Skip to Content

News aggregator

Marina Satti

Axenda Cultural - Sáb, 28/09/2024 - 21:30

28 de setembro, 21:30
Rúa de Concepción Arenal, 5 - Santiago de Compostela - A Coruña

Cantante, compositora e produtora musical combina sons gregos, balcánicos e do Mediterráneo oriental con outros contemporáneos, revolucionando así os códigos da música moderna ao tempo que abraza plenamente as súas raíces e herencia.

Categorías: Cultura

Michael’s Legacy

Axenda Cultural - Sáb, 28/09/2024 - 21:00

28 de setembro, 21:00
Rúa do Preguntoiro, 23 - Santiago de Compostela - A Coruña

Michael's Legacy, avalado polo Michael Jackson Fan Club en España como o mellor espectáculo musical en directo sobre O Rei do Pop na actualidade, é unha homenaxe a Michael Jackson, creada pola Jackson Dance Company.
Michael’s Legacy é a primeira homenaxe a Michael Jackson que ofrece o concepto de espectáculo que tivo o rei do pop nas súas xiras, con voces en directo e música. Michael's Legacy é un espectáculo apto para todas as idades, no que se pode gozar dunha escenografía moi coidada, con réplicas exactas das cancións orixinais e un toque especial que lle da a compañía nas súas actuacións, cun gran grupo de baile formado por 8 bailaríns, unha incrible banda de 4 músicos e voces en directo, que transmitirán á perfección as mensaxes que o rei do pop nos enviou en cada unha das súas actuacións, facéndovos vivir unha historia incrible coma se fose vostede o protagonista.
Jackson Dance Company crea este espectáculo musical de gran formato para todos os públicos, co que actuaron en grandes salas e nos teatros máis importantes do noso país.
 

Categorías: Cultura

Apaga o candil

Axenda Cultural - Sáb, 28/09/2024 - 20:30

28 de setembro, 20:30
TEATRO PASTOR DÍAZ - Viveiro - Lugo

O tempo da ficción dramática sitúase no intre do derradeiro alento d’O Xestal, finado á idade temperá de 59 anos. No lusco e fusco entre a vida a morte.

A peza toma como punto de inspiración estrutural e argumental os clásicos contos da visita da morte, unha tipoloxía de historias tradicionais universais que responden a un esquema máis ou menos semellante: un personaxe topa coa morte que lle vén anunciar que o seu final é inminente; o personaxe fai todo o que pode por enganar a morte e librarse do seu lúgubre designio, afán que acaba por resultar fatidicamente inútil. Na tradición galega este tipo de contos tenden a estar revestidos por unha pátina de humor e retranca que relativizan o seu carácter 

No plano persoal tocarase a cuestión da autoestima, da necesidade de recoñecemento e notoriedade. Da relativización do compromiso cívico. Os conflitos derivados da insatisfacción creativa e vital, ou da aceptación, por un mesmo e polos demais, da propia identidade nos seus aspectos máis íntimos. No plano colectivo especularase sobre a dificultade histórica (asumida, fomentada ou herdada) das clases populares galegas para prestixiaren as súas manifestacións características e, como consecuencia, prestixiárense nelas. Sobre o perigo de se instalaren nunha ollada choqueira ou esterilmente folclorizada dos elementos que definen a tradición, entre eles as artes e, nomeadamente, a lingua.

Un espectáculo que pretende ser unha homenaxe a unha figura clave da tradición popular: Carlos "O Xestal"

Categorías: Cultura

Proxecto curtas / entrepalav-bras

Axenda Cultural - Sáb, 28/09/2024 - 20:30

28 de setembro, 20:30
Auditorio Municipal de Rianxo - Rianxo - A Coruña

O Auditorio Municipal de Rianxo acolle a estrea da peza EntrePalav·bras, o cal é un proxecto de investigación que pretende afondar sobre o impacto do teatro nas mudanzas sociais e civilizaionais, comprendendo o teatro coma territorio.

Esta obra está composta por dúas pequenas pezas escénicas: "Fracturas" dirixida por Pedro Estorninho e "Ergue o cu" dirixida por Xavier Castiñeira. Nestas obras, ButacaZero e TEatroensaio cruzan o seus equipos para a xestación dun experimento escénico transnacional. EntrePalav·bras e, tamén, un diálogo entre dúas plataformas de produción teatral unidas pola paixón polo teatro político pero separadas por unha fronteira tan imaxinaria como real, a que separa Galiza de Portugal.

Ficha Artística primeira peza «FRACTURAS»:

TEXTO E DIRECCIÓN | Pedro Estorninho
INTERPRETACIÓN | Pepa Barreiro
DESEÑO DE LUZ E TÉCNICA | Beatriz de Vega
DESEÑO DE VESTIARIO E ESPAZO ESCÉNICO | Cova F. Carrodeguas
DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN | Esther F. Carrodeguas
PRODUCIÓN EXECUTIVA | Rubén Capelán

Ficha Artística segunda peza «ERGUE O CU»:

TEXTO ORIXINAL | Esther F. Carrodeguas
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA| Xavier Castiñeira
INTERPRETACIÓN | Inês Leite
COMPOSICIÓN E INTERPRETACIÓN MUSICAL | Eduardo Baltar Soares
DESEÑO DE LUZ, SON, VÍDEO E TÉCNICA | Hugo Valter Moutinho
DESEÑO DE VESTIARIO | Inês Galveias
DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN | Inês Leite, Pedro Estorninho
PRODUCIÓN EXECUTIVA | Pedro Ferreira

Categorías: Cultura

La osa estelar, de Panta Rhei (EUS)

Axenda Cultural - Sáb, 28/09/2024 - 18:30

28 de setembro, 18:30
Mosteiro de Santa María de Sobrado - Sobrado - A Coruña

A nova osezna Irdin está soa e abandonada no camiño da vida. Foxe da melancolía explorando o seu carácter e valor en busca de “un lugar no mundo”, unha familia e un fogar onde vivir feliz. Só a férrea determinación de Irdin a osezna de ir cara a vida, o amor, cara si mesma, lle mostrará o carreiro cara ao corazón da montaña onde habitan todos os seus soños.

Panta Rhei

 

Panta Rhei é unha compañía de creación e investigación escénica fundada en 1987 por Idoia Ayestaran e Emilio de Pinedo. A súa identidade artística é a investigación do obxecto, o monicreque e a súa relación co actor/actriz. Tamén traballa desde 2016 a relación escena-públicos na natureza e innovando a escena rural co programa de dinamización Bideart. Ademais da dirección e produción da Festa das Artes no medio Rural Festikale.

Categorías: Cultura

“Cantigaéverso” de Castro&Welicki

Axenda Cultural - Sáb, 28/09/2024 - 18:00

28 de setembro, 18:00
Praza do Concello - Triacastela - Lugo

"Cantigaéverso" é o título deste proxecto musical no que Francisco Castro e Federico Welicki repasan e revisitan os clásicos da poesía galega musicada.

Os dous músicos en escena, reforzados por un percusionista e una corista, fan unha viaxe completa pola historia das composición poéticas que versionaron os nosos grandes músicos. Durante a actuación, mestúrase a explicación e a música poetizada. Unha experiencia musical na que se escoitarán arredor de quince cancións interpretadas e cantadas por Castro&Welicki, todas elas importantes poemas de importantes poetas da nosa tradición literaria.

Categorías: Cultura

Radio Bulebule

Axenda Cultural - Sáb, 28/09/2024 - 18:00

28 de setembro, 18:00
Biblioteca Pública Municipal de Burela - Burela - Lugo

Texto de presentación da actividade

Abre as orellas! Sintoniza Radio Bulebule, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos e máis nos gusta. Porque dentro dela todo o universo é música. Vén vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Non perdas a oportunidade de sintonizar Radio Bulebule e pasalo ben cos amigos e amigas.

Programa

non

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

60 minutos

Sesións

  • Sesión única: 28/09/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Auditorio da Casa da Cultura.

Categorías: Cultura

Había un padre

Axenda Cultural - Sáb, 28/09/2024 - 18:00

28 de setembro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

O Sr. Horikawa, viúvo, coida do seu fillo Ryohei e é profesor de secundaria. Nunha viaxe escolar ao lago Hakone, un dos seus alumnos falece nun accidente. Como se sente responsable do acontecido, deixa o ensino e refúxiase co seu cativo na vila natal. Incapaz de atopar alí un traballo que lle dea cartos abondos para pagar a educación do rapaz, decide ir a Toquio e déixao nun internado.

Categorías: Cultura

ENTRECAJAS

Axenda Cultural - Sáb, 28/09/2024 - 18:00

28 de setembro, 18:00
Forum Metropolitano - A Coruña - A Coruña

PREMIO FETEN 2024 MELLOR ESPECTÁCULO DE CLOWB - ESPECTÁCULO CELEBRACIÓN 45 ANOS TEATRO PARAÍSO

Entrecajas é un espectáculo que suxire que o mundo é unha gran caixa na que vivir grandes aventuras, como a escena foino para Teatro Paraíso durante os seus 45 anos de traxectoria. Este espectáculo convídanos a gozar do xogo, a superar as dificultades en compañía e a imaxinar que xunto a outros seres humanos é posible alcanzar calquera soño.

Unha historia chea de humor, na que dous amigos que viven nunhas caixas imaxinan viaxes a lugares ensoñadores, coa súa sorprendente creatividade. A súa vida transcorre entre o xogo, a convivencia, as pelexas cotiás e as reconciliacións. Xuntos atoparán o camiño de regreso ao lugar no que un día foron felices ao descubrir que lles quedou o máis valioso: a súa amizade e a súa capacidade de imaxinar.

Un clásico do teatro familiar na dramaturxia europea contemporánea que foi tamén unha metáfora do proxecto artístico de Teatro Paraíso.

Categorías: Cultura

Máis de 350 estudantes participan este curso nos programas de intercambio da Xunta entre Galicia e Francia

Noticias sobre Ensino - Sáb, 28/09/2024 - 15:22

Summary: 

Estas mobilidades realízanse ao abeiro dos programas EduFrance, EduMob e PicassoMob nas rexións Hauts-de-France, Bretagne, Académique, Grand Est e Bourgogne-Granche Comté

Idioma Gallego

Un total de 350 alumnos participan este curso en programas da Xunta de Galicia de intercambio de estudantes con institutos franceses. Concretamente, estas mobilidades realízanse ao abeiro dos programas EduFrance, no que participan 150 alumnos galegos e outros tantos franceses; EduMob, ao que se suman 20 mozos de cada rexión, e PicassoMob, un programa que naceu no 2023 e no que participarán este ano cinco estudantes galegos e outros cinco de Francia.

O obxectivo destes intercambios escolares é propiciar o coñecemento mutuo das culturas e linguas de ambos países mediante a asistencia do alumnado a centros educativos e a convivencia en familias doutro país. A Estratexia Edulingüe 2030 de linguas estranxeiras da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP promove este tipo de accións como chave para achegar ao alumnado galego a un contexto internacional real, tanto no ámbito académico como no da convivencia diaria.

No caso do programa EduFrance, serán 150 os alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato de 10 centros públicos galegos que participarán nun intercambio cultural e lingüístico con alumnado de centros educativos franceses das rexións académicas Hauts-de-France e Bretagne, ambas no país galo.

Durante o período de intercambio, o alumnado galego participante –de 15 escolares por cada centro– deberá asistir ás clases no lycée ou collège que lle fose asignado pola Région Académique correspondente e aloxarase na casa dunha familia francesa, e viceversa no caso da viaxe dos estudantes franceses en Galicia. A estancia do alumnado galego en Francia terá unha duración dun máximo de 10 días naturais e poderá desenvolverse en calquera momento do curso 2024/2025. No que respecta ao programa EduMob, un total de 20 alumnos de 1º de Bacharelato procedentes de nove centros educativos residirán coa familia do seu homólogo estranxeiro e asistirán as clases no instituto ao que este matriculado o seu anfitrión na rexión académica de Grand Est. No caso do alumnado francés que veña a Galicia, tamén residirá na casa da familia dun alumno galego e asistirá ao mesmo centro deste.

Os cinco alumnos galegos de 1º de Bacharelato participantes no PicassoMob proceden dos institutos IES Canido de Ferrol e IES de Rodeira de Cangas. Comezaron a súa estadía o pasado 16 de setembro e estarán aloxados ata o 11 de outubro nun domicilio dun estudante francés da rexión Bourgogne-Granche Comté, acudindo a clase ao seu centro de ensino. En réxime de reciprocidade, acollerán no seu domicilio e no seu centro de estudos o alumnado francés do 14 de outubro ao 8 de novembro.

A relación de centros que participarán nestas tres experiencias, cos gastos de viaxe cubertos pola Xunta, é a reflectida na seguinte táboa:

CONCELLO

CENTRO

REXIÓN ACADÉMICA

PROVINCIA DA CORUÑA

Arzúa

IES de Arzúa

Hauts-de-France

Betanzos

IES Francisco Aguiar

Grand Est

Boiro

IES A Cachada

Bretagne

Brión

IES Brión

Grand Est

Brión

IES Brión

Bretagne

Ferrol

IES Canido

Bourgonge-Franche Comté

Ferrol

IES Canido

Bourgonge-Franche Comté

Ferrol

IES Canido

Bourgonge-Franche Comté

Ferrol

IES Sofía Casanova

Grand Est

Santiago de Compostela

IES Arcebispo Xelmírez I

Bretagne

PROVINCIA DE LUGO

Mondoñedo

IES Plurilingüe San Rosendo

Bretagne

Rábade

IES Río Miño

Grand Est

PROVINCIA DE OURENSE

Viana do Bolo

IES Carlos Casares

Hauts-de-France

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Guarda

IES A Sangriña

Grand Est

Caldas de Reis

IES Plurilingüe Aquis Celenis

Hauts-de-France

Cangas

IES de Rodeira

Bourgonge-Franche Comté

Cangas

IES de Rodeira

Bourgonge-Franche Comté

Gondomar

IES Auga da Laxe

Grand Est

Meis

CPI de Mosteiro-Meis

Hauts-de-France

Nigrán

IES Val Miñor

Bretagne

Poio

IES de Poio

Grand Est

Salceda de Caselas

IES Pedras Rubias

Grand Est

Vigo

IES República Oriental de Uruguai

Grand Est

Vilagarcía de Arousa

IES Castro Alobre

Hauts-de-France

 

Incremento dos coñecementos de francés

Galicia continúa mellorando os resultados nas probas lingüísticas de francés Delf escolar, no que a nosa Comunidade ocupa o 4º posto en España no que se refire ao número de candidatos ás probas, só superado por Cataluña, Andalucía e Madrid -todas con moita máis poboación-.

Neste 2024, os resultados desta proba experimentaron unha alza do 1,4% no número de inscritos en Galicia, mentres que a nivel nacional apréciase unha baixada dun 3%. Do total das 986 persoas de 119 centros educativos galegos que se presentaron, a taxa de aprobados supera o 90% en todos os niveis. Concretamente, o nivel A2 conta cun 95,65% de aprobados; o B1, con 94,02%, e o B2 logra o 91,12% de aprobados.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

Encontro co Premio OUFF 2024

Axenda Cultural - Sáb, 28/09/2024 - 12:30

28 de setembro, 12:30
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense

Este sábado teremos un encontro co escritor, guionista e produtor de Celanova, Carlos Montero. Creador entre outras de series como 'Física e Química', 'Al Salir de Clase', 'Élite', 'El Desorden que dejas' ... e galardoado este ano co Premio OUFF Ourense 2024.
Non deixedes de vir co voso libro, asinará exemplares!

Categorías: Cultura

O cociñeiro Martiño

Axenda Cultural - Sáb, 28/09/2024 - 12:00

28 de setembro, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña

No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Buscase unha persoa que saiba guisar e asar para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores, condicións e falas dos distintos reinos europeos.

Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa.

Actividade a cargo de Iago López.

 

Público familiar a partir de 4 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Idioma: galego, portugués

Duración: 45 minutos

Categorías: Cultura

The Dress Maker

Axenda Cultural - Sáb, 28/09/2024 - 12:00

28 de setembro, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña

Unha nena aprenderá a facer os seus propios vestidos e compartirá a súa aventura coa súa familia.                    

No salón de actos. Actividade dirixida a público infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Categorías: Cultura

Animaladas

Axenda Cultural - Sáb, 28/09/2024 - 11:00

28 de setembro, 11:00
Biblioteca Pública Municipal de Trazo - Trazo - A Coruña

Texto de presentación da actividade

A exploradora Jeanne Baret convida ao público a unha misión na selva de Pitiminí, que aínda que non é moi grande está chea de misterios e especies por descubrir. Para iso terán que achegarse moi de preto e ir adentrándose na natureza salvaxe onde coñecerán diferentes historias a través da narración de contos.

 

Programa

En Setembro... moitos contos

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3-10)

Duración

80 minutos

Sesións

  • Sesión única: 28/09/2024 - 11:00

Lugar de celebración

Biblioteca Pública Municipal de Trazo

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

Conservas "0 Noso"

Axenda Cultural - Sáb, 28/09/2024 - 10:00

28 de setembro, 10:00
Biblioteca Pública Municipal Rego da Balsa - Carballo - A Coruña

Texto de presentación da actividade

"Conservas O Noso" é un taller creativo de arte urbana pensado para escolas e bibliotecas. Nel abordaremos a conservación do patrimonio cultural galego envasando tradicións e costumes, os participantes crearán e etiquetarán latas de conserva, fusionando creatividade e herdanza cultural nunha actividade que combina diversión e a preservación da nosa identidade galega.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público xuvenil

Duración

90 minutos

Sesións

  • Sesión única: 28/09/2024 - 10:00

Lugar de celebración

Biblioteca Rego da Balsa

Categorías: Cultura

Lete Lasa destaca a importancia de contar en Galicia con Luis de la Fuente e Santi Denia, “dous dos adestradores máis importantes do fútbol mundial”

Deporte Galego - Sáb, 28/09/2024 - 01:37

Subliña a importancia de contar con este evento en Galicia que motiva e impulsa a traxectoria dos técnicos e técnicas galegas e lembra que, tras a última resolución, a nosa comunidade xa conta con 34 adestradores e adestradoras de alto nivel





Pontevedra, 28 de setembro de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no ‘Día do/a adestrador/a’, un evento celebrado pola Real Federación Galega de Fútbol para facer un recoñecemento aos adestradores de honra de fútbol, fútbol sala, fútbol praia e fútbol gaélico. Co gallo desta celebración, a federación galega concedeulle a súa Medalla de ouro a Luis de la Fuente e Santi Denia, adestradores do combinado nacional español e olímpico que veñen de conseguir, respectivamente, a Eurocopa 2024 e a medalla de ouro dos Xogos Olímpicos de París. Nas súas verbas, Lete Lasa, recoñeceu o traballo de ambos os dous técnicos como “dous dos adestradores máis importantes do fútbol español e mundial”.

Na mesa redonda que se levou a cabo tamén participaron Pablo Amo, segundo adestrador de Luis de la Fuente na selección nacional e Antonio Vadillo, que vén de ser recoñecido como o mellor adestrador de fútbol sala do mundo polos seus éxitos co Palma Futsal. O mandatario galego subliñou a importancia de contar con este evento en Galicia que motiva e impulsa a traxectoria dos técnicos e técnicas galegas e lembrou que, tras a última resolución, a nosa comunidade xa conta con 34 adestradores e adestradoras de alto nivel. Ao fío desta idea, Lete Lasa recordou os nomes dalgúns dos adestradores de fútbol máis importantes da nosa historia como Carriega, Luis Suárez, Arsenio Iglesias, Fernando Castro Santos, Fernando Vázquez, David Vidal ou outros máis actuais como Jonatan Giráldez ou Claudio Giráldez.

A Real Federación Galega de Fútbol, “foi a primeira na nosa historia en exceder as 100.000 licenzas, polo que representa aproximadamente un terzo de todas as persoas que practican deporte federado en Galicia”, dixo. Ao fío desta idea, Lete Lasa informou que “preto do 6% de todas estas licenzas son de adestradores e adestradoras”.

Categorías: Deportes

Lete Lasa destaca os 35 anos do Vigo Rugby Club, “o mellor equipo de rugby masculino de Galicia e o único que conseguiu acceder á elite”

Deporte Galego - Sáb, 28/09/2024 - 01:34

Lembra ás grandes figuras do Vigo Rugby como o adestrador neozelandés Norm Maxwell, o presidente Ramón Babé ou o primeiro adestrador, Manolo Lago, homenaxeado no día de hoxe




Vigo, 27 de setembro de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no ‘35 aniversario do Vigo Rugby Club’ onde destacou ao conxunto vigués como “o mellor equipo de rugby masculino de Galicia e o único que conseguiu acceder á elite”. Neste sentido destacou tanto ao CRAT feminino como ao Vigo Rugby masculino como os dous referentes do rugby galego, o CRAT coas súas dúas ligas da máxima categoría nacional, e o Vigo Rugby cos seus 18 tempadas xogando en división nacional.

O mandatario galego subliñou a importancia dalgunhas persoas na historia do Vigo Rugby como Norm Maxwell, o xogador internacional neozelandés que, como adestrador, acadou o ascenso á División de Honor en 2011, sendo presidente Ramón Babé, “unha intimamente ligada ao club dende calquera das súas facetas”. Ademais, tamén destacou aos tres estudantes universitarios -Eduardo Portela, Ramón Amoedo e Álvaro Saa- que en 1988 puxéronse en contacto con Manolo Lago, homenaxeado no día de hoxe, polo seu currículo no rugby arxentino para que os adestrara no que supuxo os cimentos do club.

Lete Lasa destacou a boa marcha de todos os equipos do Vigo Rugby, tanto dos absolutos masculino e feminino como de toda a canteira, dende os sub 6 ata os sub 18, e desexoulles “outros 35 anos máis de éxitos”.

Categorías: Deportes

Loba Branca

Axenda Cultural - Ven, 27/09/2024 - 21:00

27 de setembro, 21:00
TEATRO PRINCIPAL - Ourense - Ourense

A música de Loba Branca está inspirada na música tradicional galega e noutras influencias tradicionais celtas, que se unen á linguaxe habitual da música de Brais González: ritmos complexos, texturas ambientais e fusión coas músicas de tradición oral e as músicas populares urbanas.

Categorías: Cultura

Made in Galiza

Axenda Cultural - Ven, 27/09/2024 - 21:00

27 de setembro, 21:00
Teatro Lauro Olmo - O Barco de Valdeorras - Ourense

Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non "resistiría" nengunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas... Fronte ao "es que no me sale", "es que no se me da" "MADE IN GALIZA" é un convite á República Indenpendente da túa língua. Non imos perdela nin en soños porque co galego imos "ao fin do mundo" e quen o proba o sabe!

A obra de Sende (Padrón, 1972) abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo. Pensando nos nosos espectadores máis novos (a obra está presente como lectura obrigatoria nos centros de Ensino Medio de Galicia), Sarabela quere "comprometerse" con ese universo creado polo autor no que a verdadeira protagonista é a nosa lingua, secundando esta aguerrida proposta na necesaria defensa dese tesouro que é a lingua galega.

A obra escrita por Séchu Sende no ano 2007 foi elixida como Libro do Ano no 2017, e xira ao redor dun tema que ten tanto que ver con nós como sociedade, que está nos alicerces da nosa cultura. Foi Castelao quen dixo: "se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma". 

Categorías: Cultura

Hermanos y hermanas de la familia Toda

Axenda Cultural - Ven, 27/09/2024 - 20:30

27 de setembro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

O clan Toda reúnese para celebrar o 69ª aniversario do patriarca. Pouco despois, este morre de maneira repentina. Os fillos descobren que acumulaba moitas débedas e vense obrigados a vender a casa familiar. A máis nova deles, Setsuko, ve escapar o seu prometido ante esta situación económica desfavorable e debe buscar un novo fogar xunto á súa viúva nai. Ambas saltan de vivenda en vivenda dos seus familiares, mais ninguén semella contento de acollelas.

Categorías: Cultura
Distribuir contido


by Dr. Radut