Skip to Content

News aggregator

Sobre todo de noche

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 20:30

11 de outubro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Cando Vera (Lola Dueñas) era nova, non puido facerse cargo do seu fillo e tivo que dalo en adopción. Anos despois, cando quixo saber se todo saíra ben, as institucións dixéronlle que o seu expediente non existía. Desde entón segue buscando o seu fillo. Cando Cora (Ana Torrent) era nova, o médico díxolle que non podería ter fillos e que a única forma de formar unha familia era adoptando. Cora dedicou a súa vida a dar clases de piano e a coidar do fillo adoptivo Egoz, que está a piques de facer 18 anos. Agora, os camiños destes tres personaxes -unha nai, un fillo, unha nai- están a piques de se cruzar. E este encontro cambiará os seus destinos para sempre.

Categorías: Cultura

As damas de Ferrol

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 20:30

11 de outubro, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo

“As damas de Ferrol” é unha comedia circular, ou mellor, en espiral onde a realidade e a fantasía debátense por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan. Dúas mulleres incapacitadas... Pero non incapaces. Dúas mulleres que creron inxenuamente no destino que se esperaba de/para elas. Dúas mulleres absolutamente frustradas e culpabilizadas por non acadar un status social, económico e “romántico” que anhelaban e creron merecer, alomenos nalgún momento da súa vida. A frustración e a culpa teñen como resultantes directas a violencia e a ira, unha desesperación que trastorna o xuízo e o sentido da realidade, e, porén, a construción dun universo ou realidade con normas propias que se converte nun inferno. Pero, iso si, nun inferno coñecido. E como marco infinito, tanto físico como mental, tanto real como espiritual, se sitúa Ferrol. Un Ferrol vivido e vivencial, un Ferrol como espazo impreciso, máis interior que externo, que todo o colorea da súa especial personalidade de cidade irrepetible nun país irrepetible no espazo e no tempo, tan irrepetible como inexistente.

Elenco: Mónica Camaño e Casilda Alfaro

Categorías: Cultura

Tolóptica, un perdedor de primeira

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 20:30

11 de outubro, 20:30
Auditorio do CCC de Arteixo Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña

Comedia contemporánea

Categorías: Cultura

O Tesouro de Pirata Frank

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 20:00

11 de outubro, 20:00
Biblioteca Pública Municipal de Boiro - Boiro - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Acompaña ao neno a través de todas as aventuras que o levarán ata o tesouro de Pirata Frank! Mais, quen é Pirata Frank? 
Cruza as cristas nevadas e a lagoa das ras cantoras, e o volcán que cuspe lume sen pàrar para chegares a coñecer á auténtica Pirata Frank.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3-9)

Duración

60 minutos

Sesións

  • Sesión única: 11/10/2024 - 08:00

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal de Boiro

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

CAMINO AL ZOO

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 20:00

11 de outubro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra

A pesar de ser parella, a vida cotiá de Peter e Ann está marcada pola incomunicación e a soidade. Rehuyendo o intento de Ann por afrontar a situación, Peter decide pasar o día no zoológico de Central Park. Alí coñecerá a Jerry, un excéntrico personaxe que lle obriga a escoitar as súas historias ata a última e máis horrible de todas: o motivo real da súa visita ao zoo.

Orixinalmente titulada Peter & Jerry, At Home at the Zoo (Camiño ao zoo) combina a clásica obra curta de Albee The Zoo Narrativa (1959) coa súa precuela, Homelife (2004).
Xuntas, estas obras curtas forman unha historia completa de Peter, un executivo editorial; de Ana, a súa esposa; e de Jerry, un estraño que Peter coñece no parque.
A obra comeza con Homelife e ofrece unha mirada reveladora ao inestable matrimonio de Peter e Ann, os seus brutais intentos de comunicarse e a soidade dentro da súa vida compartida. A tensión aumenta no seguinte acto, The Zoo Narrativa. Mentres le nun banco de Central Park, un estraño achégase a Peter e declara que estivo " no zoológico". O home, Jerry, comeza a contar unha historia tras outra, profundando na vida de Peter e tentando usurpar, sen dúbida, o seu propio lugar nese banco, nese parque.

Categorías: Cultura

Mal de tolos (Consolo de Moitos)

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 19:30

11 de outubro, 19:30
Praza do Concello - Carballo - A Coruña

Os nosos dous diaños favoritos volven á carga!
Con máis tolemias, máis rock and roll, máis aparellos extraños e sempre buscando a risa suben de novo á terra para buscar almas.
Mal de parvos (Consolo de moitos) é a nova peza na que Cirkompacto atrévese a encarnarse en dous tolos diaños que farán cuestionarse ao público en que medida lles pertence a súa propia vida. 

Unha obra disparatada na que se entrelazan o clown, a danza e a acrobacia a traves do humor físico cun final sorprendente.

Categorías: Cultura

Pirula e o misterio das abellas

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 19:00

11 de outubro, 19:00
Biblioteca Pública Municipal do Valadouro - O Valadouro - Lugo

Texto de presentación da actividade

"Pirula e o misterio das abellas" unha obra de monicreques para reflexionar sobre a importancia dos polinizadores no noso ecosistema. Grazas a esta divertida e educativa historia, descubriremos a necesidade de coidar aos nosos amigos os insectos. E para completar a experiencia, gozaremos dun obradoiro tras a función onde poderás aprender máis sobre a temática da obra de forma amena e entretida. 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (4 a 13 anos)

Duración

90 minutos

Sesións

  • Sesión única: 11/10/2024 - 19:00

Lugar de celebración

Casa da Cultura

Categorías: Cultura

Román Rodríguez agradece á CIUG o traballo desenvolto nos últimos meses que converte a Galicia na primeira comunidade do Estado en ter publicados os modelos de proba de acceso á universidade

Noticias sobre Ensino - Ven, 11/10/2024 - 18:50

Summary: 

Subliña que Galicia ten os deberes feitos desde agosto coa presentación dos modelos de exame “en tempo, prazo e forma”, o que dá certezas aos profesores e aos alumnos

Gaba que a proposta dunha proba común que garanta a igualdade de oportunidades se abra paso no resto dos territorios, cun acordo entre 12 CCAA que aglutinan o 70% do alumnado e apoiado pola Conferencia de Reitores

Destaca a importancia de, “sempre desde o marco legal”, acadar “sinerxías e converxencias” en canto ás datas, contidos, estrutura e criterios de avaliación

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse esta mañá cos representantes da Comisión Interuniversitaria (CIUG), para avaliar o desenvolvemento da Proba de Acceso á Universidade (PAU) que estrea formato en 2025, fixada para os días 3, 4 e 5 de xuño.

O titular de Educación do Goberno galego gabou “o intenso traballo” desenvolvido pola CIUG nos últimos meses, o que posibilitou que Galicia sexa a única comunidade autónoma que xa coñeza desde o pasado verán os modelos e a estrutura.

“En Galicia temos os deberes feitos desde agosto coa publicación dos modelos en prazo, tempo e forma”, explicou o conselleiro logo da xuntanza na que estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e na que participaron como representantes da CIUG María Teresa Flores pola Universidade de Santiago de Compostela, Pedro Armas pola da Coruña e Iván Area pola de Vigo.

Así pois, o traballo realizado ata o momento permite aos docentes e aos estudantes abordar o curso de 2º de Bacharelato desde o principio coas normas claras no que atinxe aos contidos académicos e poder presentarse con tranquilidade á PAU.

Román Rodríguez expresou que a liña aberta por Galicia é un traballo recoñecido a nivel estatal ata o punto de que foi compartida por outras comunidades autónomas e mesmo avalado pola Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), polo que a proposta dunha proba común que garanta a igualdade de oportunidades entre todos os estudantes independentemente de onde vivan estase abrindo camiño no resto dos territorios pese á inoperancia do Ministerio neste asunto.  

Coordinación e sinerxías

Neste senso, explicou que o reto é, sempre dentro do marco legal, “buscar sinerxías e converxencias” cunha proba “o máis homoxénea posible” en canto a datas, contidos, estrutura dos exames e criterios de avaliación, que permita acabar coas desigualdades que se estaban dando ata o momento nun sistema que funciona como distrito universitario único “pero con 17 portas de entrada diferentes”.

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia leva meses coordinándose coas tres universidades públicas galegas, a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia, e con outras 11 comunidades que gobernan en conxunto para o 70% do alumnado para establecer un sistema o máis homoxéneo posible, un traballo que lle correspondería ao Goberno do Estado.  

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

A Xunta e a Asociación de Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia colaboran para impulsar a acreditación de competencias neste eido

Noticias sobre Ensino - Ven, 11/10/2024 - 18:49

Summary: 

A directora xeral de FP reúnese con este colectivo no Centro Integrado de FP A Xunqueira, en Pontevedra, un dos centros de referencia de acreditación nesta materia xunto co CIFP Ánxel Casal-Monte Alto da Coruña

Case 150 profesionais deste sector beneficiáronse xa da acreditación de competencias, unha vía pola cal un traballador pode certificar as habilitades e coñecementos específicos dun campo profesional, o que lle abre vías no mercado laboral

Idioma Gallego

O Goberno galego, en colaboración coa Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia (BAMAD Galicia), traballa para impulsar a acreditación de competencias profesionais neste eido, unha vía administrativa pola cal un traballador pode certificar as súas habilidades e coñecementos específicos dun campo profesional específico, o que lle abre vías no mercado laboral.

A directora xera de FP, Eugenia Pérez, e a devandita entidade reuníronse no Centro Integrado de FP CIFP A Xunqueira, de Pontevedra, para facer un seguimento do proceso de acreditación de competencias neste campo e darlle un novo impulso a este procedemento ao abeiro do Plan FPGal360.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP explicou que, a través deste plan, a Xunta ten como obxectivo potenciar a capacitación profesional da poboación en xeral e a vía da acreditación de competencias é unha delas. “O reto que nos marcamos é reducir o abandono escolar, mellorar a inserción laboral e incentivar a formación daquelas persoas que no seu momento saíron do sistema educativo”, abondou Eugenia Pérez.  Así mesmo, gabou a importancia da colaboración con este tipo de entidades e colectivos xa que permite “un resultado máis óptimo do proceso ao acadar un maior número de persoas acreditadas”.

Ao proceso de acreditación de competencias poden apuntarse os candidatos que reúnan unha serie de requisitos mínimos  en canto a número de horas traballadas e/ou cursadas en formación non formal e a superación do mesmo permite aos traballadores a adquisición de unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións profesionais. Así pois, esta vía demostra que un profesional non só posúe certas habilidades, senón que as demostrou ante a Administración. Isto repercute de xeito positivo no mundo laboral xa que permite ao acreditado mellorar as súas condicións, unha mellor adaptación aos cambios do mercado ou un recoñecemento internacional das súas competencias profesionais.

Centros referentes

O CIFP A Xunqueira de Pontevedra xunto co Ánxel Casal-Monte Alto da Coruña son referentes en Galicia en canto a certificación no eido de arquivos e bibliotecas. Desde que o pasado ano se iniciou a colaboración con esta asociación, 145 persoas puideron certificar un total de 676 unidades de competencia. No CIFP A Xunqueira fixérono 50 persoas con 240 unidades acreditadas mentres que no Ánxel Casal-Monte Alto foron 95 persoas e 436 unidades.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

A loba Antea

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 18:30

11 de outubro, 18:30
Biblioteca Pública Municipal de Ordes - Ordes - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Nun tramo do camiño de Santiago de Compostela atópase a loba Antea! Unha loba encargada de coidar os nosos montes. Pero ademáis diso… é unha loba artista, acróbata e equilibrista!
Antea coñecerá a Sabela e xuntas aprenderán a reutilizar o lixo convertindo o noso monte nun auténtico esceario de circo.
Atoparán a solución pra salvar o planeta.
Narración oral, música en directo e títeres en escea.

Programa

Tardes de Contos e Lendas

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

40 minutos

Sesións

  • Sesión única: 31/05/2024 - 18:30

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal de Ordes

Categorías: Cultura

Letras máxicas

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 18:30

11 de outubro, 18:30
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole de Nós - Oleiros - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Espectáculo onde van participar os nenos, e xogaremos coas palabras e as letras a través da maxia.
Pasarémolo ben coa maxia e veremos a relación que hai coas palabras e letras dos libros.
E os nenos farán eles mesmos a maxia, sen saber como, porque farán de mago improvisado, con resultados sorprendentes.
 

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil ((5 – 12))

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 11/10/2024 - 18:30

Lugar de celebración

Biblioteca P. M. Ánxel Fole de San Pedro de Nós (Concello de Oleiros)

Categorías: Cultura

Maxia tola e lectora

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 18:30

11 de outubro, 18:30
Biblioteca Pública Municipal María José Trincado - Oleiros - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Con Leo leiño e a sua maxia volverémonos tolos pola lectura

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (a partir de 6 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 11/10/2024 - 18:30

Lugar de celebración

Biblioteca Pública Municipal María José Trincado de Mera (Concello de Oleiros)

Categorías: Cultura

O son das palabras

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 18:30

11 de outubro, 18:30
Biblioteca Pública Municipal de Noia - Noia - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Queres aprender a facer o son dun helicóptero?, e dunha batería?. Que me dís dun grilo?
Narci Rodríguez presenta o  "Son das palabras", obradoiro de beatbox onde a través das palabras o mestre ensina  o beatbox  instrumentalizando onomatopeas  e visualizando o son das palabras para atopar os sons máis divertidos.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (6-8)

Duración

30 minutos

Sesións

  • Sesión única: 11/10/2024 - 18:30

Lugar de celebración

CASA DA CULTURA

Categorías: Cultura

Robótica na biblioteca

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 18:30

11 de outubro, 18:30
Biblioteca Pública Municipal D. Santiago Rey Fernández-Latorre - Muxía - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Robótica na biblioteca é unha actividade que procura a achega dos máis novos e novas ás tecnoloxías do futuro desde o centro cultural que é a biblioteca. Ademais de aprender fundamentos básicos e coñecer o fondo científico-técnico dispoñible na súa biblioteca, os e as participantes poderán levar o seu propio robot para a casa.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (8-12)

Duración

90 minutos

Sesións

  • Sesión única: 11/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal Muxía

Categorías: Cultura

A bibliotecaria estrafalaria 2.0

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 18:00

11 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública Municipal de A Laracha - A Laracha - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Volve Candelaria, a bibliotecaria estrafalaria, a que máis sabe de contos sorprendentes, ás veces soña co París dos surrealistas pois namorou dun dos seus lemas "máis xogar e menos pensar". Outras, soña con ser o Alicia e levar un sombreiro tolo...pero sempre rodeada das historias máis sorprendentes e dos libros máis alucinantes.
Unha brincandeira inolvidable entre libros!

Programa

Outono de contos 2024

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (4-12)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 11/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Biblioteca da Laracha

Categorías: Cultura

Os nosos bosques

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 18:00

11 de outubro, 18:00
Axencia de Lectura Municipal de Tirán José María Castroviejo - Moaña - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Baseándose no libro Os nosos bosques, Diego García, O Diegho, preséntanos un contacontos no que xoga coa explicación do proceso cooperativo da creación do libro e aporta dinámicas lúdicas con materiais extraídos do libro que permiten profundizar no coñecemento e asimilación da variada flora e fauna que nos rodea.
 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (4-12)

Duración

45 minutos

Sesións

  • Sesión única: 11/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Auditorio do centro

Categorías: Cultura

Teatros de papel

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 18:00

11 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola - Pontevedra - Pontevedra

Os obxetivos do obradoiro de teatriños de papel é ensinar aos rapaces de
maneira lúdica e creativa as partes estructurais dun teatro clásico e
inculcarlles a paixón de inventar e contar historias a través da
ilustración e a imaxinativa persoal de cada un. Os nenos crean historias
a partir de lecturas que teñan feito ou ben inventan narrativas novas.

Estructúrase a historia en diferentes pranos e configúranse as
personaxes a través de debuxos, collages... Realízase unha maqueta
física do teatro, recortando, pegando e debuxando onde ó rematar cada
participante representa a súa historia e poden levar para casa o seu
teatriño.

Data e hora: venres 11 de outubro de 18:00 a 19:30 horas.

Público destinatario: infantil, de 6 a 12 anos.

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 2 de outubro ás 09:00 horas

Categorías: Cultura

Novas restauracións de Cecilia Bartolomé

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 18:00

11 de outubro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Dúas pezas recentemente restauradas por Filmoteca Española da cineasta Cecilia Bartolomé, o clásico feminista Margarita y el lobo e a singular comedia Carmen de Carabanchel.

Categorías: Cultura

Terceiro Acto

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 18:00

11 de outubro, 18:00
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña

As responsables da dirección e dramaturxia desta produción, Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, presentan a proposta deste espectáculo que se representou por primeira vez en 2021 e que se reestrea agora dentro da programación coa que o Centro Dramático Galego celebra este ano o seu 40º aniversario:

"A idea da conversa sempre está moi presente nos nosos espectáculos. Gústanos a idea do teatro como un foro, como un espazo de negociación que serve para tender pontes, para contradicirnos e para achegarnos uns aos outros.

Esta idea de conversación resúltanos profundamente conmovedora e para Terceiro acto, ante a pregunta de como podiamos permanecer vinculados ao pasado, nun tempo no que a fenda entre xeracións é tan grande que parece que non podemos herdar as experiencias dos que nos anteceden, propuxémonos ter unha longa e profunda conversa cun grupo de persoas maiores de 60 anos e que ademais dedicaran a súa vida á arte da interpretación e do teatro.

No camiño atopamos cinco persoas extraordinarias, cinco actrices e actores que se entregaron con absoluta xenerosidade á empresa de utilizar o teatro como un lugar para reencontrarse e reflexionar sobre certas cuestións que foron xurdindo ao longo do proceso e converténdose en relevantes. Reflexionamos sobre ese esplendor vital que emana moitas veces do que poderiamos dar en chamar "o terceiro acto dunha vida", preguntámonos como é o proceso de irse facendo maior, falamos dos anhelos, das perdas, dos soños que lles quedan por cumprir dentro e fóra dun escenario, do lugar onde nos coloca a sociedade ao írmonos facendo maiores. Xuntos, lembramos e reflexionamos sobre días pasados, analizamos o impacto da arte na vida destes cinco artistas e buscamos comprender como a historia destas mulleres e homes foi atra vesada pola Historia con maiúscula. Cinco persoas que naceron nunha ditadura e que na súa mocidade creron que podían comezar de cero e loitar por un novo mundo. En Terceiro acto analizamos tamén o seu legado e formulamos hipóteses sobre como será o mundo cando eles xa non estean.

Neste momento no que a historia corre a una velocidade endiañada, detémonos para escoitar atentamente, nunha especie de soño poético, a aqueles que van diante de nós, os gardiáns da memoria"

Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez

ELENCO

Belén Constenla, César Cambeiro, César Goldi, Fernando Morán e María Costas

EQUIPO ARTÍSTICO

Escenografía Marta Pazos

Vestiario Yaiza Pinillos

Coreografía Amaya Galeote

Iluminación Miguel Ruz

Axudante de dirección Laura Míguez

Axudante de escenografía Carmen Triñanes

 

Venda de entradas:  https://entradas.ataquilla.com/é/ventaentradas/teatro/46-salon-teatro-/x3aggskk-terceiro-acto-do-cdg

Categorías: Cultura

O deseño gráfico, deseña a portada do teu libro.

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 17:30

11 de outubro, 17:30
Biblioteca Publica Municipal Xabier P. Docampo - Cambre - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Actividade centrada no deseño gráfico na literatura na que explicamos como algunhas portadas dannos ter ganas de ler eses libros a través das imaxes, ilustracións e tipos de letra. Rematamos facendo un obradoiro de deseño e ilustración no que terán que deseñar a súa portada.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (A partir de 7 anos)
  • Público xuvenil

Duración

60 minutos

Sesións

  • Sesión única: 11/10/2024 - 17:30

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo

Categorías: Cultura
Distribuir contido


by Dr. Radut