desprazamento do alumnado a Ourense”, di Román Rodríguez

O novo instituto enmarcarase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta, cun orzamento de 210M€ para o período 2025-2028

Este compromiso súmase ao xa adquirido con anterioridade para ampliar o Colexio CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey, neste mesmo municipio

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e alcalde do Pereiro de Aguiar, Luis Menor, anunciaron hoxe a licitación da redacción do proxecto para construír o que será o primeiro instituto público deste concello ourensán, que suporá un investimento de máis de 9M€. A previsión inicial é que o centro, que terá capacidade para 320 alumnos, abra as súas portas para o curso 2026/27.

“Con esta nova actuación, damos resposta á crecente demanda de prazas neste concello, evitando que o alumnado se teña que desprazar a Ourense, como ocorre neste momento, para cursar ESO e Bacharelato”, sinalou o responsable de Educación do Goberno galego.

Román Rodríguez explicou que este compromiso deriva do protocolo asinado co Concello do Pereiro de Aguiar o pasado mes de decembro para ampliar o Colexio CEIP Pluriingüe Ben-Cho-Shey e para estudar as posible vías de implantación da Educación Secundaria no municipio.

“Como facemos sempre cando hai que tomar unha decisión deste tipo, analizamos os datos demográficos do concello e, ao comprobar que rexistran un constante crecemento nos últimos anos, optamos por construír un instituto”, explicou o conselleiro, indicando que se prevé un incremento de arredor de 200 alumnos no ensino secundario obrigatorio nos vindeiros cursos.

Esta nova obra de construción enmarcarase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para os vindeiros tres anos, que conta cun orzamento de máis de 210M€.

Prazos

A redacción do proxecto licítase hoxe mesmo, coa previsión de poder licitar a obra (unha vez entregado e supervisado o proxecto) arredor do mes de xullo de 2025. Deste xeito poderíanse iniciar os traballos de construción no último trimestre de 2025.

O investimento previsto supera os 9M€ e o prazo de execución das obras, segundo as estimacións iniciais, será de 18 meses. O instituto contará con aulas para oito grupos de ESO e catro de Bacharelato. Para a súa edificación, o Concello cederá á Consellería unha parcela de 20.000 m².

Á espera do que se concrete no proxecto, o centro disporá dunha superficie útil de 3.276,4 m². Ademais das devanditas 12 aulas para ESO e Bacharelato, contará con aulas de apoio educativo e desdobres, así como outras específicas para música, tecnoloxía, plástica, laboratorios, seminarios.... Tamén albergará un espazo aberto e multifuncional de foro, seguindo os parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, biblioteca, ximnasio, aseos vestiarios, tanto estándar como adaptados.

A área de administración contará con todos os espazos necesarios para o cadro de profesorado e equipo directivo e, ademais, dotarase o edificio dun local para cafetería.

Ampliación do colexio

A construción do primeiro instituto do Pereiro de Aguiar súmase ao compromiso xa adquirido o decembro pasado para ampliar o Colexio CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey, neste mesmo municipio, co obxectivo de dar cabida á matrícula crecente en Educación Infantil e Primaria. Actualmente está en fase de redacción o proxecto básico e a intervención está entre as prioridades para o ano 2025.

A ampliación do colexio engadirase ao conxunto de melloras das que xa foi obxecto o centro nos últimos anos cun investimento de máis de 1,2M€ por parte da Xunta, entre as que destaca a ampliación realizada no 2013 por case medio millón de euros.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

Diagnosticando a igualdade

Axenda Cultural - Ven, 04/10/2024 - 18:30

4 de outubro, 18:30
Biblioteca Pública Municipal de Noia - Noia - A Coruña

Texto de presentación da actividade

O Dr. Tilla é un afamado virólogo que ven de facer un gran descubrimento. Atopou a vacuna contra o virus que nos tolea a cabeza dende xa hai algún tempo. 
O Coronavirus?... Non!. O VIRUS DE MACH! Causante da enfermidade do machismo.
Pero esta vacuna ten unha pega, fai moito dano a pinchala no cu. Se non che gustan os pinchazos o Dr. Tilla proporá un tratamento alternativo e preventivo. Os Contos! 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (Público familiar a partir de 4 anos)

Duración

60 minutos

Sesións

  • Sesión única: 04/10/2024 - 18:30

Lugar de celebración

CASA DA CULTURA

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

Quiquiriquí!

Axenda Cultural - Ven, 04/10/2024 - 18:30

4 de outubro, 18:30
Biblioteca Pública Municipal María José Trincado - Oleiros - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Tres historias: Rosa, regresa ao campo da cidade, atopando a felicidade na súa granxa. Ramón, famoso galo da granxa de Rosa, coñecido pola súa valentía e o seu Quiquiriquí!. O seu fillo, Monchiño, enfronta o desafío de seguir o oficio do seu pai, pero hai un problema: ¡non sabe cantar! Unha historia divertida e esperanzadora sobre a necesidade de atopar a nosa propia voz.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3-12)

Duración

45 minutos

Sesións

  • Sesión única: 04/10/2024 - 18:30

Lugar de celebración

Biblioteca Pública Municipal María José Trincado de Mera (Concello de Oleiros)

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

Fíos do querer

Axenda Cultural - Ven, 04/10/2024 - 18:30

4 de outubro, 18:30
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole de Nós - Oleiros - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Cé orquestra pantasma, ofrece desta volta un formato musical agarimoso apto para a sensibilidade da primeira infancia. O emprego da voz e actitud, o suave e rítmico acompañamento musical do ukelele e do seu trebello sonoro para as costas, e as misteriosas árbores de axóuxeres que acompañan estética e harmoniosamente, consegue namorar dende o comezo do espectáculo.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

45 minutos

Sesións

  • Sesión única: 04/10/2024 - 18:30

Lugar de celebración

Biblioteca P. M. Ánxel Fole de San Pedro de Nós (Concello de Oleiros)

Categorías: Cultura

Caminando sobre el agua + Viaje hacia el oeste

Axenda Cultural - Ven, 04/10/2024 - 18:00

4 de outubro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Lee Kang-Sheng, antigo colaborador e actor principal das películas de Tsai Ming-liang, viaxa polo mundo, no papel dun monxe camiñante. A figura está inspirada en Xuanzang, un monxe budista da dinastía Tang que percorreu miles de quilómetros a pé entre China e a India.

 

Pezas da sesión: Caminando sobre el agua, Viaje hacia el oeste.

Categorías: Cultura

Cueiros de cores

Axenda Cultural - Ven, 04/10/2024 - 18:00

4 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública Municipal D. Santiago Rey Fernández-Latorre - Muxía - A Coruña

Texto de presentación da actividade

 Hoxe acompañaremos á Ratiña Faifá facendo ximnasia: arriba, abaixo, diante, detrás, abrir, pechar... Pero nos interromperá un imprevisto en forma de necesidade fisiolóxica. Aproveitaremos este momento para falar de cueiros e penicos. E continuaremos descubrindo as nosas emocións e as dos demais a través dun divertido xogo no que o protagonista é... ¡un monstro de cores!

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

40 minutos

Sesións

  • Sesión única: 04/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal Muxía

Categorías: Cultura

Aprende a facer un podcast!

Axenda Cultural - Ven, 04/10/2024 - 18:00

4 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública Municipal de Narón - Narón - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Aprende a crear un podcast. Aprende a redactar, locutar, gravar e editar un podcast. Con técnicas de locución, teatro e dobraxe. Lectura interpretativa, modulación da voz, vocalización e locución.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público xuvenil
  • Público adulto

Duración

130 minutos

Sesións

  • Sesión única: 04/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Biblioteca Pública Municipal de Narón

Categorías: Cultura

Debuxar letras

Axenda Cultural - Ven, 04/10/2024 - 18:00

4 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública Municipal do Valadouro - O Valadouro - Lugo

Texto de presentación da actividade

Dar os primeiros pasos na técnica do "lettering", tamén coñecida como rotulación, que consiste en Debuxar as letras con: pincel, tinta, rotuladores,... e sentar as bases pra seguir practicando na casa e acabar facendo letras con soltura e creando obra propia. 
Descubrir o desenvolvemento creativo, Debuxar as letras tamén favorece a concentración e a relaxación.
 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (7-14)
  • Público xuvenil
  • Público adulto

Duración

120 minutos

Sesións

  • Sesión única: 04/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Biblioteca

Categorías: Cultura

Literatura afinada

Axenda Cultural - Ven, 04/10/2024 - 18:00

4 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública Municipal de Moaña - Moaña - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Demostración práctica da riqueza e variedade instrumental da música de raíz a través da nosa literatura.
Achegar ao maior número de persoas a poesía, un xénero literario que se percibe con reticencias dende unha parte do público.
Achegar ao público á cultura musical dende unha perspectiva pedagóxica, aberta, amena e creativa.
 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público adulto

Duración

60 minutos

Sesións

  • Sesión única: 04/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Sala Celso Parada do Centro Sociocultural Daniel Castelao

Categorías: Cultura

Terceiro Acto

Axenda Cultural - Ven, 04/10/2024 - 18:00

4 de outubro, 18:00
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña

As responsables da dirección e dramaturxia desta produción, Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, presentan a proposta deste espectáculo que se representou por primeira vez en 2021 e que se reestrea agora dentro da programación coa que o Centro Dramático Galego celebra este ano o seu 40º aniversario:

"A idea da conversa sempre está moi presente nos nosos espectáculos. Gústanos a idea do teatro como un foro, como un espazo de negociación que serve para tender pontes, para contradicirnos e para achegarnos uns aos outros.

Esta idea de conversación resúltanos profundamente conmovedora e para Terceiro acto, ante a pregunta de como podiamos permanecer vinculados ao pasado, nun tempo no que a fenda entre xeracións é tan grande que parece que non podemos herdar as experiencias dos que nos anteceden, propuxémonos ter unha longa e profunda conversa cun grupo de persoas maiores de 60 anos e que ademais dedicaran a súa vida á arte da interpretación e do teatro.

No camiño atopamos cinco persoas extraordinarias, cinco actrices e actores que se entregaron con absoluta xenerosidade á empresa de utilizar o teatro como un lugar para reencontrarse e reflexionar sobre certas cuestións que foron xurdindo ao longo do proceso e converténdose en relevantes. Reflexionamos sobre ese esplendor vital que emana moitas veces do que poderiamos dar en chamar "o terceiro acto dunha vida", preguntámonos como é o proceso de irse facendo maior, falamos dos anhelos, das perdas, dos soños que lles quedan por cumprir dentro e fóra dun escenario, do lugar onde nos coloca a sociedade ao írmonos facendo maiores. Xuntos, lembramos e reflexionamos sobre días pasados, analizamos o impacto da arte na vida destes cinco artistas e buscamos comprender como a historia destas mulleres e homes foi atra vesada pola Historia con maiúscula. Cinco persoas que naceron nunha ditadura e que na súa mocidade creron que podían comezar de cero e loitar por un novo mundo. En Terceiro acto analizamos tamén o seu legado e formulamos hipóteses sobre como será o mundo cando eles xa non estean.

Neste momento no que a historia corre a una velocidade endiañada, detémonos para escoitar atentamente, nunha especie de soño poético, a aqueles que van diante de nós, os gardiáns da memoria"

Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez

ELENCO

Belén Constenla, César Cambeiro, César Goldi, Fernando Morán e María Costas

EQUIPO ARTÍSTICO

Escenografía Marta Pazos

Vestiario Yaiza Pinillos

Coreografía Amaya Galeote

Iluminación Miguel Ruz

Axudante de dirección Laura Míguez

Axudante de escenografía Carmen Triñanes

 

Venda de entradas: https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/teatro/46-salon-teatro-/...

Categorías: Cultura

O Xogo de Nano

Axenda Cultural - Ven, 04/10/2024 - 18:00

4 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola - Pontevedra - Pontevedra

“O Xogo de Nano” Para nano cada día é unha nova aventura chea de cousas que aprender, mentres xoga coas cores, as formas e a música. Porque cando se é tan pequeno atas as cousas más sinxelas se converten en todo un reto. As crianzas reinventan o mundo cunha mirada que o ve todo por primeira vez, abraiándose a cada paso, mentres aprenden novos nomes para os obxectos que acaban de descubrir.

Un espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebé a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese e cunha duración apropiada á súa capacidade de atención.

Nesta sesión conta a historia de Nano, que está medrando moi á présa, xa sabe facer moitas cousas el soliño. Ás veces, xogando, todo parece máis sinxelo e divertido.

Data e hora: venres 4 de outubro ás 18:00 horas

Público destinatario: bebés de 0 a 3 anos, acompañados de ata 2 adultos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 25 de setembro ás 9:00 horas

 

Categorías: Cultura

Encadernación a xaponesa

Axenda Cultural - Ven, 04/10/2024 - 17:30

4 de outubro, 17:30
Biblioteca Publica Municipal Xabier P. Docampo - Cambre - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Introdución a encadernación a xaponesa 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (A partires de 4 anos, menores acompañados.)
  • Público xuvenil
  • Público adulto

Duración

4 minutos

Sesións

  • Sesión única: 04/10/2024 - 17:30

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo

Categorías: Cultura

Lete Lasa confía en que o Deportivo Liceo “reverdecerá os seus éxitos” nesta nova tempada que comenza coa Supercopa da Coruña

Deporte Galego - Ven, 04/10/2024 - 17:24

O secretario xeral para o Deporte destaca os nove metais acadados pola patinaxe galega nos World Skate Games de Italia dos que catro ouros foron conseguidos por deportistas galegos de hóckey patíns: Jacobo Copa coa sub 19, María Sanjurjo coa absoluta feminina e César Carballeira e Ignacio Alabart coa absoluta masculina




A Coruña, 4 de outubro de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación da OK Liga 24/25 e da Supercopa de España de Hóckey Patíns que terá lugar esta fin de semana no Pazo dos Deportes de Riazor. O mandatario galego enxalzou ao Deportivo Liceo e aos seus 43 títulos nacionais e internacionais que o converten no club máis laureado de Galicia, ao tempo que amosou a súa confianza en que nesta tempada “reverdecerá os seus éxitos” e pelexará por novos éxitos como a Copa do Rei de 2021, a Supercopa de 2021 ou a OK Liga de 2022.

Neste sentido, o responsable da carteira de Deportes destacou o excelente momento da patinaxe galega que vén de acadar nove metais nos World Skate Games de Italia. Destes nove metais, case a metade foron conseguidos por deportistas galegos de hóckey patíns, sendo todos eles medallas de ouro: a de Jacobo Copa coa selección sub 19, a de María Sanjurjo coa selección feminina absoluta, e as de César Carballeira e Ignacio Alabart coa selección masculina absoluta. Lete Lasa destacou, ademais o protagonismo galego nas finais dos mundiais de hóckey patíns xa que tanto Jacobo como María e César acadaron goles decisivos para as súas seleccións.

Estes éxitos, dixo o secretario xeral, permiten que, a Federación Galega de Patinaxe conte con máis do dobre das licenzas que tiña en 2009, chegando hoxe ás 5.840, sendo o 34% femininas. Con respecto ao alto nivel, Lete Lasa destacou o músculo galego enumerando os equipos galegos que compiten nas máximas divisións como o Liceo, na OK Liga; o Dominicos, na OK Liga Prata; o HC Coruña e o HC Raxoi na OK Liga Iberdrola; e o Berenguela, o Cambre e o Ponteareas na OK Liga Prata Feminina.

 

Categorías: Deportes

“Estudar é + doado se sabes COMO” (4ª Sesión)

Axenda Cultural - Ven, 04/10/2024 - 17:00

4 de outubro, 17:00
Biblioteca Pública de Lugo - Lugo - Lugo

Estudar é + doado se sabes COMO”, é un obradoiro educativo que che amosará como acadar mellores resultados académicos, sacando o máximo de partido ás túas horas de estudo, e gañando tempo para outras actividades.

Contidos:

  • Identifica o teu método estudo persoal.
  • Condicionantes ambientais para o estudo.
  • Método e técnicas de estudo
  • Detección de dificultades individuais no aprendizaxe.

Duración: 50 minutos.

Horario:

  • 17:00 h. 3º e 4º de primaria (8-9 anos) máximo participantes 8
  • 18:00 h. 5º e 6º de primaria (10-11 anos) máximo participantes 8
  • 19:00 h. 1º e 2º ESO (12-13 anos) máximo participante 8

Inscrición previa dende o luns 9 de setembro na sala infantil e no teléfono 982828329

Categorías: Cultura

Ti tamén formas parte do TDAH

Revista Galega do Ensino - Ven, 04/10/2024 - 14:50
26/10/2024
Categorías: Educación

A Consellería de Educación anima aos centros a sumarse aos programas de impulso das bibliotecas escolares

Noticias sobre Ensino - Ven, 04/10/2024 - 13:33

Summary: 

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa visita o Colexio CEIP Virxe do Rocío, un dos participantes en ‘Biblioteca Creativa’, cuxa convocatoria está aberta

Tamén se poden presentar as solicitudes para o programa ‘Lectura e familias’

Idioma Gallego

A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, visitou hoxe a biblioteca escolar do Colexio Virxe do Rocío de Vigo, un dos participantes no programa Biblioteca Creativa, cuxa convocatoria está aberta ata o 8 de outubro para os centros que desexen incorporarse este curso.

Esta iniciativa busca estimular a iniciación do alumnado de Infantil e Primaria no campo do pensamento computacional a través de actividades manipulativas, entre outras, introducindo un espazo de creación e experimentación que achegue ao alumnado e ao profesorado os recursos e materiais axeitados. Trabállase a prol de ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e mediática, o razoamento lóxico, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado. Neste momento participan no programa 169 centros e poderán incorporarse 25 novos.

No transcurso da visita, a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP animou aos centros a sumarse aos diferentes programas de impulso da biblioteca escolar que a Xunta ten en marcha no marco do Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe). Entre eles destacou, ademais do devandito, o de Lectura e Familias, tamén coa convocatoria aberta, e que ten entre os seus obxectivos o fomento da participación dos integrantes do fogar nas actividades da biblioteca.

Familias nas bibliotecas

O programa Lectura e Familias busca estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar. Isto abrangue tanto experiencias de lectura como de traballo coa información e medios de comunicación. O obxectivo é que as nais e pais poidan, á súa vez, intervir con mellores recursos e eficacia na formación dos seus fillos como persoas lectoras e usuarias de información.

Poderán presentar solicitude para integrarse nesta iniciativa os centros que participen no Plan de mellora de bibliotecas escolares e seleccionaranse un máximo de 25 centros, que se sumarán aos 115 que participan xa no programa. O prazo está aberto ata o 16 de outubro.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

A Xunta salienta o potencial do Conservatorio Superior de Música de Vigo cunha aposta pola formación especializada e a internacionalización

Noticias sobre Ensino - Ven, 04/10/2024 - 13:30

Summary: 

A directora xeral de FP participa na apertura do curso académico 2024-25, onde destaca o apoio do Goberno galego coa matrícula gratuíta e o reforzo da oferta académica

Idioma Gallego

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, subliña o potencial  do Conservatorio Superior de Música de Vigo, un centro dependente da Xunta cunha destacada aposta pola formación especializada e a internacionalización que se traduce nunha alta calidade académica dos seus graduados.

Así o salientou esta tarde con motivo da apertura do curso académico 2024-25 do conservatorio, onde a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP subliñou o apoio do Goberno galego ás ensinanzas artísticas en Galicia en xeral e en Vigo en particular. Non en balde, a Xunta implantou este ano a gratuidade da matrícula nos estudos de grao en Ensinanzas Artísticas Superiores, unha medida pioneira a nivel estatal. Tamén se referiu ao  reforzo, o curso pasado, da oferta do Conservatorio Superior de Vigo coa posta en marcha do primeiro máster en ensinanzas artísticas en Creación, Interpretación e Investigación Musical, que actualmente están a cursar 38 alumnos dos máis de 300 matriculados neste centro.

O Conservatorio Superior de Música de Vigo ofrece unha ampla variedade de estudos de calidade. Entre eles, máis de 20 opcións instrumentais na especialidade de interpretación, así como as especialidades de Composición, Produción e Xestión, Musicoloxía ou Pedagoxía. Tamén destaca como un referente pola súa proxección internacional a través do programa Erasmus e este curso conta con novos acordos de intercambio coa Royal University of Arts de Pnom Phem de Camboia e con Mahidol University de Bangkok.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

Obradoiro científico para pequenos heroes

Axenda Cultural - Ven, 04/10/2024 - 12:45

4 de outubro, 12:45
Biblioteca Pública Municipal de Leiro - Leiro - Ourense

Texto de presentación da actividade

O alumado realizará diferentes experimentos, promovendo a participación de tod@s eles. Imaxinas facer slime neón, pasta de dentes de elefante ou un volcán? Organizamos sesións de divulgación científica con actividades prácticas e lúdicas, promovendo a ciencia creativa e manipulativa.  O alumnado poderá dun xeito divertido aprender. Non perdas esta oportunidade de coñecer a Ciencia máis divertida!

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (entre 3 e 16 anos)

Duración

60 minutos

Sesións

  • Sesión única: 04/10/2024 - 12:45

Lugar de celebración

Biblioteca

Categorías: Cultura

Mocidade ao mando: explorando a economía e a empresa

Revista Galega do Ensino - Ven, 04/10/2024 - 12:06
Concurso audiovisual

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, organizan o concurso “Mocida

Categorías: Educación
Distribuir contido


by Dr. Radut